Novas

Comeza a tempada 2021-2022

Botou a andar unha nova tempada Tra-lo parón das vacacións do verán, o Bertamiráns FC retoma a súa actividade coas pilas cargadas e coa ilusión e gañas que leva demostrando nas derradeiras tempadas. A pasada semana comezou a roda-lo balón no Municipal cos rapaces do Infantil A, seguido do Cadete A, B e o Xuvenil A, que estrea categoría nesta tempada. Tamén destacamo-la volta ós adestramentos do noso equipo senior, tras máis dunha tempada sen poder facelo.Na vindeira semana, darémolo pistoletazo de saída ao resto de equipos do clube, recuperando por completo a actividade habitual no noso campo de fútbol. Aprobeitamos este momento para parabenizar públicamente aos nosos canteiráns Uxío e Aarón, que o ano pasado defenderon as nosas cores na Liga Galega Infantil, e que acaban de ser incorporados ás disciplinas do RC Deportivo da Coruña. No caso de Aarón, xa debutou co Cadete A do equipo coruñés, resultándo campións do II Torneo Internacional Míchel Salgado disputado en Mondariz.

Xornada 27/06/2021

Sorrisos e bágoas O fútbol ten estas cousas, que as veces gáñase e noutras toca felicita-lo rival, lei de vida en toda competición deportiva.En fútbol 8 na fase final celebrada na Estrada o noso clube recibiu un dos paus máis grandes que se lembran na base, xa que presentou 5 equipos, dos que 4 chegaron a final, pero ningún foi quen de gañala.O Alevín A perdeu a semifinal pola mínima despois de controla-lo partido e de errar un penalti a favor, pero as veces o fútbol é caprichoso.O Alevín B perdeu a final na tanda de penaltis despois de empatar 3-3.O Benxamín A perdeu a final contra o Oroso, o Benxamín C perdeu tamén a final contra o Fátima e o PB´s perderon a súa final contra o Amio.De todas maneiras debemos de resata-lo gran traballo dos nosos rapaces de dos seus adestradores que foron quen de levalo clube o máis lonxe posible. Parabéns e a pensar na tempada que ven. Outra tristeza levámola co Xuvenil B que perdeu a final de ascenso contra o Conxo C. CONXO C 2 -  XUVENIL B 1 Partido digno dunha final o xogado no manuel regueira.Dende o inicio o Conxo tentaba te-lo control do partido, pero o noso xuvenil coas liñas avanzadas e moi xuntas impedia o avance do equipo rival que só lle quedaba buscar balóns perpendiculares e centros laterais que eran solventados polos nosos.A segunda parte seguía coa mesma tónica, cando na saída dun corner un bo remate de Adri enviaba o balón ao fondo da rede. As presas ían en aumento para o Conxo deixando espacios que aproveitaban os nosos para quedar diante do porteiro un par de veces. Na primeira a xogada acaba co noso atacante no chan e o árbitro non aprecia nada punible. Na segunda o balón sae desviado ao lado dereito da portería. Os minutos pasaban moi lentos e o gran esforzo notábase nos xogadores dos dous equipos en forma de calambres.Cando so quedaban 30 segundos do tempo engadido chega o empate do Conxo levando o partido a unha prórroga onde o factor físico e psicolóxico tralo empate decantou o partido para o Conxo.Noraboa aos nosos polo partido realizado. Pero como dixemos tamén temos alegrías, e estas foron proporcionadas polo Cadete C, que se proclamou campeón de Liga, e polo Xuvenil A, que por fin acadou o ansiado ascenso a liga galega. XUVENIL A 1 - RIBEIRA 0 O partido do ano para os rapaces. Tras varios anos loitando por este ascenso, o club logra o obxectivo e ascende ao seu xuvenil a liga galega. Partido moi sufrido, ante un gran rival que levou o peso do encontro con longas posesións. Os nosos, ben ordeados, trataron de aproveita-las súas oportunidades á contra. Nunha delas, no minuto 20 acaba cun penalti a favor que transforma o noso goleador Salama. A partir dese momento, as ocasións repartíronse en ambas áreas, pero sen move-lo definitivo 1-0. CADETE C 2 - FÁTIMA 0 Partido moi disputado polos nosos rapaces que saíron moi concentrados dende o primeiro minuto. Na primeira metade foron os auténticos dominadores do encontro, ademáis acadaron dous goles, puideron ser máis, que ó final resultaron definitivos.Na segunda metade o Fátima apretou moito, grazas os trocos realizados, pero os nosos rapaces souberon solventar as envestidas rivais e manter o resultado para así proclamarse campéons de liga.Unha mágoa non poder ascender.

8 ideal e 11 ideal da xornada 20/06/2021

CAFÉ DON BUDI patrocina o noso 11 ideal e o noso 8 ideal da xornada A continuación presentamos o 11 ideal e o 8 ideal da xornada 20/06/2021. Alineacións patrocinadas por CAFÉ DON BUDI.

Xornada 20/06/2021

Case acadamo-lo pleno nas fases de ascenso A pesares do bo partido do Cadete B, éste non puido acada-la ansiada clasificación xa que as veces a pelota é moi caprichosa, e perdeu pola mínima fronte ó Oroso. Pola súa banda Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete C cumpliron nas súas eliminatorias e clasifican para a final de ascenso. Unha mágoa que o Cadete C non poida ascender debido o tropezo do equipo B.Ademáis remataron as ligas de fútbol 8, e pra semana comenzan as fases de campeóns onde se clasificaron os seguintes equipos da nosa base: Alevín A, Alevín B, Benxamín A, Benxamín C, PB A e PB B. Cadete C 4 - Cacheiras 1 Partido moi completo dos nosos rapaces que controlaron case por completo. Adiántaronse no marcador na primeira metade, onde o rival non pisou a nosa área. Na segunda metade pasamos algo de apuro debido a que eles conseguiron achegarse no marcador cun gol mal defendido polos nosos, pero soupemos reaccionar e acadar un gran resultado. Agora toca pensar na final polo título, magoa que non poidamos ascender. PB B 3 - Amio B 1 Bo partido no que os nosos sairon moi concentrados, pero no que non acadaron un marcador mais amplio debido ó baixo ritmo da segunda metade. Futsal PB B 2 - Amio B 0 Partido moi competido, no que destacou o gol de Enzo e mai-lo penal detido por David. Moi boa actitude de todo o equipo. Alevín C 1 - Estrada B 2 Partido moi frouxo do equipo, que chegaba líder á derradeira xornada. O exceso de confianza e os nervos puideron cos nosos que non foron quen de nin sequera acada-lo empate. Xuvenil B 3 - Lasalle 0 Iniciábase a eliminatoria tentando os dous equipos marca-lo ritmo do partido sen dominador claro. A medida que ían pasando os minutos e con transicions rápidas conseguíamos poñer en apuros ao Lasalle. Aos 20 minutos, un roubo na zona central acaba nun claro penalt que supon un marcador en superioridade para o noso xuvenil. Cinco minutos despois unha xogada similar acaba cunha caída dentro da área que nesta ocasión o colexiado non considerou que houbera falta punible.Na segunda parte o Lasalle aumenta o ritmo nos primeiros minutos, pero o noso xuvenil aguanta ben sen grandes complicacións. O mellor fondo físico vai decantando o partido cara os nosos a medida que se suman os minutos sumando dous goles máis hata acadae un 3-0.Agora toca pensar na final. Noia A 2 - Benxamin C 10 Último partido do grupo con victoria clara dos nosos nenos, onde foron moi superiores ó rival en toda-las zonas do campo. Con esta victoria acadamos os trinta puntos en xogo, agora a agarda-la fase polo titulo. Noia 2 - Benxamín A 1 Partido frouxo en termos xerais do Bertamiráns. O comezo do encontro foi positivo para nós, aínda tendo en conta que non mostramos toda a claridade e precisión que nos gustaría, tivemos varias ocasións e fomos capaces de adiantarnos no marcador. Pouquiño a pouco o equipo foise relaxando e, dado que a nosa vantaxe era moi curta e que os locais non se rendiron, o Noia acabou por darlle a volta ao marcador. Noia B 9 - Benjamín D 0 Partido sen moita cor o do noso benxamín que non foi quen de prantar cara ó rival coma na primeira volta, sufrindo unha clara derrota de Noia. De todas formas péchase un ano difícil de aprendizaxe pero ilusionante polo que virá no futuro. Alevín A 8 - Milladoiro 0 Goleada dos nosos rapaces que rematan a liga líderes e esperan xa as eliminatorias polo título. Victoria adicada a Xurxo que non poderá xogar nun tempo. Conxo B 9 - Alevín D 0 Gran partido dos nosos nenos. O abultado marcador debeuse o bó facer do mellor equipo da liga, que era o rival que tiñamos de fronte. Os nosos competiron, pero o rival foi quen de imposibilita-lo desenrrolo do noso xogo. Benxamín B 2 - Calo 3 Un forte e sólido Calo impúxose pola mínima aos nosos nun partido moi disputado, no que se viu un gran fútbol por parte dos dous equipos. O noso Benxamín remata a liga na 2ª posición. PB A 11 - Conxo B 0 Os peques clasifícanse á fase final sen apenas esforzo, cun bo xogo e tan só con 4 goles en contra en toda a liga. Esperamos rivais para a fase polo título. Oroso B 1 - Cadete B 0 A superioridade amosada no xogo polos nosos rapaces non se viu reflectida no marcador debido a falta de puntería cara a porta contraria. Infantil A 2 - Conxo 2 Moi bo partido o dos nosos para pecha-la tempada, quizáis o máis completo de todos. O rival adiantaríase no marcador cun golazo, pero os nosos non lle perderon a cara ao partido e se mostraron dominadores co balón. A partir de ahí, varias ocasións para os nosos ata acada-lo 2-1 favorable, que se vería truncado o final cun gol nunha acción a balón parado. Alevin B 3 - Villestro B 1 Partido intermitente dos nosos, que se mostraron dominadores pero sen xerar perigo sobre a portería rival. Finalmente, chegaron os goles que lle permiten ao equipo meterse na fase final. Xuvenil A 2 - Amio 0 Gran resultado dos nosos na primeira eliminatoria do playoff de ascenso, no que os dous goles de Salama sirvenlle ao equipo para avanzar a seguinte ronda. O partido foi moi competido e as ocasións foron moi escasas en ambas áreas. Neste caso, a sorte estivo da nosa parte. O Alevín A adícalle a victoria a seu compañeiro Xurxo que non vai poder acompañalo durante un tempo. Moita forza para Xurxo.

881087583

690020553

611615209

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal