Novas

Xornada 12/03/2023

This image for Image Layouts addon

O Alevín E segue na senda da victoria

Por fin o noso Alevín E atopou o seu fútbol e esta fin de semana acadou a súa segunda victoria da tempada. Esto demostra o bo traballo que se realiza na nosa base, xa que este grupo de xogadores inexpertos pouco a pouco co seu traballo semanal nos adestramentos van conseguindo mellorar, parabenizar tamén a seus adestradores, Miguel Sanjorge e Anxo García, polo traballo realizado con este fantástico grupo.

Biberón A 4 - SD Dubra 0
Gran partido dos nosos, onde fomos superiores nas catro partes, dominando en todo momento o balón e conseguindo combinar para chegar a área rival.

Crocha Balompé CF 0 - PB A 6
Partido do noso Prebenxamín A diante dun Crocha que puxo as cousas moi complicadas sobre todo na primeira metade na que non puidemos face-lo noso fútbol. Na segunda metade fomos ós poucos facéndonos donos do balón e do xogo en tóda-las zonas do campo, ben é certo que as baixas de algúns xogadores notámolas en demasía. Agora toca seguir traballando para o vindeiro encontro.

CD Sar Extramundi 9 - PB B 2
Partido repetido coma moitos dos últimos, onde competimos moi ben dende o inicio, tendo ocasións e apretando ó rival cun resultado moi igualado, pero que co paso dos minutos penalizanos seres xogadores de primeiro ano o que implica unha diferenza física importante. Moi ben xogado por fases e esperando que nos vindeiros partidos da nosa liga, poidamos dar ese pasiño adiante e poder acada-la primeira e merecida victoria.

(FUTSAL) Jogafán Ordes FS 0 - PB B 2
Partido sen moita historia o xogado esta semana do noso PB onde quedou manifesto o bo nivel dos nosos, acadando o primeiro posto do grupo, nesta fase, onde o equipo rematou invicto. O partido comenzou cun marcador moi claro nos dous primeiros tempos o que permitiu probar moitas das cousas adestradas durante os últimos meses. O mellor de todo foi que os nenos non se mancaran nunha pista que co paso dos minutos fíxose moi perigosa pola humidade.

Benxamín A 12 - Milladoiro SD 2
Día chuvioso no que os rapaces saíron centrados e decididos a polo partido sen dar opcións aos visitantes.

AD Nicrariense 2 - Benxamín B 6
Victoria que nos afianza na primeira praza da clasificación. Encontro marcado polo mal tempo, onde o vento e a choiva fixo que os nosos rapaces comezaran con dúbidas. Co paso dos minutos comezaríamos a ser máis verticais e así chegarían as primeiras ocasións, as cales metializamos en goles. O rival acurtaría distanzas, nunha perda nosa a cal colleunos no campo contrario, algo que non nos faría dubidar para seguir xogando e mante-la calma.

CF Noia 9 - Benxamín C 0
Partido descompensado entre dous conxuntos cun nivel moi dispar entre eles. Os nosos dérono todo no campo e fixeron un gran partido, pero o nivel do rival tanto físico como técnico foi moi superior. Como única pega podemos dicir que calquera adestrador da nosa base non incentivaría a seu equipo para ter un ataque constante co único obxetivo de facer gol, gol, gol e máis gol...

CD Dodro 0 - Benxamín D 3
Partido entretido o xogado polo noso benxamín onde o resultado final decantouse cara o noso lado. Baixo unha intensa choiva e un campo anegado os nosos pequenos pelexaron por unha ansiada victoria. A disfrutar e a seguir aprendendo e medrando.

Alevín A 7 - Milladoiro SD 1
Bo partido dos nosos rapaces. Comezamos regular xa que nos primeiros tres minutos de partido xa concederamos 1 gol. Despois dese intre fomos pouquiño a pouco aumentando o noso nivel e fomos quen de acada-la vitoria.

SD O Pino 3 - Alevín B 8
Un gol tempraneiro dos locais obrigábanos a subi-la intensidade dende o primeiro intre. A través do balón parado fomos quen de darlle a volta ao marcador e, xa algo máis tranquilos, levamos o peso do partido cara onde nos quixemos.

Carreira CF 1 - Alevín C 4
Partido do noso Alevin C diante do segundo clasificado, na primeira metade non fomos capaces de impoñe-lo noso fútbol, sendo superados polo Carreira en tóda-las zonas do campo, así chegamos ao descanso cun 1-0 en contra. Na segunda metade saímos máis intensos e facéndonos donos do partido e conseguindo 4 goles que se quedaron curtos polos méritos feitos. O equipo acada así case a clasificación para a fase final. Agora a seguir traballando.

Puebla CF B 1 - Alevín D 6
Unha mañá de sábado marcada pola abundante chiva facía que o campo de Cadreche estivese impracticable. Malia isto, os nosos foron quen de sobrepoñerse e saca-lo partido adiante diante dun rival pragado de xogadores con pouca experiencia.

Alevín E 2 - SD Dubra B 1
Partido que afrontabamos con moitas ganas e ilusión e iso faria que dende o minuto 1 estiveramos con unha alta intensidade. A nosa idea dende un primer intre era a de ir arriba e non darlle chance ao rival, na primeira parte teriamos un par de ocasións de facer gol pero o porteiro faria un bo traballo e isto faria que foramos en tablas ao descanso. Pola sua parte, non tenían prácticamente ocasións de perigo pero na segunda metade comezariamos algo floxos e da ahí o primer gol d eles. Sen embargo o equipo sabería responde e xa na seguinte xogada fariamos o 1-1, seguiamos a ter ás ocasións pero non sería ata os dous últimos minutos cado metesemos o gol da victoria. Resultado xusto e pouco a pouco vaise vendo a mellora de todolos rapaces.

Racing de Ferrol 4 - Infantil A 0
Derrota do noso primeiro equipo infantil, que se complica o ascenso directo e aprétanse moitísimo os postos que dan acceso a fase de ascenso. Saiu o Racing moito máis metido no encontro, querendo o balón, mentras os nosos parecía que este queimaballe nos pés. Co paso do tempo o Berta logrou enlazar dúas contras que deron sensación de perigo. Pero realmente os locais estaban mellor, e no minuto 21 nun centro destes dende a dereita entre porteiro e defensa, un dos nosos defensores no intento de despexar manda o balón ao fondo da rede. Minutos despois, no 35 un disparo lonxano por parte do xogador racinguistas Hugo, colábase na nosa meta, preto do longueiro, e con ese resultado fómonos ao descanso. Na segunda metade, e tras varios trocos o Berta logra crear perigo cun par de cabalgadas, pero non servirían para batir ao meta local. Nembargantes, si serían capaces os nosos rivais, no minuto 72 Adrián e logo no 79 Arturo, este último estando xa o Berta con dez por lesión dun dos nosos mediapuntas.

Infantil B 8 - EFM Boiro B 0
Pese o resultado final, na primeira metade o equipo non acabou de saír todo o concentrado que debería, e o rival tivo 2 claras ocasións para adiantarse no marcador. A partires de ahí o equipo comezou a mellorar e Elihan coma sempre atento ás segundas xogadas subía o 1-0 ao marcador no minuto 23, collendo con vantaxe o camiño dos vestiarios. Na segunda metade os trocos e a boa actitude dos rapaces rematan ca resistenza do rival, e as ocasións e os goles chegan grazas ao dominio absoluto do partido por parte dos nosos. O equipo segue líder e xa pensa no vindeiro enfrontamento diante do Atlético Fátima.

Infantil C 2 - CD Rois 8
Recibiamos ao líder da categoría no municipal e o equipo comezaba forte tentando leva-lo peso do partido e como consecuencia dispoñíamos de varias ocasións moi claras de gol, dúas delas difícil comprender como non acabaron en gol. O partido mudaría de maneira radical cando no minuto 20 e tras un saque dende o curruncho, Mario tocaba o balón ca man dentro da área, sancionándose de forma correcta como penalti e expulsión. O Rois materializaba o penalti e adiantábase no marcador. A partires de ahí e cun home menos decidimos seguir ao ataque e pasamos a xogar con defensa de tres, pero en dúas transicións o Rois amplía a vantaxe e colocase cun 0-3. Nós seguíamos tendo ocasións e lograbamos reducir distanzas cun gol de Sebas. Pouco despois un golpeo de Nuno dende fóra da área acababa atopando o longueiro. Pouco despois noutra transición o Rois lograba o 1-4. A segunda parte comezámola moi fortes e dispoñemos dun par de ocasións, pero o que lograba amplia-la vantaxe era o rival. Tentámolo ata o final pero nos dez últimos minutos o cansanzo e o marcador adverso fixo que baixasemos os brazos e o Rois marcaba 3 goles seguidos que supuxeron un marcador final de 2-8. Bo partido a pesares do resultado, onde xogar cun menos dende o minuto 20 condiciona todo o partido. A seguir medrando.

Infantil D 1 - CF Vista Alegre 0
Partido bo no que fomos quen de facer moitas ocasións a un equipo rocoso que veu a Bertamiráns a non encaixar. Boa dinámica que tentaremos prolongar nos vindeiros encontros.

Cadete A 2 - Galicia Caranza 0
Partido serio do noso primeiro equipo cadete, que consegue 3 puntos importantes, alonxando a un rival directo na loita pola fase de ascenso. Empezou o encontro bastante igualado, vendo que o partido podía decidirse en pequenos detalles, o fútbol producíase moito no medio campo e polo tanto xerábanse poucas ocasións claras. Pero no minuto 32, Rodri recolle un pase profundo dentro da área rival, recibe a tarascada do central visitante e o colexiado pita pena máxima. Ésta lanzouna él mesmo no 33 e fai o primeiro gol, e co 1-0 fómonos ao descanso. Na segunda metade, o partido segue disputado, con accións en amba-las dúas áreas, pero sería Lio quen no minuto 78, quen logre batir ao meta visitante para face-lo 2-0 definitivo. Menciona-la boa actuación do noso meta, quen desbaratou probables ocasións de gol, pola súa boa labor na vixiancia as costas dos nosos defensas.

Cire Melide 6 - Cadete B 1
Partido no que polo visto na primeira parte feito polo noso equipo, o resultado non reflectiu o traballo amosado. Erros propios que lle dan a posibilidade ao rival de amosa-la gran pegada que teñen en ataque. Ningún dos goles se deu por xeración de xogo do rival, senon que concedéronse erros e o rival que ten moita pegada ofensiva non desperdiciou as súas oportunidades.

Cadete C 2 - SD Cruces 2
Mal partido do equipo. Puidemos facer máis diante dun equipo que se posicionou moi ben no terreo de xogo e que ademáis foi quen de materializa-las poucas ocasións das que dispuxo. Toca seguir formando e traballando.

Xuvenil A 6 - Viveiro CF 0
Partidazo do noso equipo xuvenil, sobre todo na primeira parte onde conseguiu unha vantaxe de 4 goles. Os nosos saíron moi serios e concentrados e apenas concederon ocasións ao rival e tamén foron quen de pisar con perigo a área rival durante todo o encontro. Así nada máis comeza-los 15 segundos de partido Rodri consegue o primeiro gol despois dunha gran xogada de Málvarez que consegue asistir a seu compañeiro. No minuto 8, Rodri consegue outro gol despois dunha gran xogada colectiva. Adri a saída dun saque dende o curruncho fai o terceiro, e Mauro cunha gran volea fixo o cuarto antes dos camiño dos vestiarios. Na segunda metade o euquipo non baixou o ritmo e foi quen de acadar outros dous goles. Tamén salientar que a xenta que saíu dende o banco de suplentes aportou coma se fosen titulares. Temos que seguir nesta liña para poder xogar a ansiada fase de ascenso.

Xuvenil B 2 - Milladoiro SD 3
Encontro pertencente a xornada 26donde se enfrontaron os dous equipos de Ames e con alternativas no marcador. . O encontro transcorria segundo o previsto e o palntexado. Coa posesión favorable ao Milladoiro e o Bertamiráns repregado esperando as súas oportunidades. Comezaríase adiantando o Bertamiráns nunha acción na que o dianteiro estivo listo para facerse cun balón que a defensa e o porteiro rival non se decidiron a despexar. O empate chegaría nunha acción desafortunada do porteiro local. Resultado co que se chegaria ao tempo de lecer grazas tamén a que o Milladoiro desperdiciou un penal. Despois do descanso o encontro mantívose co mesmo guión ata os minutos finais onde se produxo un toma e daca a partir do minuto 81 cun gol visitante e ao pouco o Betamiráns quédase con 10 pola indisposición dun xogador. A pesares de estar as cousas todas en contra, o equipo continuou pelexando e froito delo consegue o empate no 90. Mágoa que no tempo de desconto o Milladoiro consegue o 2-3 definitivo nunha acción a balán parado. Bo traballo sen premio. Toca seguir neste camiño.

Sénior 0 - Praíña SC 1
Este puido ser un partido que puxese distanzas notables na clasificación ou ben podía ser un partido que igualase máis aínda as cousas. O certo é que non foi, nin con moito, un partido aceptable pola nosa parte. Por un lado os nervos, por outro o rival... sexa como fose, non fomos quen de conseguir un resultado positivo para os nosos intereses. Toca seguir, estamos aí. Para a semana máis e mellor.

Gol de Rodri de penal para o Cadete A

Gol de Leo de falta para o PB A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal