Novas

Xornada 19/03/2023

Dura derrota do Xuvenil B en Porto do Son. O noso Xuvenil B sufreu unha dura derrota a domicilio diante dun rival directo na loita pola salvación en primeira autonómica; esperamos e desexamos que os rapaces se repoñan cedo deste varapalo e poidamos sumar de 3 en 3 canto antes para poder acada-la ansiada salvación.Por outra parte esta fin de semana non houbo liga en moitas categorías debido a festividade do día do pai, pero os que competiron acadaron bos resultados coma os equipos: Infantil A, Cadete A e Sénior. Benxamín B 6 - Milladoiro SD B 1 Partido moi espeso dos nosos, pero onde demostraron a súa superioridade técnica e física nesta liga e polo tanto volveron a impoñerse. Un partido para aprender dos erros e para mellorar na súa formación. Benxamín C 1 - CD Rois 3 Partido moi igualado onde os nosos non estiveron moi acertados cara a porta rival nas oportunidades xeradas, pero en cambio o rival si tivo unha efectividade maior, de ahí o resultado final. Seguimos a formar persoas e xogadores. Benxamín D 0 - Praíña SC B 4 Partido compricado pois chegabamos xustos de efectivos, e aínda así os rapaces fixeron un moi bo partido onde as diferenzas amosábanse nos metros finais. Moi contento co traballo dos rapaces e parabenizalos polo esforzo. Infantil A 2 - EF Lalín 0 Victoria importante contra o derradeiro clasificado, que permite o primeiro equipo da categoría seguir soñando có ascenso á división de honra. Empezou o encontro igualado, xa que podía chega-lo gol para calqueira dos dous equipos. Nembargantes có paso dos minutos, o Berta foise facendo dono deste, eso sí, facendo un fútbol lento e previsible, pero creando algunha clara ocasión de gol. Mencionar unha de Manu, que estando so na área grande, remata as máns do meta rival e outra de Pérez que despois dunha boa combinación remata ao poste dereito. A segunda metade tivo unha soa cor, chegou cunha pequena mellora para que o Berta tivera moitas máis ocasións, podendo deixar un resultado final moito máis abultado. Sería Pérez, nun saque de falta directo lateral, quen colgando un balón plano ao segundo pau e creando a dúbida se alguén remataba, logra mete-lo esférico directamente na meta do Lalín. Lucas que tivo varias ocasións ao longo do encontro para facer gol, sería o encargado de face-lo segundo e definitivo, nun centro dende a dereita que logra rematar de testa en parábola, sobrepasa ao meta contrario e cólase preto do longueiro. At. Fátima 1 - Infantil B 2 Tres puntos moi traballados por todo o equipo que loitou ata ao pitido final nun campo impracticable.Condicionados pola mellor adaptación do rival ao campo de terra, charcos, e xogo directo o equipo puxo o mono de traballo e mudou o súa forma de xogar. Ante a imposibilidade de rasea-lo balón, os balóns divididos foron chave para intentar facerse co control do partido pero nin eles nin nós fomos quen de ter ese control. Así entrou en xogo o balón parado, e o equipo sacou petróleo de dúas accións para gaña-lo encontro. No minuto 16 tras un gran saque dende o curruncho por parte de Pla, testarazo inapelable de Álex á base do segundo pau sen opción para o porteiro. Así chegamos ao descanso e na reanudación o rival empurra e fruto dese empurre, un mal dspexe pola nosa parte aproveitouno Lucas no minuto 60 para poñer as táboas no taboleiro. Pero este equipo non se rinde, e tras unha gran acción de Eli, que xa encaraba o pico da área, o rival vese na obriga de facer falta. Para que Noya no minuto 75 dese os tres puntos tras un maxistral saque de falta que se colou polo segundo pao da portería que defendía Lucas. Seguemos liderando a clasificación, e agora a pensar xa no ADN, vindeiro rival. Carreira CF 0 - Infantil C 2 Partido cómodo para o noso infantil onde se viron cousas ensaidas durante toda a tempada pero síguenos a faltar precisión na execución. Fomos quen de xerar moitas ocasións de gol pero cústanos materializalas. No aspecto defensivo non demos opcións ao noso rival onde non pasamos apuros. A seguir traballando aqueles aspectos a mellorar e reforzar todo o que ca temos aprendido. SD Compostela B 4 - Infantil D 0 O equipo saleu ilusionado e foi quen de plantarlle cara a un gran equipo, un dos favoritos para ascender. Nos primeiros 10 minutos encaixamos dous goles ambos ao contraataque por perder dous balóns en zonas perigosas. A pesares dos 4 goles encaixados o equipo traballou e non escatimou no esforzo. Este é o camiño a seguir. Cadete A 5 - SD Viveiro 0 Clara victoria do noso primeiro equipo da categoría, que segue aguantando o tirón do líder. Iniciou o encontro dubidativo o noso equipo, e pronto viría un erro na defensa, propiciando que o dianteiro rival quede só diante de Pablo e remate por fóra preto do pau esquerdo. Co paso dos minutos o Berta foise facendo có encontro, acumulando ocasións e cedo chegou o primeiro gol, no minuto 11, gol en propia porta dun defensa visitante. No resto da primeira metade, o Berta non conseguiría aproveitar ningunha ocasión máis, marchando aos vestiarios có 1-0. Na segunda metade, o Berta sube o ritmo, e o pouco da reanudación, no minuto 42 Rodri faría o 2-0. Pouco a pouco o Berta acumula ocasións e vai materializando boa parte delas, así no minuto 56 Mateo nun tiro cruzado fai o 3-0. No 67, Rodri deixa o selo dun bo encontro, facendo o seu segundo gol e o cuarto do encontro. Mencionar tamén que no minuto 66 debuta Lucas na liga e có tempo cumprido fai o 5-0 para os locais, despois dunha asistencia de Rodri preto da liña de gol. A seguir loitando. Cadete B 2 - Cidade de Ribeira CF 8 Rival moi superior que dende o primeiro minuto de xogo non nos dou ningunha opcion. A seguir traballando!! ED Xuventú Oroso C 1 - Cadete C 1 Partido moi intenso sempre que nos enfrentamos a este equipo. Na segunda metade puidemos chegar a sumar máis pero o porteiro rival evitou a nosa victoria grazas a grande actuación que desempeñou. Seguimos formando xogadores e persoas. Imperator OAR 0 - Xuvenil A 0 Bo partido en xeral o disputado polos nosos no campo da Grela, a única pega foi as poucas ocasións claras xeradas e que aínda por riba non fomos quen de materializar. O equipo estivo ben en defensa e apenas sufriu ocasións en contra, pero pola contra estivo moi lento na elaboración do xogo e tamén moi partido, xa que a distanza entre liñas era moi grande, quizáis influidos polo tamaño do terreo de xogo. O rival tamén se defendeu ben e foi un equipo "rocoso" o que foi moi complicado facerlle ocasións de gol. Debemos de mellorar cando xoguemos fóra da casa e saber adaptarnos ás diferentes medidas dos terreos de xogo, agora hai que sacar unha victoria na casa para facer bo o punto que trouxemos da Coruña. Porto do Son CF 4 - Xuvenil B 3 Encontro disputado na tarde do sábado que comeza cun par de ocasións ao noso favor. Pero nunha contra o rival consegue adiantarse. Pero en lugra de virse abaixo, o equipo permaneceu cunha boa actitude e buscando supera-lo rival, froito disto consegue remontar en 2 minutos cun gol de estratexia e outro de xogada colectiva para chegar ao descanso co favorable 1-2. Tra-lo tempo de lecer o equipo está mais cómodo no campo, tendo o control do encontro, ata que no minuto 75, noutra contra, o rival consegue igualar; e en 7 minutos foi quen de facer 2 contras mais para poñe-lo marcador 4-2. Nos intres finais xa máis pola rabia téntase recurtar distanza, logrando o gol no desconto. Unha vez máis (e van 3 seguidas) escápanse os puntos no tramo final. Toca seguir traballando máis unidos ca nunca. SD Exclavitud 0 - Sénior 2 Despois do golpe recibido o domingo pasado, esta finde tocaba levantarse e voltar a amosar o que verdadeiramente somos, e así o fixemos. Nunca se xogou, nin se xogará, o partido perfecto, ese no cal non cometes erros, nin sequera un. Partindo de tal premisa, asumindo que erraremos, podemos dicir que este foi un moi bo partido. No relacionado co ataque organizado, nas fases de iniciación e xestación, perdemos moi poucas veces a posesión do balón por erros relacionados coa interpretación ou coa execución. Sendo o resultado o que é, podemos dicir que o motivo foi a nosa fase de finalización, se estivésemos acertados nesta faceta o resultado sería máis abultado. Case non se produciron situacións de transición ataque-defensa potencialmente perigrosas e vivenciamos moi poucos contextos de defensa organizada. Isto é unha moi boa nova pero tamén implicou non poder facer transición defensa-ataque, cousa que acostumamos a executar decentemente. Parabéns a todos. Para a semana máis!! Gol de falta lateral de Pérez na victoria do Infantil A Gol de Rodri na victoria do Cadete A. os nosos colaboradores os nosos colaboradores

Xornada 12/03/2023

O Alevín E segue na senda da victoria Por fin o noso Alevín E atopou o seu fútbol e esta fin de semana acadou a súa segunda victoria da tempada. Esto demostra o bo traballo que se realiza na nosa base, xa que este grupo de xogadores inexpertos pouco a pouco co seu traballo semanal nos adestramentos van conseguindo mellorar, parabenizar tamén a seus adestradores polo traballo realizado con este fantástico grupo. Biberón A 4 - SD Dubra 0 Gran partido dos nosos, onde fomos superiores nas catro partes, dominando en todo momento o balón e conseguindo combinar para chegar a área rival. Crocha Balompé CF 0 - PB A 6 Partido do noso Prebenxamín A diante dun Crocha que puxo as cousas moi complicadas sobre todo na primeira metade na que non puidemos face-lo noso fútbol. Na segunda metade fomos ós poucos facéndonos donos do balón e do xogo en tóda-las zonas do campo, ben é certo que as baixas de algúns xogadores notámolas en demasía. Agora toca seguir traballando para o vindeiro encontro. CD Sar Extramundi 9 - PB B 2 Partido repetido coma moitos dos últimos, onde competimos moi ben dende o inicio, tendo ocasións e apretando ó rival cun resultado moi igualado, pero que co paso dos minutos penalizanos seres xogadores de primeiro ano o que implica unha diferenza física importante. Moi ben xogado por fases e esperando que nos vindeiros partidos da nosa liga, poidamos dar ese pasiño adiante e poder acada-la primeira e merecida victoria. (FUTSAL) Jogafán Ordes FS 0 - PB B 2 Partido sen moita historia o xogado esta semana do noso PB onde quedou manifesto o bo nivel dos nosos, acadando o primeiro posto do grupo, nesta fase, onde o equipo rematou invicto. O partido comenzou cun marcador moi claro nos dous primeiros tempos o que permitiu probar moitas das cousas adestradas durante os últimos meses. O mellor de todo foi que os nenos non se mancaran nunha pista que co paso dos minutos fíxose moi perigosa pola humidade. Benxamín A 12 - Milladoiro SD 2 Día chuvioso no que os rapaces saíron centrados e decididos a polo partido sen dar opcións aos visitantes. AD Nicrariense 2 - Benxamín B 6 Victoria que nos afianza na primeira praza da clasificación. Encontro marcado polo mal tempo, onde o vento e a choiva fixo que os nosos rapaces comezaran con dúbidas. Co paso dos minutos comezaríamos a ser máis verticais e así chegarían as primeiras ocasións, as cales metializamos en goles. O rival acurtaría distanzas, nunha perda nosa a cal colleunos no campo contrario, algo que non nos faría dubidar para seguir xogando e mante-la calma. CF Noia 9 - Benxamín C 0 Partido descompensado entre dous conxuntos cun nivel moi dispar entre eles. Os nosos dérono todo no campo e fixeron un gran partido, pero o nivel do rival tanto físico como técnico foi moi superior. Como única pega podemos dicir que calquera adestrador da nosa base non incentivaría a seu equipo para ter un ataque constante co único obxetivo de facer gol, gol, gol e máis gol... CD Dodro 0 - Benxamín D 3 Partido entretido o xogado polo noso benxamín onde o resultado final decantouse cara o noso lado. Baixo unha intensa choiva e un campo anegado os nosos pequenos pelexaron por unha ansiada victoria. A disfrutar e a seguir aprendendo e medrando. Alevín A 7 - Milladoiro SD 1 Bo partido dos nosos rapaces. Comezamos regular xa que nos primeiros tres minutos de partido xa concederamos 1 gol. Despois dese intre fomos pouquiño a pouco aumentando o noso nivel e fomos quen de acada-la vitoria. SD O Pino 3 - Alevín B 8 Un gol tempraneiro dos locais obrigábanos a subi-la intensidade dende o primeiro intre. A través do balón parado fomos quen de darlle a volta ao marcador e, xa algo máis tranquilos, levamos o peso do partido cara onde nos quixemos. Carreira CF 1 - Alevín C 4 Partido do noso Alevin C diante do segundo clasificado, na primeira metade non fomos capaces de impoñe-lo noso fútbol, sendo superados polo Carreira en tóda-las zonas do campo, así chegamos ao descanso cun 1-0 en contra. Na segunda metade saímos máis intensos e facéndonos donos do partido e conseguindo 4 goles que se quedaron curtos polos méritos feitos. O equipo acada así case a clasificación para a fase final. Agora a seguir traballando. Puebla CF B 1 - Alevín D 6 Unha mañá de sábado marcada pola abundante chiva facía que o campo de Cadreche estivese impracticable. Malia isto, os nosos foron quen de sobrepoñerse e saca-lo partido adiante diante dun rival pragado de xogadores con pouca experiencia. Alevín E 2 - SD Dubra B 1 Partido que afrontabamos con moitas ganas e ilusión e iso faria que dende o minuto 1 estiveramos con unha alta intensidade. A nosa idea dende un primer intre era a de ir arriba e non darlle chance ao rival, na primeira parte teriamos un par de ocasións de facer gol pero o porteiro faria un bo traballo e isto faria que foramos en tablas ao descanso. Pola sua parte, non tenían prácticamente ocasións de perigo pero na segunda metade comezariamos algo floxos e da ahí o primer gol d eles. Sen embargo o equipo sabería responde e xa na seguinte xogada fariamos o 1-1, seguiamos a ter ás ocasións pero non sería ata os dous últimos minutos cado metesemos o gol da victoria. Resultado xusto e pouco a pouco vaise vendo a mellora de todolos rapaces. Racing de Ferrol 4 - Infantil A 0 Derrota do noso primeiro equipo infantil, que se complica o ascenso directo e aprétanse moitísimo os postos que dan acceso a fase de ascenso. Saiu o Racing moito máis metido no encontro, querendo o balón, mentras os nosos parecía que este queimaballe nos pés. Co paso do tempo o Berta logrou enlazar dúas contras que deron sensación de perigo. Pero realmente os locais estaban mellor, e no minuto 21 nun centro destes dende a dereita entre porteiro e defensa, un dos nosos defensores no intento de despexar manda o balón ao fondo da rede. Minutos despois, no 35 un disparo lonxano por parte do xogador racinguistas Hugo, colábase na nosa meta, preto do longueiro, e con ese resultado fómonos ao descanso.Na segunda metade, e tras varios trocos o Berta logra crear perigo cun par de cabalgadas, pero non servirían para batir ao meta local. Nembargantes, si serían capaces os nosos rivais, no minuto 72 Adrián e logo no 79 Arturo, este último estando xa o Berta con dez por lesión dun dos nosos mediapuntas. Infantil B 8 - EFM Boiro B 0 Pese o resultado final, na primeira metade o equipo non acabou de saír todo o concentrado que debería, e o rival tivo 2 claras ocasións para adiantarse no marcador. A partires de ahí o equipo comezou a mellorar e Elihan coma sempre atento ás segundas xogadas subía o 1-0 ao marcador no minuto 23, collendo con vantaxe o camiño dos vestiarios. Na segunda metade os trocos e a boa actitude dos rapaces rematan ca resistenza do rival, e as ocasións e os goles chegan grazas ao dominio absoluto do partido por parte dos nosos. O equipo segue líder e xa pensa no vindeiro enfrontamento diante do Atlético Fátima. Infantil C 2 - CD Rois 8 Recibiamos ao líder da categoría no municipal e o equipo comezaba forte tentando leva-lo peso do partido e como consecuencia dispoñíamos de varias ocasións moi claras de gol, dúas delas difícil comprender como non acabaron en gol. O partido mudaría de maneira radical cando no minuto 20 e tras un saque dende o curruncho, Mario tocaba o balón ca man dentro da área, sancionándose de forma correcta como penalti e expulsión. O Rois materializaba o penalti e adiantábase no marcador. A partires de ahí e cun home menos decidimos seguir ao ataque e pasamos a xogar con defensa de tres, pero en dúas transicións o Rois amplía a vantaxe e colocase cun 0-3. Nós seguíamos tendo ocasións e lograbamos reducir distanzas cun gol de Sebas. Pouco despois un golpeo de Nuno dende fóra da área acababa atopando o longueiro. Pouco despois noutra transición o Rois lograba o 1-4. A segunda parte comezámola moi fortes e dispoñemos dun par de ocasións, pero o que lograba amplia-la vantaxeera o rival. Tentámolo ata o final pero nos dez últimos minutos o cansanzo e o marcador adverso fixo que baixasemos os brazos e o Rois marcaba 3 goles seguidos que supuxeron un marcador final de 2-8. Bo partido a pesares do resultado, onde xogar cun menos dende o minuto 20 condiciona todo o partido. A seguir medrando. Infantil D 1 - CF Vista Alegre 0 Partido bo no que fomos quen de facer moitas ocasións a un equipo rocoso que veu a Bertamiráns a non encaixar. Boa dinámica que tentaremos prolongar nos vindeiros encontros. Cadete A 2 - Galicia Caranza 0 Partido serio do noso primeiro equipo cadete, que consegue 3 puntos importantes, alonxando a un rival directo na loita pola fase de ascenso. Empezou o encontro bastante igualado, vendo que o partido podía decidirse en pequenos detalles, o fútbol producíase moito no medio campo e polo tanto xerábanse poucas ocasións claras. Pero no minuto 32, Rodri recolle un pase profundo dentro da área rival, recibe a tarascada do central visitante e o colexiado pita pena máxima. Ésta lanzouna él mesmo no 33 e fai o primeiro gol, e co 1-0 fómonos ao descanso. Na segunda metade, o partido segue disputado, con accións en amba-las dúas áreas, pero sería Lio quen no minuto 78, quen logre batir ao meta visitante para face-lo2-0 definitivo. Menciona-la boa actuación do noso meta, quen desbaratou probables ocasións de gol, pola súa boa labor na vixiancia as costas dos nosos defensas. Cire Melide 6 - Cadete B 1 Partido no que polo visto na primeira parte feito polo noso equipo, o resultado non reflectiu o traballo amosado. Erros propios que lle dan a posibilidade ao rival de amosa-la gran pegada que teñen en ataque. Ningún dos goles se deu por xeración de xogo do rival, senon que concedéronse erros e o rival que ten moita pegada ofensiva non desperdiciou as súas oportunidades. Cadete C 2 - SD Cruces 2 Mal partido do equipo. Puidemos facer máis diante dun equipo que se posicionou moi ben no terreo de xogo e que ademáis foi quen de materializa-las poucas ocasións das que dispuxo. Toca seguir formando e traballando. Xuvenil A 6 - Viveiro CF 0 Partidazo do noso equipo xuvenil, sobre todo na primeira parte onde conseguiu unha vantaxe de 4 goles. Os nosos saíron moi serios e concentrados e apenas concederon ocasións ao rival e tamén foron quen de pisar con perigo a área rival durante todo o encontro. Así nada máis comeza-los 15 segundos de partido Rodri consegue o primeiro gol despois dunha gran xogada de Málvarez que consegue asistir a seu compañeiro. No minuto 8, Rodri consegue outro gol despois dunha gran xogada colectiva. Adri a saída dun saque dende o curruncho fai o terceiro, e Mauro cunha gran volea fixo o cuarto antes dos camiño dos vestiarios. Na segunda metade o euquipo non baixou o ritmo e foi quen de acadar outros dous goles. Tamén salientar que a xenta que saíu dende o banco de suplentes aportou coma se fosen titulares.Temos que seguir nesta liña para poder xogar a ansiada fase de ascenso. Xuvenil B 2 - Milladoiro SD 3 Encontro pertencente a xornada 26donde se enfrontaron os dous equipos de Ames e con alternativas no marcador. . O encontro transcorria segundo o previsto e o palntexado. Coa posesión favorable ao Milladoiro e o Bertamiráns repregado esperando as súas oportunidades. Comezaríase adiantando o Bertamiráns nunha acción na que o dianteiro estivo listo para facerse cun balón que a defensa e o porteiro rival non se decidiron a despexar. O empate chegaría nunha acción desafortunada do porteiro local. Resultado co que se chegaria ao tempo de lecer grazas tamén a que o Milladoiro desperdiciou un penal. Despois do descanso o encontro mantívose co mesmo guión ata os minutos finais onde se produxo un toma e daca a partir do minuto 81 cun gol visitante e ao pouco o Betamiráns quédase con 10 pola indisposición dun xogador. A pesares de estar as cousas todas en contra, o equipo continuou pelexando e froito delo consegue o empate no 90. Mágoa que no tempo de desconto o Milladoiro consegue o 2-3 definitivo nunha acción a balán parado. Bo traballo sen premio. Toca seguir neste camiño. Sénior 0 - Praíña SC 1 Este puido ser un partido que puxese distanzas notables na clasificación ou ben podía ser un partido que igualase máis aínda as cousas. O certo é que non foi, nin con moito, un partido aceptable pola nosa parte. Por un lado os nervos, por outro o rival... sexa como fose, non fomos quen de conseguir un resultado positivo para os nosos intereses. Toca seguir, estamos aí. Para a semana máis e mellor. Gol de Rodri de penal para o Cadete A Gol de Leo de falta para o PB A.

Xornada 12/02/2023

Victoria do Sénior no derbi diante do UD Bastavales Victoria moi sufrida do Sénior diante dun dos seus máis acérrimos rivais a UD Bastavales no campo de Brión. Ademáis salientamos a victoria do Biberón A diante do Villestro B, os nosos xogadores máis noveis comezan a camiñar pola senda do triunfo. Biberón A 2 - SD Villestro B 1 Partido moi bo dos nosos, onde foron quen de levarse o partido despois de ter que poñerse por diante no marcador dúas veces. SR Calo 4 - Biberón B 0 Partido moi difícil para os nosos xogadores xa que o seu rival tiña xogadores de segundo ano, os nosos non puideron facer nada xa que prácticamente non tiraron a portería, eles chegaban moi rápido a nosa portería xa que tiñan tres xogadores que destacaban por riba de todos sendo físicamente superiores. PB A 2 - EFM Concello de Boiro 2 Partido do noso Prebenxamín A diante do Boiro, no que a primeira parte estivemos moi mal sobre todo en defensa con perdas de marca en moitos intres o que implicou que concedaremos varias ocasións, en ataque estivemos moi acertados na presión tras perda de balón. Na segunda metade axustamos moito mellor en defensa as marcas o que se traduciu en conseguir unha vantaxe de 2 a 1, ademáis o árbitro anulounos un gol por fóra de xogo que significaba unha vantaxe de dous goles a falta de moi pouco para remata-lo encontro. Nos intres finais unha perda de balón supuxo o gol do empate do riva. Temos que seguir neste camiño. PB B 2 - Cidade de Ribeira CF 15 Partido adiantado ao mércores o xogado polo noso equipo na que quedou clara a diferenza entre o nivel físico de ambo-los dous conxuntos no marcador. Aínda así, ata o descanso o partido tivo momentos de moita igualdade, ocasións polas dúas partes e ata tivemos 2 tiros ós paos para ter ben apretado o resulatado parcial do primeiro tempo. Na continuación xa foi outra historia e os de Ribeira, con algún xogador de moi bo nivel, amosaron a súa superioridade non quedando outra cousa que felicitalos pola victoria e seguir traballando para mellorar. (FUTSAL) La Salle 0 - PB B 3 Partido cómodo o xogado polo noso equipo na matinal deste Domingo que rematou cun resultado claro debido ó bo xogo despregado ó longo de todo o tempo; e onde se puido disfrutar de moi boas xogadas combinativas dos nosos xogadores. Agora todos a descansar e disfrutar do Entroido. ED Xuventú Oroso 5 - Benxamín A 1 Resultado abultado o visto na mañá de Domingo no Lino Balado. Os nosos saíron concentrados e apenas lle concederon ocasións ao líder. Mediada a primeira parte temos unha ocasión clara e poucos minutos despois outra. O fútbol é caprichoso, e por non mete-las nosas, na derradeira xogada da primeira parte recibimos o 1-0, nun saque dende o curruncho que metemos en propia porta. Así é este deporte, tentamos muda-lo plantexamento e non fomos quen de axustar ben as distanzas e o Oroso si foi quen de chegar con máis claridade. A pesares da derrota o traballo foi bo. Boas sensación para continuar e tratar de remata-lo máis alto posible na clasificación. CF Noia B 0 - Benxamín B 11 Encontro nunha calorosa tarde na Vila de Noia. Saímos enchufados, e axiña se viron as gañas por xogar dos rapaces, os cales iríanse rotando todos de posición, para o seu futuro aprendizaxe. Puebla FC 3 - Benxamín C 2 Partido moi intenso onde os xogadores déronno todo pero topáronse cun xogador rival que ten unha calidade maxistral para executa-las faltas, o que se traducir en dous goles, ademáis sacou un saque dende o curruncho excelente para que un compañeiro conseguise o terceiro gol. O equipo competiu pero ante esta circunstancia non conseguiu nada positivo. Seguimos a formar. UD Bastavales 5 - Benxamín D 0 Visitabamos o sábado aos nosos veciños de Bastavales que se levaron a victoria de maneira xusta. Non fomos quen en ningun intre de entrar no partido, nin a nivel ofensivo nin defensivo. Temos que seguir traballando para ir evolucionando e entendelo que pretendemos facer tanto con balón coma sen el. ED Xuventú Oroso 2 - Alevín A 1 Bo partido do noso equipo diante do líder da categoría. Fixemos un esforzo mental e físico enorme. Cometimos moi poucos erros e fomos quen de conceder moi poucas ocasións de gol. A nivel defensivo estivemos moi serios, non especialmente rápidos á hora de tomar de decisións pero interpretamos moi ben as situacións a resolver. A nivel ofensivo quizáis algo imprecisos, preo conseguimos dispoñer de bastantes situacións de gol anque algunha ocasión menos de gol das que nos gustaría. Alevín B 7 - ACD ED Arzúa 2 Estes días tan soleados de inverno traen consigo unhas boas xeadas nocturnas, o que ía facer que atopásemos o Municipal cuberto cun manto branco coma se houbese nevado ata ben entrada a segunda metade. Adiantámonos no marcador no minuto 1 e a partires de ahí comezamos a crer que teríamos un partido sinxelo pero que se foi complicando co paso dos minutos. O campo non axudaba a que as nosas entregas e controles foran as mellores, e ata que o sol non quitou esa capiña de xeada as imprecisións ocorrían por ambos lados. Antonio e Aaron foron os donos do partido na segunda parte, e polas súas botas pasou todo o xogo ofensivo do equipo que tras unha boa segunda metade, acadaría o resultado final de 7-2. Alevín C 7 - Carreira CF B 1 Partido do noso Alevín C diante do pecha cancelas, no que saímos moi metidos no partido conquerindo ventaxa moi cedo no marcador, así non dando ningún tipo de posibilidades ao contrario; o resto do partido foi claramente dominado polos nosos rapaces. Agora a seguir nesta liña de traballo. Alevín D 1 - EFM Concello de Boiro C 6 A pesares do resultado, os nosos nenos fixeron un dos mellores partidos no que vai de tempada. Íamos gañando ao descanso, pero o ritmo de partido que impuxo o rival, ademáis de seren superiores a nós físicamente, fixo que a 15' do final, lle desen a volta ao marcador. Xa un pouco desconectados do partido e buscando empatar, ían chegar os goles do rival nas contras. O equipo compite máis ordenado e serio cada fin de semana e iso é co que nos temos que quedar. UD Bastavales 2 - Alevín E 2 Comezabamos o partido serios e con bo detalles en ataque pero algo frouxos na liña defensiva e iso faría que o partida estivera sempre moi tenso. A pesares diso seríamos quen de ter máis ocasións e irnos ao descanso cun 0-1 a favor. Pero na segunda metade aínda que marcamos cedo o segundo gol, volveríamos a cometer os mesmos erros do último partido, baixaríamos moito a intensidade e ademáis regalaríamoslles dous goles. Temos que seguir traballando para non cometer ese tipo de erros e para seguir nunha evolución ascendente. Imperator OAR 0 - Infantil A 5 Mal partido do noso primeiro equipo da categoría, pero a notoria diferencia entre ambo-los dous equipos foi suficiente para levar tres puntos importantes para seguir mandando na táboa clasificatoria. Comezou a primeira parte con constantes erros por ambo-los dous equipos, e moitas das ocasións sería máis ben por erros defensivos que por acertos ofensivos. Así no minuto 4 chegaría a primeira ocasión do encontro, erro de Carlos que propicia a cabalgada pola parte dereita do extremo desa zona, que acaba disparando e Marco bloca co peito o esférico. A partires de ahí as ocasións claras serían por parte do noso equipo, a primeira sería de Santi, nun remate coa testa, nun centro a balón parado dende a esquerda, que vaise por riba do longueiro. A seguinte teríamola no minuto 10, nunha cabalgada con moitísima potencia por parte de David, que preto da liña de fondo, saca un bo centro e Lucas remata ca testa por riba da meta contraria. Seguía o Berta creando ocasións, a base de centros a área, e no minuto 23 noutro deles, Pérez remata e envía o balón o fondo das redes, pero anulase o gol por estar éste en fóra de xogo. A seguinte ocasión, e última a mencionar na primeira metade, sería para o Imperator, nun balón en longo, no que volta a fallar a nosa defensa, éste recolleo novamente o extremo dereito, vaise cara a portería, e finaliza cruzando en exceso o esférico. A primeira parte finaliza co mesmo resultado que comezou 0-0. A segunda parte comeza igual, moi cedo teria o Berta a primeira ocasión, no minuto 41, Álex pon un centro dende a esquerda que Diego remata preto do poste dereito da meta local. Tiña que chega-lo gol, e coma non, nun balón aéreo, a balón parado, a defensa non acerta a despexar e Pérez na area pequena remata sinxelo ao fondo das mallas. Seguiríao tentanto o Berta e así no minuto 60, Álex é derrubado na área, penalti que el mesmo transforma un minuto despois. A partires destes intres o Berta faríase co encontro, os trocos aportarian aire fresco, así Manu no minuto 73, o pouco de entrares no campo, nun saque dende o curruncho executado en curto, saca un disparo preciso ao pau lonxano, e logra un gol de fermosa factura. Un minuto despois, Fabio, que tamén saltou ao terreo de xogo uns intres antes, fixo o cuarto, cun disparo dende a frontal da área. O quinto e definitivo faríao Xurxo, que tamén entrou ao campo no segundo parcial do encontro, nun pase en profundidade que recolle preto da meta rival, avanza con él e dentro da área finaliza enviando o balón ao fondo da rede. Desexamos sorte e melloría para os nosos para a próxima semán, xa que enfrontaranse na casa ao segundo clasificado, un equipo cun moi bo trato de balón. AD Manuel Peleteiro 1 - Infantil B 4 Partido duro por parte do rival que acabou con dous expulsados e varios cartóns amarelos debido a unha sobrexcitación que ninguén entedeu salvo eles. O equipo dominaba o xogo nun campo cunhas dimensións ridículas que só beneficiaba ao rival, que se adicaba a destrui-lo xogo a base de patadas. Sen pasar perigo un balón longo que propiciou unha falta de entendemento entre o noso central e o porteiro pon o 1-0 no marcador, o equipo reacciona de seguido e por medio de Eli empata no minuto seguinte para finaliza-la primeira parte con empate no marcador. A segunda metade transcorreu do mesmo xeito, nos levando o peso do xogo e creando ocasions, e o rival cortando todo intento de xogar a base de xogo duro, aínda asi Eli de novo cunha gran finalizació npon o 1-2 no taboleiro. Neste intre é cando o colexiado comeza a tomar decisións e expulsa o primeiro xogador, saca cartóns para curta-la dureza e malos modos do Peleteiro. Outra falta na frontal da área propicia o 1-3 de falta directa por parte de Noya a partires dese intre o rival desquíciase chegando a segunda expulsión e xa preto do final Darío finaliza outra gran xogada colocando o definitivo 1-4. O equipo recupera o liderado da competición e segue con paso firme na loita polo ascenso. Infantil C 2 - Crocha Balompé CF 2 Partido moi intenso e emocionante o disputado contra un rival directo polos postos punteiros da táboa clasificatoria. Intuíamos como ía a se-lo partido e non defraudou. Comenzabamos ben cun par de ocasións por banda dereita que non acabaron en gol por falta de fortuna, pero sería o Crocha quen se adiantaría no marcador tras un erro en saída de balón. Empataríamos cedo e pouco despois teríamos outra ocasión clara nun disparo que despois de tocalo o porteiro vai a cepa do pau. Acababa a primeira parte con boas sensacións a pesares de que o partido estaba aberto. A segunda parte seguía igual que a primeira onde dispoñemos dunha ocasión clarísima para adiantarnos no marcador pero de maneira incomprensible non entra entre os tres paus. Nese intre viase máis preto o noso gol que o do rival pero un golpeo lonxano acaba en gol. Fómonos arriba a polo empate e tras múltiples ocasións logramo-lo premio menor do empate no tempo de desconto. Moi bo partido o disputado por ambo-los dous equipos que foron a por todo e deron espectáculo e deixáronno todo no campo ata o pitido final. Infantil D 8 - SD Amio B 0 Partido sen moita historia, onde propuxemos a nosa idea dende principio a fin. Non sufrimos ningunha ocasión por parte do rival e fomos quen de representar moitas veces certas estructuras traballadas. Estamos no camiño correcto, hai que seguir! Cadete A 4 - Imperator OAR 1 O noso primeiro equipo da categoría recupera a senda da victoria para seguir na loita polo ascenso. Parecia comezar ben o encontro para os nosos, así no primeiro minuto, unha incursión pola banda dereita e centro que remata cá esquerda Pablote as mans do meta visitante. Pero foi un espellismo, porque non sería ata o minuto 20 cando Rodri recolle un balón na parte dereita do ataque, fai un sombreiro ao defensa, vaise cara a porta e golpea raso cá esquerda, batendo por baixo o pau curto do meta contrario. O partido segue trabado, moito fútbol no medio campo pero poucas ocasións, ata que no minuto 33, o extremo dereito visitante, Mamadou, recolle un balón botando co noso equipo aberto, golpea forte dende uns 30 metros, sobrepasa por arriba a Pablo e golazo. Fómonos ao descanso co 1-1. O inicio da segunda parte sería igual ca anterior, cunha incursión por banda esquerda, centro ao segundo pau e Suárez con todo a favor, bota o balón fóra. Pouco a pouco o Berta foise facendo co encontro e as ocasións ían chegando. Así no minuto 60 Rodri volta a recoller un balón na área e bate ca perna dereita ao meta visitante na media saída. Pouco despois no minuto 68, chegaría o 3-1 nunha contra rápida pola banda dereita que leva a cabo Mateo, o cal finaliza e o porteiro repele o disparo, pero cae no segundo pau nos pés de Diego que marca a pracer. O Berta vaise facendo dono do partido, e así no minuto 73, chegaría o gol da tranquilidade, nunha boa xogada pola banda dereita, tocando o balón dentro e a fóra constantemente e o final un pase que recolle Lio dentro da área, remata co interior da perna dereita e manda o balón ao fondo da rede. Tres puntos importantes para levanta-la moral do equipo. Cadete B 1 - CD Conxo Santiago C 0 Partido moi cedo o xogado polo noso cadete este Domingo fronte ao Conxo Santiago, equipo trampa que aínda que iba abaixo sabíamos que nos poderían poñer en apretos en calquera momento. Saímos ao campo con moi pouco ritmo sobretodo na faceta ofensiva, polo que nos custaba moito sorprender ao rival para crear claras ocasións de gol. A mellor noticia da mañá foi a victoria e outro partido máis coa portería a 0. Partido bastante malo o xogado polo noso cadete B. Seguimos coa racha de victorias e agora chegamos á parte máis importante da tempada, onde xa nos enfrontaremos cos equipos de arriba e buscaremos continuar coa racha para meternos nos postos de playoff. A semana que ven visitaremos ao Victoria, equipo que vai detrás nosa a 4 puntos. A continuar traballando e mellorando rapaces!!!! Cadete C 2 - AD Manuel Peleteiro 2 Partido moi disputado ondo non fomos quen de mellora-lo resultado a pesares dos tres paus que tivemos e de varias ocasións claras de gol. Empate que sabe a pouco e con este mal sabor de boca de recibi-lo gol do empate nos intres finais do encontro mediante unha falta. Seguimos traballando e formando. Xuvenil A 1 - E. Estrada FB 0 Partido moi intenso e trepidante o disputado na tarde do Sábado no Municipal de Bertamiráns. Comezou moi ben o noso Xuevnil A, xa que nos primeiros minutos gozaba de oasións claras para marcar; así no minuto 3 Málvarez facía o 1-0 despois de rematar na área pequena un saque dende o curruncho botado por Rodri. O rival amosou unha intensidade moito máis agresiva da que presentou no partido de ida e iso provocaba que os nosos non foran quen de remata-las xogadas dunha maneira sinxela. No minuto 15 despois de unha boa xogada colectiva na que o equipo conseguiu move-lo balón en amplitude e profundidade, Rodri remata só dentro da área pero envía o balón por riba do longueiro. O equipo estivo ben en defensa e soubo aborta-las chegadas do equipo rival que non foi quen de ter ocasións claras. Co 1-0 marchamos camiño dos vestiarios. Na segunda metada o partido seguiu coa mesma tónica pero agora as achegas dos locais non eran tan claras, ademáis o dianteiro Málvarez resíntese dunhas molestias previas e foi substituido por Ferreiro no minuto 62. No minuto 75 o partido complícase despois dunha xusta expulsión por cartón vermello directo a Dopazo despois de unha patada por detrás a un rival; o equipo aquí tivo que reorganizarse pero soubo contragolpear e ter as ocasións máis claras da segunda metade, primeiro cun disparo de Ferreiro que marcha lambendo o poste esquerdo do porteiro, despois de pelexar e conseguir unha boa xogada individual por velocidade e forza, e despois outra nas botas de Mauro na que o seu remate marchase fóra por moi pouco despois de rematar dentro da área no segund pau. O equipo soubo sufrir e sacar estes importantes tres puntos para seguir na pelexa por entrar no playoff de ascenso. Cordeiro CF 4 - Xuvenil B 2 Partido disputado onde se impuxo o mellor físico dos locais; na primeira metade os nosos rapaces disfrutaron das mellores ocasións de gol, pero quen marcou o 1-0 foron os locais no minuto 24; despois de un erro de concentración á hora de defender un saque de banda, que provoca un tiro lonxano que Ángel non consegue blocar. Na segunda metade o equipo entrou coa intención de reverte-la situación pero unha vez máis un erro de concentración defensivo onde non despexamos en longo e metemos un balón ó medio que recolle o rival para xogar sinxelo cara ó borde da área e fusilar ó noso gardamallas. Minuto 48 de partido e 2-0; o equipo inda así non lle perdeu a faciana ao encontro e seguiu tentando ata que no minuto 80 Dylan de tiro lonxano acada o 2-1. A partires de aquí minutos tolos onde o Bertamiráns volcouse a polo encontro e Mateo tivo o empate nunha gran xogada individual onde remata forte o pau longo e o balón vaise fóra por centímetros. Despois co equipo volcado os locais fan o 3-1 no minuto88 e de seguido nada máis sacar de centro Dylan manda un balón longo que Guille recepciona e consegue o 3-2. O cuarto gol caeu no desconto co equipo volcado en ataque xa buscando balóns longos á área. Unha mágoa pero debemos de seguir nesta liña. UD Bastavales 0 - Sénior 1 Presupoñíamos que ía ser un partido moi duro e así foi. Dende o principio puidemos ver un Bastavales cunha presión ben traballada, moi alta e ben definida, con direccións moi marcadas por quen iniciaba a acción defensiva; boas distanzas entre os participantes e axustes moi ben definidos na liña de medios e defensores. Ás veces por falta de seguridade ou non querer asumir situacións de estrés, outras por falta de precisión na acción técnica e outras por desaxustes na execución dos mecanismos previstos non fomos quen de domina-lo partido por medio do balón. Fomos capaces de saír da presión algunha que outra vez e de combinar algunha máis grazas a algún segundo balón gañado, iso fixo que dispuxéramos dalgunha ocasión de gol; menos das que nos gustaría. Do mesmo xeito ca nós, os nosos veciños tampouco dispuxeron de moitas ocasións de gol, un par de remates de testa en accións a balón parado e outros dous tiros dende fóra da área. Ao final o encontro foi como acostuman a se-los derbis, moita loita e moito esforzo pero xogo o xustiño. 0-1 con gol a balón parado e 3 puntiños. Para a semana máis!

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal