Novas

Xornada 12/03/2023

O Alevín E segue na senda da victoria Por fin o noso Alevín E atopou o seu fútbol e esta fin de semana acadou a súa segunda victoria da tempada. Esto demostra o bo traballo que se realiza na nosa base, xa que este grupo de xogadores inexpertos pouco a pouco co seu traballo semanal nos adestramentos van conseguindo mellorar, parabenizar tamén a seus adestradores polo traballo realizado con este fantástico grupo. Biberón A 4 - SD Dubra 0 Gran partido dos nosos, onde fomos superiores nas catro partes, dominando en todo momento o balón e conseguindo combinar para chegar a área rival. Crocha Balompé CF 0 - PB A 6 Partido do noso Prebenxamín A diante dun Crocha que puxo as cousas moi complicadas sobre todo na primeira metade na que non puidemos face-lo noso fútbol. Na segunda metade fomos ós poucos facéndonos donos do balón e do xogo en tóda-las zonas do campo, ben é certo que as baixas de algúns xogadores notámolas en demasía. Agora toca seguir traballando para o vindeiro encontro. CD Sar Extramundi 9 - PB B 2 Partido repetido coma moitos dos últimos, onde competimos moi ben dende o inicio, tendo ocasións e apretando ó rival cun resultado moi igualado, pero que co paso dos minutos penalizanos seres xogadores de primeiro ano o que implica unha diferenza física importante. Moi ben xogado por fases e esperando que nos vindeiros partidos da nosa liga, poidamos dar ese pasiño adiante e poder acada-la primeira e merecida victoria. (FUTSAL) Jogafán Ordes FS 0 - PB B 2 Partido sen moita historia o xogado esta semana do noso PB onde quedou manifesto o bo nivel dos nosos, acadando o primeiro posto do grupo, nesta fase, onde o equipo rematou invicto. O partido comenzou cun marcador moi claro nos dous primeiros tempos o que permitiu probar moitas das cousas adestradas durante os últimos meses. O mellor de todo foi que os nenos non se mancaran nunha pista que co paso dos minutos fíxose moi perigosa pola humidade. Benxamín A 12 - Milladoiro SD 2 Día chuvioso no que os rapaces saíron centrados e decididos a polo partido sen dar opcións aos visitantes. AD Nicrariense 2 - Benxamín B 6 Victoria que nos afianza na primeira praza da clasificación. Encontro marcado polo mal tempo, onde o vento e a choiva fixo que os nosos rapaces comezaran con dúbidas. Co paso dos minutos comezaríamos a ser máis verticais e así chegarían as primeiras ocasións, as cales metializamos en goles. O rival acurtaría distanzas, nunha perda nosa a cal colleunos no campo contrario, algo que non nos faría dubidar para seguir xogando e mante-la calma. CF Noia 9 - Benxamín C 0 Partido descompensado entre dous conxuntos cun nivel moi dispar entre eles. Os nosos dérono todo no campo e fixeron un gran partido, pero o nivel do rival tanto físico como técnico foi moi superior. Como única pega podemos dicir que calquera adestrador da nosa base non incentivaría a seu equipo para ter un ataque constante co único obxetivo de facer gol, gol, gol e máis gol... CD Dodro 0 - Benxamín D 3 Partido entretido o xogado polo noso benxamín onde o resultado final decantouse cara o noso lado. Baixo unha intensa choiva e un campo anegado os nosos pequenos pelexaron por unha ansiada victoria. A disfrutar e a seguir aprendendo e medrando. Alevín A 7 - Milladoiro SD 1 Bo partido dos nosos rapaces. Comezamos regular xa que nos primeiros tres minutos de partido xa concederamos 1 gol. Despois dese intre fomos pouquiño a pouco aumentando o noso nivel e fomos quen de acada-la vitoria. SD O Pino 3 - Alevín B 8 Un gol tempraneiro dos locais obrigábanos a subi-la intensidade dende o primeiro intre. A través do balón parado fomos quen de darlle a volta ao marcador e, xa algo máis tranquilos, levamos o peso do partido cara onde nos quixemos. Carreira CF 1 - Alevín C 4 Partido do noso Alevin C diante do segundo clasificado, na primeira metade non fomos capaces de impoñe-lo noso fútbol, sendo superados polo Carreira en tóda-las zonas do campo, así chegamos ao descanso cun 1-0 en contra. Na segunda metade saímos máis intensos e facéndonos donos do partido e conseguindo 4 goles que se quedaron curtos polos méritos feitos. O equipo acada así case a clasificación para a fase final. Agora a seguir traballando. Puebla CF B 1 - Alevín D 6 Unha mañá de sábado marcada pola abundante chiva facía que o campo de Cadreche estivese impracticable. Malia isto, os nosos foron quen de sobrepoñerse e saca-lo partido adiante diante dun rival pragado de xogadores con pouca experiencia. Alevín E 2 - SD Dubra B 1 Partido que afrontabamos con moitas ganas e ilusión e iso faria que dende o minuto 1 estiveramos con unha alta intensidade. A nosa idea dende un primer intre era a de ir arriba e non darlle chance ao rival, na primeira parte teriamos un par de ocasións de facer gol pero o porteiro faria un bo traballo e isto faria que foramos en tablas ao descanso. Pola sua parte, non tenían prácticamente ocasións de perigo pero na segunda metade comezariamos algo floxos e da ahí o primer gol d eles. Sen embargo o equipo sabería responde e xa na seguinte xogada fariamos o 1-1, seguiamos a ter ás ocasións pero non sería ata os dous últimos minutos cado metesemos o gol da victoria. Resultado xusto e pouco a pouco vaise vendo a mellora de todolos rapaces. Racing de Ferrol 4 - Infantil A 0 Derrota do noso primeiro equipo infantil, que se complica o ascenso directo e aprétanse moitísimo os postos que dan acceso a fase de ascenso. Saiu o Racing moito máis metido no encontro, querendo o balón, mentras os nosos parecía que este queimaballe nos pés. Co paso do tempo o Berta logrou enlazar dúas contras que deron sensación de perigo. Pero realmente os locais estaban mellor, e no minuto 21 nun centro destes dende a dereita entre porteiro e defensa, un dos nosos defensores no intento de despexar manda o balón ao fondo da rede. Minutos despois, no 35 un disparo lonxano por parte do xogador racinguistas Hugo, colábase na nosa meta, preto do longueiro, e con ese resultado fómonos ao descanso.Na segunda metade, e tras varios trocos o Berta logra crear perigo cun par de cabalgadas, pero non servirían para batir ao meta local. Nembargantes, si serían capaces os nosos rivais, no minuto 72 Adrián e logo no 79 Arturo, este último estando xa o Berta con dez por lesión dun dos nosos mediapuntas. Infantil B 8 - EFM Boiro B 0 Pese o resultado final, na primeira metade o equipo non acabou de saír todo o concentrado que debería, e o rival tivo 2 claras ocasións para adiantarse no marcador. A partires de ahí o equipo comezou a mellorar e Elihan coma sempre atento ás segundas xogadas subía o 1-0 ao marcador no minuto 23, collendo con vantaxe o camiño dos vestiarios. Na segunda metade os trocos e a boa actitude dos rapaces rematan ca resistenza do rival, e as ocasións e os goles chegan grazas ao dominio absoluto do partido por parte dos nosos. O equipo segue líder e xa pensa no vindeiro enfrontamento diante do Atlético Fátima. Infantil C 2 - CD Rois 8 Recibiamos ao líder da categoría no municipal e o equipo comezaba forte tentando leva-lo peso do partido e como consecuencia dispoñíamos de varias ocasións moi claras de gol, dúas delas difícil comprender como non acabaron en gol. O partido mudaría de maneira radical cando no minuto 20 e tras un saque dende o curruncho, Mario tocaba o balón ca man dentro da área, sancionándose de forma correcta como penalti e expulsión. O Rois materializaba o penalti e adiantábase no marcador. A partires de ahí e cun home menos decidimos seguir ao ataque e pasamos a xogar con defensa de tres, pero en dúas transicións o Rois amplía a vantaxe e colocase cun 0-3. Nós seguíamos tendo ocasións e lograbamos reducir distanzas cun gol de Sebas. Pouco despois un golpeo de Nuno dende fóra da área acababa atopando o longueiro. Pouco despois noutra transición o Rois lograba o 1-4. A segunda parte comezámola moi fortes e dispoñemos dun par de ocasións, pero o que lograba amplia-la vantaxeera o rival. Tentámolo ata o final pero nos dez últimos minutos o cansanzo e o marcador adverso fixo que baixasemos os brazos e o Rois marcaba 3 goles seguidos que supuxeron un marcador final de 2-8. Bo partido a pesares do resultado, onde xogar cun menos dende o minuto 20 condiciona todo o partido. A seguir medrando. Infantil D 1 - CF Vista Alegre 0 Partido bo no que fomos quen de facer moitas ocasións a un equipo rocoso que veu a Bertamiráns a non encaixar. Boa dinámica que tentaremos prolongar nos vindeiros encontros. Cadete A 2 - Galicia Caranza 0 Partido serio do noso primeiro equipo cadete, que consegue 3 puntos importantes, alonxando a un rival directo na loita pola fase de ascenso. Empezou o encontro bastante igualado, vendo que o partido podía decidirse en pequenos detalles, o fútbol producíase moito no medio campo e polo tanto xerábanse poucas ocasións claras. Pero no minuto 32, Rodri recolle un pase profundo dentro da área rival, recibe a tarascada do central visitante e o colexiado pita pena máxima. Ésta lanzouna él mesmo no 33 e fai o primeiro gol, e co 1-0 fómonos ao descanso. Na segunda metade, o partido segue disputado, con accións en amba-las dúas áreas, pero sería Lio quen no minuto 78, quen logre batir ao meta visitante para face-lo2-0 definitivo. Menciona-la boa actuación do noso meta, quen desbaratou probables ocasións de gol, pola súa boa labor na vixiancia as costas dos nosos defensas. Cire Melide 6 - Cadete B 1 Partido no que polo visto na primeira parte feito polo noso equipo, o resultado non reflectiu o traballo amosado. Erros propios que lle dan a posibilidade ao rival de amosa-la gran pegada que teñen en ataque. Ningún dos goles se deu por xeración de xogo do rival, senon que concedéronse erros e o rival que ten moita pegada ofensiva non desperdiciou as súas oportunidades. Cadete C 2 - SD Cruces 2 Mal partido do equipo. Puidemos facer máis diante dun equipo que se posicionou moi ben no terreo de xogo e que ademáis foi quen de materializa-las poucas ocasións das que dispuxo. Toca seguir formando e traballando. Xuvenil A 6 - Viveiro CF 0 Partidazo do noso equipo xuvenil, sobre todo na primeira parte onde conseguiu unha vantaxe de 4 goles. Os nosos saíron moi serios e concentrados e apenas concederon ocasións ao rival e tamén foron quen de pisar con perigo a área rival durante todo o encontro. Así nada máis comeza-los 15 segundos de partido Rodri consegue o primeiro gol despois dunha gran xogada de Málvarez que consegue asistir a seu compañeiro. No minuto 8, Rodri consegue outro gol despois dunha gran xogada colectiva. Adri a saída dun saque dende o curruncho fai o terceiro, e Mauro cunha gran volea fixo o cuarto antes dos camiño dos vestiarios. Na segunda metade o euquipo non baixou o ritmo e foi quen de acadar outros dous goles. Tamén salientar que a xenta que saíu dende o banco de suplentes aportou coma se fosen titulares.Temos que seguir nesta liña para poder xogar a ansiada fase de ascenso. Xuvenil B 2 - Milladoiro SD 3 Encontro pertencente a xornada 26donde se enfrontaron os dous equipos de Ames e con alternativas no marcador. . O encontro transcorria segundo o previsto e o palntexado. Coa posesión favorable ao Milladoiro e o Bertamiráns repregado esperando as súas oportunidades. Comezaríase adiantando o Bertamiráns nunha acción na que o dianteiro estivo listo para facerse cun balón que a defensa e o porteiro rival non se decidiron a despexar. O empate chegaría nunha acción desafortunada do porteiro local. Resultado co que se chegaria ao tempo de lecer grazas tamén a que o Milladoiro desperdiciou un penal. Despois do descanso o encontro mantívose co mesmo guión ata os minutos finais onde se produxo un toma e daca a partir do minuto 81 cun gol visitante e ao pouco o Betamiráns quédase con 10 pola indisposición dun xogador. A pesares de estar as cousas todas en contra, o equipo continuou pelexando e froito delo consegue o empate no 90. Mágoa que no tempo de desconto o Milladoiro consegue o 2-3 definitivo nunha acción a balán parado. Bo traballo sen premio. Toca seguir neste camiño. Sénior 0 - Praíña SC 1 Este puido ser un partido que puxese distanzas notables na clasificación ou ben podía ser un partido que igualase máis aínda as cousas. O certo é que non foi, nin con moito, un partido aceptable pola nosa parte. Por un lado os nervos, por outro o rival... sexa como fose, non fomos quen de conseguir un resultado positivo para os nosos intereses. Toca seguir, estamos aí. Para a semana máis e mellor. Gol de Rodri de penal para o Cadete A Gol de Leo de falta para o PB A.

Xornada 12/02/2023

Victoria do Sénior no derbi diante do UD Bastavales Victoria moi sufrida do Sénior diante dun dos seus máis acérrimos rivais a UD Bastavales no campo de Brión. Ademáis salientamos a victoria do Biberón A diante do Villestro B, os nosos xogadores máis noveis comezan a camiñar pola senda do triunfo. Biberón A 2 - SD Villestro B 1 Partido moi bo dos nosos, onde foron quen de levarse o partido despois de ter que poñerse por diante no marcador dúas veces. SR Calo 4 - Biberón B 0 Partido moi difícil para os nosos xogadores xa que o seu rival tiña xogadores de segundo ano, os nosos non puideron facer nada xa que prácticamente non tiraron a portería, eles chegaban moi rápido a nosa portería xa que tiñan tres xogadores que destacaban por riba de todos sendo físicamente superiores. PB A 2 - EFM Concello de Boiro 2 Partido do noso Prebenxamín A diante do Boiro, no que a primeira parte estivemos moi mal sobre todo en defensa con perdas de marca en moitos intres o que implicou que concedaremos varias ocasións, en ataque estivemos moi acertados na presión tras perda de balón. Na segunda metade axustamos moito mellor en defensa as marcas o que se traduciu en conseguir unha vantaxe de 2 a 1, ademáis o árbitro anulounos un gol por fóra de xogo que significaba unha vantaxe de dous goles a falta de moi pouco para remata-lo encontro. Nos intres finais unha perda de balón supuxo o gol do empate do riva. Temos que seguir neste camiño. PB B 2 - Cidade de Ribeira CF 15 Partido adiantado ao mércores o xogado polo noso equipo na que quedou clara a diferenza entre o nivel físico de ambo-los dous conxuntos no marcador. Aínda así, ata o descanso o partido tivo momentos de moita igualdade, ocasións polas dúas partes e ata tivemos 2 tiros ós paos para ter ben apretado o resulatado parcial do primeiro tempo. Na continuación xa foi outra historia e os de Ribeira, con algún xogador de moi bo nivel, amosaron a súa superioridade non quedando outra cousa que felicitalos pola victoria e seguir traballando para mellorar. (FUTSAL) La Salle 0 - PB B 3 Partido cómodo o xogado polo noso equipo na matinal deste Domingo que rematou cun resultado claro debido ó bo xogo despregado ó longo de todo o tempo; e onde se puido disfrutar de moi boas xogadas combinativas dos nosos xogadores. Agora todos a descansar e disfrutar do Entroido. ED Xuventú Oroso 5 - Benxamín A 1 Resultado abultado o visto na mañá de Domingo no Lino Balado. Os nosos saíron concentrados e apenas lle concederon ocasións ao líder. Mediada a primeira parte temos unha ocasión clara e poucos minutos despois outra. O fútbol é caprichoso, e por non mete-las nosas, na derradeira xogada da primeira parte recibimos o 1-0, nun saque dende o curruncho que metemos en propia porta. Así é este deporte, tentamos muda-lo plantexamento e non fomos quen de axustar ben as distanzas e o Oroso si foi quen de chegar con máis claridade. A pesares da derrota o traballo foi bo. Boas sensación para continuar e tratar de remata-lo máis alto posible na clasificación. CF Noia B 0 - Benxamín B 11 Encontro nunha calorosa tarde na Vila de Noia. Saímos enchufados, e axiña se viron as gañas por xogar dos rapaces, os cales iríanse rotando todos de posición, para o seu futuro aprendizaxe. Puebla FC 3 - Benxamín C 2 Partido moi intenso onde os xogadores déronno todo pero topáronse cun xogador rival que ten unha calidade maxistral para executa-las faltas, o que se traducir en dous goles, ademáis sacou un saque dende o curruncho excelente para que un compañeiro conseguise o terceiro gol. O equipo competiu pero ante esta circunstancia non conseguiu nada positivo. Seguimos a formar. UD Bastavales 5 - Benxamín D 0 Visitabamos o sábado aos nosos veciños de Bastavales que se levaron a victoria de maneira xusta. Non fomos quen en ningun intre de entrar no partido, nin a nivel ofensivo nin defensivo. Temos que seguir traballando para ir evolucionando e entendelo que pretendemos facer tanto con balón coma sen el. ED Xuventú Oroso 2 - Alevín A 1 Bo partido do noso equipo diante do líder da categoría. Fixemos un esforzo mental e físico enorme. Cometimos moi poucos erros e fomos quen de conceder moi poucas ocasións de gol. A nivel defensivo estivemos moi serios, non especialmente rápidos á hora de tomar de decisións pero interpretamos moi ben as situacións a resolver. A nivel ofensivo quizáis algo imprecisos, preo conseguimos dispoñer de bastantes situacións de gol anque algunha ocasión menos de gol das que nos gustaría. Alevín B 7 - ACD ED Arzúa 2 Estes días tan soleados de inverno traen consigo unhas boas xeadas nocturnas, o que ía facer que atopásemos o Municipal cuberto cun manto branco coma se houbese nevado ata ben entrada a segunda metade. Adiantámonos no marcador no minuto 1 e a partires de ahí comezamos a crer que teríamos un partido sinxelo pero que se foi complicando co paso dos minutos. O campo non axudaba a que as nosas entregas e controles foran as mellores, e ata que o sol non quitou esa capiña de xeada as imprecisións ocorrían por ambos lados. Antonio e Aaron foron os donos do partido na segunda parte, e polas súas botas pasou todo o xogo ofensivo do equipo que tras unha boa segunda metade, acadaría o resultado final de 7-2. Alevín C 7 - Carreira CF B 1 Partido do noso Alevín C diante do pecha cancelas, no que saímos moi metidos no partido conquerindo ventaxa moi cedo no marcador, así non dando ningún tipo de posibilidades ao contrario; o resto do partido foi claramente dominado polos nosos rapaces. Agora a seguir nesta liña de traballo. Alevín D 1 - EFM Concello de Boiro C 6 A pesares do resultado, os nosos nenos fixeron un dos mellores partidos no que vai de tempada. Íamos gañando ao descanso, pero o ritmo de partido que impuxo o rival, ademáis de seren superiores a nós físicamente, fixo que a 15' do final, lle desen a volta ao marcador. Xa un pouco desconectados do partido e buscando empatar, ían chegar os goles do rival nas contras. O equipo compite máis ordenado e serio cada fin de semana e iso é co que nos temos que quedar. UD Bastavales 2 - Alevín E 2 Comezabamos o partido serios e con bo detalles en ataque pero algo frouxos na liña defensiva e iso faría que o partida estivera sempre moi tenso. A pesares diso seríamos quen de ter máis ocasións e irnos ao descanso cun 0-1 a favor. Pero na segunda metade aínda que marcamos cedo o segundo gol, volveríamos a cometer os mesmos erros do último partido, baixaríamos moito a intensidade e ademáis regalaríamoslles dous goles. Temos que seguir traballando para non cometer ese tipo de erros e para seguir nunha evolución ascendente. Imperator OAR 0 - Infantil A 5 Mal partido do noso primeiro equipo da categoría, pero a notoria diferencia entre ambo-los dous equipos foi suficiente para levar tres puntos importantes para seguir mandando na táboa clasificatoria. Comezou a primeira parte con constantes erros por ambo-los dous equipos, e moitas das ocasións sería máis ben por erros defensivos que por acertos ofensivos. Así no minuto 4 chegaría a primeira ocasión do encontro, erro de Carlos que propicia a cabalgada pola parte dereita do extremo desa zona, que acaba disparando e Marco bloca co peito o esférico. A partires de ahí as ocasións claras serían por parte do noso equipo, a primeira sería de Santi, nun remate coa testa, nun centro a balón parado dende a esquerda, que vaise por riba do longueiro. A seguinte teríamola no minuto 10, nunha cabalgada con moitísima potencia por parte de David, que preto da liña de fondo, saca un bo centro e Lucas remata ca testa por riba da meta contraria. Seguía o Berta creando ocasións, a base de centros a área, e no minuto 23 noutro deles, Pérez remata e envía o balón o fondo das redes, pero anulase o gol por estar éste en fóra de xogo. A seguinte ocasión, e última a mencionar na primeira metade, sería para o Imperator, nun balón en longo, no que volta a fallar a nosa defensa, éste recolleo novamente o extremo dereito, vaise cara a portería, e finaliza cruzando en exceso o esférico. A primeira parte finaliza co mesmo resultado que comezou 0-0. A segunda parte comeza igual, moi cedo teria o Berta a primeira ocasión, no minuto 41, Álex pon un centro dende a esquerda que Diego remata preto do poste dereito da meta local. Tiña que chega-lo gol, e coma non, nun balón aéreo, a balón parado, a defensa non acerta a despexar e Pérez na area pequena remata sinxelo ao fondo das mallas. Seguiríao tentanto o Berta e así no minuto 60, Álex é derrubado na área, penalti que el mesmo transforma un minuto despois. A partires destes intres o Berta faríase co encontro, os trocos aportarian aire fresco, así Manu no minuto 73, o pouco de entrares no campo, nun saque dende o curruncho executado en curto, saca un disparo preciso ao pau lonxano, e logra un gol de fermosa factura. Un minuto despois, Fabio, que tamén saltou ao terreo de xogo uns intres antes, fixo o cuarto, cun disparo dende a frontal da área. O quinto e definitivo faríao Xurxo, que tamén entrou ao campo no segundo parcial do encontro, nun pase en profundidade que recolle preto da meta rival, avanza con él e dentro da área finaliza enviando o balón ao fondo da rede. Desexamos sorte e melloría para os nosos para a próxima semán, xa que enfrontaranse na casa ao segundo clasificado, un equipo cun moi bo trato de balón. AD Manuel Peleteiro 1 - Infantil B 4 Partido duro por parte do rival que acabou con dous expulsados e varios cartóns amarelos debido a unha sobrexcitación que ninguén entedeu salvo eles. O equipo dominaba o xogo nun campo cunhas dimensións ridículas que só beneficiaba ao rival, que se adicaba a destrui-lo xogo a base de patadas. Sen pasar perigo un balón longo que propiciou unha falta de entendemento entre o noso central e o porteiro pon o 1-0 no marcador, o equipo reacciona de seguido e por medio de Eli empata no minuto seguinte para finaliza-la primeira parte con empate no marcador. A segunda metade transcorreu do mesmo xeito, nos levando o peso do xogo e creando ocasions, e o rival cortando todo intento de xogar a base de xogo duro, aínda asi Eli de novo cunha gran finalizació npon o 1-2 no taboleiro. Neste intre é cando o colexiado comeza a tomar decisións e expulsa o primeiro xogador, saca cartóns para curta-la dureza e malos modos do Peleteiro. Outra falta na frontal da área propicia o 1-3 de falta directa por parte de Noya a partires dese intre o rival desquíciase chegando a segunda expulsión e xa preto do final Darío finaliza outra gran xogada colocando o definitivo 1-4. O equipo recupera o liderado da competición e segue con paso firme na loita polo ascenso. Infantil C 2 - Crocha Balompé CF 2 Partido moi intenso e emocionante o disputado contra un rival directo polos postos punteiros da táboa clasificatoria. Intuíamos como ía a se-lo partido e non defraudou. Comenzabamos ben cun par de ocasións por banda dereita que non acabaron en gol por falta de fortuna, pero sería o Crocha quen se adiantaría no marcador tras un erro en saída de balón. Empataríamos cedo e pouco despois teríamos outra ocasión clara nun disparo que despois de tocalo o porteiro vai a cepa do pau. Acababa a primeira parte con boas sensacións a pesares de que o partido estaba aberto. A segunda parte seguía igual que a primeira onde dispoñemos dunha ocasión clarísima para adiantarnos no marcador pero de maneira incomprensible non entra entre os tres paus. Nese intre viase máis preto o noso gol que o do rival pero un golpeo lonxano acaba en gol. Fómonos arriba a polo empate e tras múltiples ocasións logramo-lo premio menor do empate no tempo de desconto. Moi bo partido o disputado por ambo-los dous equipos que foron a por todo e deron espectáculo e deixáronno todo no campo ata o pitido final. Infantil D 8 - SD Amio B 0 Partido sen moita historia, onde propuxemos a nosa idea dende principio a fin. Non sufrimos ningunha ocasión por parte do rival e fomos quen de representar moitas veces certas estructuras traballadas. Estamos no camiño correcto, hai que seguir! Cadete A 4 - Imperator OAR 1 O noso primeiro equipo da categoría recupera a senda da victoria para seguir na loita polo ascenso. Parecia comezar ben o encontro para os nosos, así no primeiro minuto, unha incursión pola banda dereita e centro que remata cá esquerda Pablote as mans do meta visitante. Pero foi un espellismo, porque non sería ata o minuto 20 cando Rodri recolle un balón na parte dereita do ataque, fai un sombreiro ao defensa, vaise cara a porta e golpea raso cá esquerda, batendo por baixo o pau curto do meta contrario. O partido segue trabado, moito fútbol no medio campo pero poucas ocasións, ata que no minuto 33, o extremo dereito visitante, Mamadou, recolle un balón botando co noso equipo aberto, golpea forte dende uns 30 metros, sobrepasa por arriba a Pablo e golazo. Fómonos ao descanso co 1-1. O inicio da segunda parte sería igual ca anterior, cunha incursión por banda esquerda, centro ao segundo pau e Suárez con todo a favor, bota o balón fóra. Pouco a pouco o Berta foise facendo co encontro e as ocasións ían chegando. Así no minuto 60 Rodri volta a recoller un balón na área e bate ca perna dereita ao meta visitante na media saída. Pouco despois no minuto 68, chegaría o 3-1 nunha contra rápida pola banda dereita que leva a cabo Mateo, o cal finaliza e o porteiro repele o disparo, pero cae no segundo pau nos pés de Diego que marca a pracer. O Berta vaise facendo dono do partido, e así no minuto 73, chegaría o gol da tranquilidade, nunha boa xogada pola banda dereita, tocando o balón dentro e a fóra constantemente e o final un pase que recolle Lio dentro da área, remata co interior da perna dereita e manda o balón ao fondo da rede. Tres puntos importantes para levanta-la moral do equipo. Cadete B 1 - CD Conxo Santiago C 0 Partido moi cedo o xogado polo noso cadete este Domingo fronte ao Conxo Santiago, equipo trampa que aínda que iba abaixo sabíamos que nos poderían poñer en apretos en calquera momento. Saímos ao campo con moi pouco ritmo sobretodo na faceta ofensiva, polo que nos custaba moito sorprender ao rival para crear claras ocasións de gol. A mellor noticia da mañá foi a victoria e outro partido máis coa portería a 0. Partido bastante malo o xogado polo noso cadete B. Seguimos coa racha de victorias e agora chegamos á parte máis importante da tempada, onde xa nos enfrontaremos cos equipos de arriba e buscaremos continuar coa racha para meternos nos postos de playoff. A semana que ven visitaremos ao Victoria, equipo que vai detrás nosa a 4 puntos. A continuar traballando e mellorando rapaces!!!! Cadete C 2 - AD Manuel Peleteiro 2 Partido moi disputado ondo non fomos quen de mellora-lo resultado a pesares dos tres paus que tivemos e de varias ocasións claras de gol. Empate que sabe a pouco e con este mal sabor de boca de recibi-lo gol do empate nos intres finais do encontro mediante unha falta. Seguimos traballando e formando. Xuvenil A 1 - E. Estrada FB 0 Partido moi intenso e trepidante o disputado na tarde do Sábado no Municipal de Bertamiráns. Comezou moi ben o noso Xuevnil A, xa que nos primeiros minutos gozaba de oasións claras para marcar; así no minuto 3 Málvarez facía o 1-0 despois de rematar na área pequena un saque dende o curruncho botado por Rodri. O rival amosou unha intensidade moito máis agresiva da que presentou no partido de ida e iso provocaba que os nosos non foran quen de remata-las xogadas dunha maneira sinxela. No minuto 15 despois de unha boa xogada colectiva na que o equipo conseguiu move-lo balón en amplitude e profundidade, Rodri remata só dentro da área pero envía o balón por riba do longueiro. O equipo estivo ben en defensa e soubo aborta-las chegadas do equipo rival que non foi quen de ter ocasións claras. Co 1-0 marchamos camiño dos vestiarios. Na segunda metada o partido seguiu coa mesma tónica pero agora as achegas dos locais non eran tan claras, ademáis o dianteiro Málvarez resíntese dunhas molestias previas e foi substituido por Ferreiro no minuto 62. No minuto 75 o partido complícase despois dunha xusta expulsión por cartón vermello directo a Dopazo despois de unha patada por detrás a un rival; o equipo aquí tivo que reorganizarse pero soubo contragolpear e ter as ocasións máis claras da segunda metade, primeiro cun disparo de Ferreiro que marcha lambendo o poste esquerdo do porteiro, despois de pelexar e conseguir unha boa xogada individual por velocidade e forza, e despois outra nas botas de Mauro na que o seu remate marchase fóra por moi pouco despois de rematar dentro da área no segund pau. O equipo soubo sufrir e sacar estes importantes tres puntos para seguir na pelexa por entrar no playoff de ascenso. Cordeiro CF 4 - Xuvenil B 2 Partido disputado onde se impuxo o mellor físico dos locais; na primeira metade os nosos rapaces disfrutaron das mellores ocasións de gol, pero quen marcou o 1-0 foron os locais no minuto 24; despois de un erro de concentración á hora de defender un saque de banda, que provoca un tiro lonxano que Ángel non consegue blocar. Na segunda metade o equipo entrou coa intención de reverte-la situación pero unha vez máis un erro de concentración defensivo onde non despexamos en longo e metemos un balón ó medio que recolle o rival para xogar sinxelo cara ó borde da área e fusilar ó noso gardamallas. Minuto 48 de partido e 2-0; o equipo inda así non lle perdeu a faciana ao encontro e seguiu tentando ata que no minuto 80 Dylan de tiro lonxano acada o 2-1. A partires de aquí minutos tolos onde o Bertamiráns volcouse a polo encontro e Mateo tivo o empate nunha gran xogada individual onde remata forte o pau longo e o balón vaise fóra por centímetros. Despois co equipo volcado os locais fan o 3-1 no minuto88 e de seguido nada máis sacar de centro Dylan manda un balón longo que Guille recepciona e consegue o 3-2. O cuarto gol caeu no desconto co equipo volcado en ataque xa buscando balóns longos á área. Unha mágoa pero debemos de seguir nesta liña. UD Bastavales 0 - Sénior 1 Presupoñíamos que ía ser un partido moi duro e así foi. Dende o principio puidemos ver un Bastavales cunha presión ben traballada, moi alta e ben definida, con direccións moi marcadas por quen iniciaba a acción defensiva; boas distanzas entre os participantes e axustes moi ben definidos na liña de medios e defensores. Ás veces por falta de seguridade ou non querer asumir situacións de estrés, outras por falta de precisión na acción técnica e outras por desaxustes na execución dos mecanismos previstos non fomos quen de domina-lo partido por medio do balón. Fomos capaces de saír da presión algunha que outra vez e de combinar algunha máis grazas a algún segundo balón gañado, iso fixo que dispuxéramos dalgunha ocasión de gol; menos das que nos gustaría. Do mesmo xeito ca nós, os nosos veciños tampouco dispuxeron de moitas ocasións de gol, un par de remates de testa en accións a balón parado e outros dous tiros dende fóra da área. Ao final o encontro foi como acostuman a se-los derbis, moita loita e moito esforzo pero xogo o xustiño. 0-1 con gol a balón parado e 3 puntiños. Para a semana máis!

Xornada 05/02/2023

O equipo Sénior mete a directa cara o ascenso. Nesta xornada destacamo-las victorias dos nosos equipos Sénior e Xuvenil B; o primeiro parece que acadou unha racha boa de victorias e xogo que lle permiten comanda-la clasificación; e o segundo acadou unha importante victoria na casa diante dun rival directo na loita pola permanencia en primeira autonómica.Por outra banda os partidos de futsal desta fin de semana foron adiados debido a condensación que se produciu no pavillón municipal. Cidade de Ribeira 2 - PB A 3 Partido do noso Prebenxamin A diante dun gran rival como así o reflectiu o resultado. Comezamos poñéndonos por diante cun gran gol pero pouco a pouco eles foron facéndose co balón a cas ocasións e polo tanto foron quen de remonta-lo gol inicial. Na segunda metade fomos capaces de axusta-la defensa e recibir moi poucas ocasións e ademáis melloramos en ataque, anotando dous goles para así darlle a volta o resultado nun gran partido dos dous equipo. A vindeira semana temos outro oso duro de roer como é o Boiro, colíder da clasificación. CCD Taragoña 5 - PB B 5 Partidazo do noso segundo prebenxamín que acadou o primeiro puntiño nesta fase da competición cun empate moi merecido diante dun equipo campeón na anterior fase. O partido comenzou moi igualado ata que os locais se puxeron 3-1, pero axiña acadamo-lo empate e fomos quen de poñernos 4-5 a cinco minutos do final, mágoa que non fomos capaces de mante-lo resultado. Un empate que fixo o vestiario máis ledo dos arredores. Benxamín A 4 - SD Villestro 1 Encontro competido onde fomos quen de traballar e solventar positivamente sendo superiores ao rival en todo momento. Dous goles en cada parte serviron para amosa-lo dominio e ser xustos vencedores. Benxamín B 11 - ED O Dolmen Tordoia B 1 Encontro marcado polas baixas, onde so dispoñeríamos de 8 xogadores, no cal non estaba incluído o noso porteiro Tiago. A piques de comezar, Yoel sentiríase mal do estómago e esto nos faria saír con 7 xogadores, pese as dificultades e baixas, os nosos rapaces sairían dominando o encontro, con boas combinacións e disfrutando do xogo. Axiña chegarían os goles, algo que noutras xornadas nos faría perder esa frescura, pero nesta xornada, sería totalmente diferente, seguirían tentando progresar co balón, e mostra deso foi que todos dispuxeron de ocasións para facer gol. Bo partido, que nos serve para seguir coa aprendizaxe ante as baixas e dificultades para adaptarnos tamén o antigo modelo de fútbol 7. Benxamín C 1 - Cordeiro CF 7 Partido intenso por parte do noso equipo que non puido evita-los goles debido ó gran nivel físico e técnico do equipo contrario. Seguimos traballando na formación dos rapaces. Benxamín D 11 - Cordeiro CF C 0 Partido onde os nosos benxamíns disfrutaron dende o minuto un, e ademáis puidéronse probar cousas novas para seguintes partidos. A seguir medrando. Alevín A 3 - SD Villestro 1 Outra semana na que seguimos progresando. Fomos capaces de acumular moitos minutos de xogo nun nivel bo. Ao igual ca sempre cometemos erros, pero esto sabemos que vai ser así, do que se trata é de acumular acertos e minimizar erros. Toca seguir pelexando para poder avanzar. Praíña SC 0 - Alevín B 9 Victoria cómoda dos nosos rapaces na cal temos que salienta-la actuación tanto de Brais como de Aarón. O noso porteiro Brais ía acada-lo seu primeiro gol na Liga grazas ao detalle do seu compañeiro Aarón, quen sendo xogador de campo, se ía a poñer debaixo dos paus pra deixarlle xogar de campo ao seu compañeiro. Puebla SD 2 - Alevín C 6 Partido do noso Alevin C diante do Puebla, onde saímos moi enchufados dende o inicio, non coma no partido anterior. Estivemos moi metidos no partido en toda-las zonas do campo sendo donos do balón recibindo dous goles en eroos de concentración. Agora a pechar este finde a primeira volta sendo líderes. Carreira FC B 2 - Alevín D 4 Partido moi errático polo vento que facía na mañá do Domingo no fondo da costa. Os nosos conseguiron adiantarse 0-3 no marcador e tras 2 despistes, regalamos 2 goles. Preto do final, puñamos o 2-4 no marcador final. Infantil A 4 - SD O Val 1 Partido mediocre do noso primeiro equipo da categoría, pero suficiente para lograr outros tres puntos e seguir mandando na táboa clasificatoria. Empezou o encontro con erros en ambo-los dous equipos, vendo que en calquera intre podía producirse un gol, pero máis ben por erro dun defensa que polo acerto dos dianteiros. Sería o Berta o primeiro en golpear, Manu levaría un balonazo na cara e o árbitro para o partido, na reanudación, o árbitro bota o balón o suelo, preto da frontal da área visitante, Lucas recolle éste, avanza con él e é capaz de filtrar un pase entre a defensa para Álex, éste recolleo, avanza cara a portería rival e golpea preto dela para face-lo primeiro gol no minuto 12. O partido seguiría igual, o noso meta, Marco, tería que saír fóra da área para cubrirlle as costas aos nosos defensas en sendos balóns profundos que os centrais defenden mal. Pero sería Lucas, quen no minuto 35 ampliaría a distanza no marcador. Éste recolle un balón na frontal da área do Val, golpea ca súa zurda alto, e éste cólase na meta rival preto do longueiro. Có 2-0 fómonos ao descanso. A segunda parte comezaría igual, o noso equipo volta o terreo de xogo con pouca intensidade, cós mesmos erros defensivos, e así nun balón profundo do equipo rival no minuto 48 recólleo o seu dianteiro nas costas dos defensas e bate a Xoel, que entrara no inicio da segunda metade. Os nosos espoléanse, poñen máis gañas, aparecen as ocasións, así Álex pouco despois do gol visitante recibe un balón na banda dereita, tira a diagonal ata preto da área, sorteando rivais e golpea duro, o porteiro rojiblanco responde cunha boa parada. A continuación, nun saque dende o curruncho a favor, Lucas fai un remate cá testa que vai o poste dereito da meta do Val. Con tantos avisos, tiña que chega-lo gol, e así Santi no minuto 55, nun saque dende o curruncho pola esquerda lanzado por Pérez ao segundo pau, fai o terceiro nun remate coa testa. Cando parecía que o partido podía estar resolto, Álex nunha das súas incursións cara a meta rival, torce o nocello dereito, ten que abandona-lo terreo de xogo, o Berta xa non ten trocos e faltando moitos minutos para remata-lo encontro. Parecía que os nosos poderían sufrir, pero nada máis lonxe da realidade, os rapaces responden ante a adversidade, e vemos que no minuto 75, Lucas faría o cuarto. Éste sería noutro saque dende o curruncho executado novamente por Pérez, o balón ía directo a gol no primeiro pau, o porteiro logra desvialo, pero deixao morto na área pequena, onde o recolle o noso mediapunta e marca a pracer. Non habería tempo para máis. Os nosos teñen que mellorar ante os próximos compromisos moi importantes que se lles aveciñan. Infantil B 2 - SD Xuventú Aguiño 3 Chegou a primeira derrota do equipo na tempada, algún día tiña que pasar. Pero nada que dicir duns rapaces que o puxeron todo no campo e se atoparon cun porteiro rival que fixo 4 ou 5 paradas de moitísimo mérito, xunto cun otras tantas ocasions clarisimas pola nosa parte que non fomos quen de materializar. O partido transcurriu da maneira que pensabamos, cun Aguiño buscando o xogo directo ao seu dianteiro que por forza e físico creaba problemas a nosa defensa. De novo un erro pola nosa parte propicia o 0-1 no minuto 16, o equipo segue a controla-lo xogo con moitas chegadas a portería rival e nunha desas penalti por mans claras que Noya executa de maneira implacable para poñe-lo empate no marcador ao descanso. A segunda metade discurre coma a primeira, control e chegadas constantes pola nosa parte que non finalizamos, despois de ocasions incribles e de novo nun mal despexe chega o 1-2 no minuto 57 despois dun gran disparo dende a frontal. O equipo volcase no ataque e segue a marrar ocasións, de novo nun balón longo na disputa o dianteiro rival e quen de safarse dos nosos centrais e poñe-lo 1-3 no marcador no minuto 79. Pero este equipo non se rende e segue a atacar, xa no desconto Noya dun gran disparo pon o definitivo 2-3. SD Negreira 1 - Infantil C 2 Mal partido o xogado polo noso Infantil onde comezamos moi fríos, como o tempo que facía na mañá do sábado na Baña. O rival non xeraba perigo pero nos non eramos quen de manter unha continuidade no xogo con moitas imprecisións no pase e un ritmo moi lento. As dimensións do campo e o ritmo ao que xogabamos provocaba moitas perdas de balóns en situacións relativamente sinxelas. A pesares diso o peso do partido era noso, e nunha xogada a balón parado, fixemo-lo primeiro gol co que nos fomos ao descanso. A segunda parte comezamos cun ritmo un pouco mais rápido (tampouco era moi difícil) e empezamos a asedia-la área rival e no minuto 10 da segunda parte puñamo-lo segundo no marcador. Voltamos a relaxarnos e nun erro na circulación de balón propicia un man a man do rival co noso porteiro que acaba en penalti, e recurtando distanzas no marcador, o que era a primeira aproximación do noso rival. De ahí ao final do partido non pasamos apuros pero tampouco fomos quen de aumenta-la distanza.Bo toque de atención para entender este deporte. Ou se compite en todo momento ou calquera rival pódeche gañar. At. Fátima B 0 - Infantil D 2 O esforzo da os seus froitos. Saímos moi contentos da sempre díficil visita ao Manuel Paz. Os rapaces fixeron caso e comprometéronse co traballo da semana sendo conscientes de que a única vía para conseguir algo positivo era ir á guerra xogando moi directo. Noraboa polo traballo! CD Calasanz 2 - Cadete A 0 Erros puntuais e a falta de puntería dos nosos levan a derrota do primeiro equipo da categoría. Comezou o encontro igualado, con moita intensidade. Así o primeiro gol non tardaría en chegar. Viría dun pase en profundidade entre os centrais, onde o noso porteiro estaba baixo paus, duda en saír e cando o fai chega tarde, ten contacto co dianteiro rival dentro da área e o colexiado pita pena máxima. Sería lanzado no minuto 6 por Demián, raso e pola dereita, onde Pedro case logra detelo. Despois disto o Berta queda un pouco tocado, intenta ir ao ataque, pero nalgún balón en longo a nosa defensa sufre. Pouco despois do gol, noutro pase en profundidade, o dianteiro local prántase só na área polo lado esquerdo, dispara e Pedro tería unha boa intervención, desviando a pelota. Pouco a pouco o noso cadete iría achegándose á meta rival, con disparos de longa distanza e en xogadas a balón parado pero sen nengunha ocasión realmente clara no resto do primeiro tempo. A segunda parte sería claramente para o Berta, innumerables ocasións, das cales non materializaría ningunha. A primeira sería aos 8 minutos, nun centro lateral dende a dereita, onde Diego remata coa testa e o balón vai o poste dereito da portería local. Pero nesta mesma acción, o colexiado puido pitar penalti, xa que o meta local, saíu a despexar por riba a pelota e arrolla ao noso dianteiro sen toca-lo balón. Logo sería o Calasanz quen na única ocasión que tivo na segunda parte, nun lanzamento dende o curruncho dereito, onde poñen o balón no segundo pau e dentro da área pequena, Pedro mide mal a saída por riba e Enzo remata só coa testa para face-lo segundo. Seguiría o Berta tentandoo, e pouco despois Diego volta a recoller un pase en profundidade no borde da área grande, polo lado dereito, adéntrase nela, dispara cruzado e o balón remata na cepa do poste dereito da meta rival. A continuación, sería Jesús quen nun remate de tixeira enviaría o balón o longueiro. No minuto 66, o Berta lanza un saque dende o curruncho, o equipo local sae á contra e Xavi corta ésta cunha falta clara. Tarxeta vermella directa, os nosos quedan cun home menos. Ante esta nova situación aplaudi-la resposta do equipo, o noso técnico fai tres trocos xuntos, troca o sistema e séguese tentando, así Rodri noutro pase que recolle en profundidade, métese polo medio da área cara a meta rival, e cando dispara e derrubado, o colexiado pita penalti. Éste lanzao Jesús, e cando golpea o balón, esbara e volve a tocar este de segunda, o esférico chega o fondo da rede pero o gol e anulado por tocar dúas veces seguidas o mesmo xogador a pelota. Cúmulo de mala sorte para os nosos. Non se movería o marcador, derrota pero cá testa en alto. EFM Concello Boiro B 0 - Cadete B 2 Partidazo o vivido na matinal deste domingo en Valiño, o noso cadete B saíu ao campo moi concentrado e aínda que é certo que os primeiros minutos estivemos un pouco imprecisos en controis e nalgún pase e iso deu lugar a algún que outro achegamento perigroso a nosa área. Aos 10 / 15 minutos de partido tiñamos posesións longas que facía que o rival tivese un importante desgaste físico. Ao descanso iríamos 0-0 no marcador. Saímos do vestiario coa mesma concentración e sendo dominadores claros do partido, pero non sería ata o minuto 70 de partido que faríamos o primeiro gol, ao pouco de marca-lo primeiro gol, noutra xogada moi boa por parte dos nosos faríamo-lo 2º gol, finalizando o encontro 0-2. 4º partido consecutivo coa portería a 0 e 6ª victoria consecutiva. Para a semana visitanos no municipal o Conxo Santiago "C", traballaremos ao máximo esta semana para ir a pola 7ª consecutiva!!!! SD Milladoiro B 1 - Cadete C 1 Partido moi intenso coma sempre que visitamos ese campo. Non fomos quen de finaliza-las ocasións que tivemos para poder traer un mellor resultado. Seguimos formando. Victoria CF 3 - Xuvenil A 0 Dura derrota a que encaixou o noso Xuvenil no campo da Grela. O equipo competiu moi ben diante do líder da categoría pero quizáis pecou de plantarse algo replegado e cunha actitude moi defensiva, aínda que tamén puidera ser mérito do rival. O equipo encaixou o 1-0 na primeira xogada clara do partido, na que o extremos foi derrubado polo noso porteiro Ángel dentro da área, o árbitro non dubida e sinala pena máxima. O colexiado pita ben a pena máxima, mágoa da súa funesta colocación durante todo o partido que non lle deixa ve-lo control previo do extremo que o fai coa mán, unha vez máis o colectivo arbitral sendo protagonista. Penal executado maxistralmente polo rival e ímonos 1-0 abaixo paraos vestiarios. Aínda así tivemos un man a man de Málvarez que puido significa-lo empate pero o porteiro estivo moi atinado, xa que aguantou ata o final se soubo detelo. Na segunda metade o equipo competiu pero nunha xogada comprometida para o árbitro, deixanos cun home menos pola expulsión de Manu por facer dúas faltas seguidas na mesma xogada, quizáis o árbitro estivo algo "casero", porque sacoulle tres cartóns en menos de dez segundos. Cun home menos o equipo sufriu máis pero non lle perdeu a cara o encontro e competiu ata o final. Xuvenil B 4 - Bastavales UD 2 Encontro pertencente á xornada 21 no que se puxo de cara moi cedo con goles nos minutos 7 e 12 da primeira metade. Resultado que se mantivo ata o descanso. Á volta de vestiarios, unha vez máis, e despois de encadear varios erros o rival atopase cun penal a favor no minuto 47 que o mete de cheo na pelexa polos puntos facendo que as sensacións durante a segunda parte do encontro sexan de intranquilidade pola falta de confianza dos propios xogadores polo sucedido nos derradeiros encontros, a pesares de estar sempre por diante no marcador cun gol no 56 (3-1). Voltando a recortar distanzas o Bastavales no 67 (3-2). Pero grazas o hat-trick de Vizcaya no 79 (4-2) a tranquilidade e os 3 puntos quedaron na casa. Sénior 1 - AD Nicrariense 0 Bastante bo partido do noso Sénior nesta fin de semana. Quizis o marcador non reflectiu a realidade do encontro, cando menos aos nosos ollos. Consideramos que o resultado foi demasiado axustado se temos en conta a cantidade de ocasións tan claras. Tivémolas de toda-las cores pero non fomos quen de convertelas en gol. Non hai que desmerecer, en ningún caso, o traballo dos nosos contrincantes, pois fixeron un partido moi serio e así como é certo que nós fixemos ocasións para máis goles... eles tb mereceron facer 1 ou 2 goles. Partido bonito, polo tanto, moitas ocasións, poucos goles e 3 puntiños. Para a semana máis! Gol de Maikel na victoria do PB A. Pena máxima executada maxistralmente por Brais para o Alevín B. Gol de Santi de testa nun saque dende o curruncho.

Xornada 29/01/2023

A base estivo imparable no fútbol 11 Dez victorias e un empate acadou a nosa base en fútbol 11 esta fin de semana, foi unha xornada case redonda. Destacamos por riba de todas elas a victoria unha vez máis do equipo Sénior que foi quen de gañar nun campo cunha superficie compliacada para os tempos que corren, a tan temida terra.... xa non quedan futbolistas coma os de antes. SD Dubra 0 - Biberón A 3 Moi bo partido dos nosos rapaces, que souberon leva-lo control do partido dende o inicio. Tamén foron quen de anotar bastantes goles como resultado de xogadas combinativas. PB A 11 - CCD Taragoña 2 Partido xogado polo noso Prebenxamín A diante do Tarragoña sen moitas dificultades; dende o inicio fomos donos do partido puidendo probar xogadores en distintas posicións. Agora prepara-la visita ao Ribeira A. PB B 2 - SD Esclavitud 3 Partido moi igualado esta mañán dominical onde os nosos xogadores non foron quen de consegui-la a súa primeira victoria nesta fase, e que se explica pola faia de eficacia cara a porta, mentres os rivais marcaron en cada chegada. Mala sorte e agora a seguir traballando para seguir con ilusión por ser mellores. Ánimo rapaces!! (FUTSAL) PB B 4 - Jogafán Ordes FS B 0 Partido máis claro no resultado final que no desenrolo global do marcador, xa que os nosos xogaron moi ben e con moitas oportunidades, chocaron diante da grande actuación da porteira rival. Agora a seguir aprendendo con gañas e ilusión para o futuro. Benxamín A 2 - Victoria FC 2 Os nosos cativos tiveron un partido duro e competido que non foron quen de sacar adiante. O rival puxo as cousas moi difíciles dende o pitido inicial. Tentaron un fútbol directo que non fomos quen de contrarrestar. Seguiremos traballando para mellorar. ED O Dolmen de Tordoia 1 - Benxamín B 5 Comezaba o encontro, cos nosos rapaces moi participativos, combinando moi ben entre eles, pese a non chega-los goles. Sorprendentemente, ca chegada do primeiro tanto noso, o xogo empeoraría, non sendo tan combinativo, destacar que o rival tamén xoga, tentando leva-lo partido o seu lado. Trataremos de crea-la base nesos 10-15 primeiros minutos. CD Conxo Santiago B 3 - Benxamín C 1 Partido moi intenso cun resultado moi abultado para o que se veu no terreo de xogo. Varios erros defensivos e unha falta imparable fixo que o noso equipo benxamín non puidese equilibra-lo resultado. Seguimos formando. Cordeiro CF B 2 - Benxamín D 4 Bo partido o feito polo noso benxamín diante do Cordeiro. Ben dende o punto de vista defensivo e mellor aínda ofensivamente. Imos correxindo erros e mellorando con balón. A seguir traballando. Alevín A 5 - Victoria CF 1 Bo partido dos nosos alevíns, neste caso tocou victoria. Foi un partido no que, por moito que o resultado diga que fixemos 5 goles, a realidade é que, o mellor do noso partido foi a fase defensiva. Isto permitiunos roubar moitos balóns en zonas sensibles para o rival e dispoñer así de varias ocasións. Esperamos seguir mellorando e sabemos que con esforzo e ilusión conseguirémolo. Para a semana máis. Alevín B 9 - SD Cruces 0 Partido outra vez dominado dende principio a fin polos nosos a través do xogo combinativo. Alevín C 2 - SD Esclavitud 1 Partido xogado polo noso Alevín C diante do Esclavitud no que non saímos enchufados, xa que encaixamos na primeira parte un gol nun erro noso; así chegamos o remate da primeira parte. Na segunda parte saímos máis metidos e fomos claros dominadores acadando unha merecida remontada so queda sacar conclusións e saír máis metidos dende o inicio. Alevín D 1 - Puebla CF 8 Partido máis competido do que reflicte o marcador, xa que a 10 minutos do final o equipo ía perdendo 1-3, e encaixou o goleada porque foise arriba tratando de consegi-la igualada. Tamén influiu a diferenza física entre ambos conxuntos, xa que un ano de diferenza nestas categorías nótase moito. Gran traballo do equipo que debe de pensar en seguir traballando e mellorar na presión e traballo defensivo. AD Nicrariense 13 - Alevín E 0 Nesta quinta xornada de liga tocábanos visitar ao líder. Partido que nos serve para fixarnos nos erros que temos e para tratar de melloralos nos adestramentos e vindeiros encontros. EF Concello Boiro 1 - Infantil A 2 Mal partido do noso primeiro equipo da categoría infantil, pero outros tres puntos importantes para seguir líeres do grupo. Empezaron mal o encontro os dous equipos, onde era difícil ver varios pases seguidos e o balón no chan. As ocasións viñan a balón parado. A primeira ocasión clara, foi nun lanzamento de falta frontal lonxano, onde Pérez golpea forte dirección portería e Santi remata mal coa testa, cando xa podía colarse directamente o balón na meta. Así no minuto 30, Pérez recolle un balón mal despexado polo meta local dun lanzamento a balón parado, e doadamente envía co pe dereito ao fondo das maias. Con ese marcador fómonos ao descanso. A segunda parte inicia igual, erros por ambo-los dous lados, poucas ocasións claras, pero víase que o gol podía chegar pola inseguridade de amba-las dúas defensas. Así no minuto 49, o Boiro envía un balón en profundidade por alto entre os dous centrais, que recolle o dorsal 15 Jacobo, e aproveita o bote para pica-lo balón na media saída de Marco. O balón colase na meta preto do longueiro. Non se veu o Berta abaixo, así nunha xogada pola banda dereita, acaba en centro mal despexado polo meta local, que cae nos pes de Lucas e aproveita para face-lo 1-2 definitivo. Despois disto, o partido segue trabado, pensando que podría vir un gol máis ben por un erro defensivo que polo acerto dos atacantes. Sufreuse ata o final pero o marcador non se movería. Victoria FC B 1 - Infantil B 3 Tivo que madruga-lo equipo nuha mañán fría co terreo de xogo conxelado no Sergas as 9:30h. E o partido comezou igual cos dous equipos entrando en calor aos poucos, ata que Noya no minuto 9 de falta directa poñía o 0-1 no marcador. Empezaba a facerse o equipo co control do balón e as chegadas a portería rival eran cada vez máis claras, e nunha desas chegadas penalti claro sobre Rodri que o colexiado non dubidou en sinalar para que Noya puxera o 0-2 no minuto 25 de encontro. Finalizaba a primeira metade con ese 0-2 e no segundo tempo o rival poñía o 1-2 despois dun barullo na área que non fomos quen de despexar con solvencia. A partires de ahí o rival intenta apreta-la nosa saída de balón en busca do empate pero fomos quen de saír desa presión e xeramos ocasións claras que non se materializan ata que outro claro penalti sobre Elihan transformado por Pla puxo o definitivo 1-3 no marcador. Infantil C 2 - SD Dubra 2 Partido diante dun rival directo e onde nos custou entrar no partido. A falta de intensidade e os erros nos primeiros minutos provocou que no minuto 10 da primeira parte o Dubra xa fose gañando 0-2. A partires de ahi mudamos varias cousas e notaronse no xogo e nas ocasións. Comezamos a facernos donos do partido e logramos acurtar distanzas antes do descanso. O paso polo vestiario fixo que a segunda parte foramos a polo partido o que provocou varias ocasións de gol e someter ao noso rival, aínda que no gol do empate tivemos a fortuna que nos puido faltar noutros partidos. Resultado xusto visto o feito por ambo-los dous equipos e que nos ten que facer pensar sobre a nosa actitude dende o inicio do partido. Enésima vez onde comenzamos por detras no marcador. Infantil D 2 - EDS Santa Marta 0 Inicio de partido moi abasallador dos nosos, que son quen de adiantarse no marcador moi cedo. Co trascurso dos minutos o equipo ten catro ocasións clarísimas que non foi quen de anotar e co paso dos minutos vaise durmimdo o partido. Nos minutos finais fomos quen de anotar o 2-0. Debemos de poñer todos da nosa parte para non levar sustos no que resta de competición. Cadete A 3 - ED Xuventú Oroso B 0 Bo partido e victoria importante do primeiro equipo cadete, que xunto co empate do Montañeros, fai que se aprete un pouco a clasificación. Saíu o Berta a polo partido, rápidas circulacións de balón, e cerco á meta rival. Así no minuto 4, Jesús recolle un balón na área, picao ao segundo pau, onde aparece Diego para envia-lo a pracer co pe ao fondo da rede. Seguiu o Berta insistindo, así Suárez faría un remate ao longueiro pouco despois. Sería tamén Suárez noutro disparo cruzado, quen batiría por segunda vez ao meta contrario no minuto 28. Non se conformou o Berta, quería sentencia-lo encontro, así Rodri no minuto 39, faría o terceiro e definitivo cá súa perna esquerda. A segunda parte, sería igual, dominio claro dos nosos, sen conceder ocasións e moita seriedade. Todo esto parece indicar que o noso primeiro equipo dos cadetes voltou á senda da entrega nos encontros, incluso por momentos con bo futbol. Esperemos que esto siga así e poidamos loitar polo ascenso. Cadete B 7 - CF Noia 0 Partido no que o noso cadete saíu na primeira metade un pouco frío e o rival levaría inicialmente a batuta do encontro, ademáis xogaban ao fútbol que lle viña mellor ao rival e que dende o banco de suplentes víamos que podíamos favorece-las súas fortalezas, xa que a nivel físico o rival era superior a nós. Aínda así, fomos ao descanso cun resultado de 2-0, nos vestiarios falouse destas cuestións e que precisabamos ter moita máis paciencia co trato do balón, o equipo saíu cara a segunda metade moito máis metido no partido, pensando que na primeira volta fomos ao descanso co mesmo resultado a favor e na segunda parte o rival empataría o encontro, pois na segunda metade sairíamos sen darlle oportunidade de meterse no encontro ao rival facendo un fútbol espectacular, quizáis o mellor que fixemos no que vai de tempada, e con isto conseguimos marcar 5 goles máis na segunda metade, finalizando o encontro 7-0. Un gran resultado e un partido máis coa portería a 0, o terceiro partido consecutivo sen recibir goles en contra e a quinta victoria consecutiva. Na vindeira semana visitamos ao boiro B, esperando consegui-la sexta consecutiva!!! Cadete C 2 - EF Lalín B 1 Partidazo do Cadete C na tarde do sábado no municipal. Non defraudaron os dous conxuntos co espectáculo que amosaron. Ambos querían gañar e veuse unha intensidade propia de partidos de ligas superiores. Gran traballo do equipo e moi satisfeitos coa dinámica que seguen. Lembrar que temos por bandeira: traballo, competir e crer en nós mesmos, con esto todo é posible. Xuvenil A 2 - EF Lalín 0 Partido controlado en todo momento diante dun gran rival que mudou moito o seu xogo e a súa intensidade dende o encontro da primeira volta. Os nosos rapaces xogaron un gran encontro onde apenas concederon unha ocasión ó rival na primeira metade, eso sí non foi gol por moi pouco xa que ese disparo cruzado saiu lambendo o pau esquerdo da portería de Ángel. Un gol en cada parte sentenciaron o encontro, quizáis puidemos acadar algún tanto máis pero a falla de puntería e os erros na toma de decisión dalgunha contra fixo que o resultado non se movera. CD Rois 2 - Xuvenil B 3 Esta xornada o equipo foi quen de acadar unha importante e sufrida victoria. A pesares de adiantarse no marcador na primeira xogada de ataque e conseguir aumenta-la distanza nunha primeira parte tranquila e sen moitos sobresaltos. Á volta de vestiarios foi todo o contrario, posto que en 4 minutos o Rois foi quen de lograr dous tantos que igualaban o encontro. A partires dese intre calquera dos dous equipos puido logra-lo tanto que dese o 3 puntos. Neste caso e despois de errar dúas ocasións claras, o balón rematou bicando as mallas da meta rival para por o 2-3 definitivo. UD Queiruga 2 - Sénior 3 Pensabamos que ía ser un dos partidos máis duros da liga e así foi. Destacaría o esforzo dos rapaces, principalmente na segunda parte. Máis concretamente destacaría o esforzo mental de aceptar e executa-lo plan establecido. Foi un partido a cara de can pero que, desta vez tocou cara, 3 puntiños máis, que son ben necesarios.

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal