Novas

Xornada 05/02/2023

O equipo Sénior mete a directa cara o ascenso.

Nesta xornada destacamo-las victorias dos nosos equipos Sénior e Xuvenil B; o primeiro parece que acadou unha racha boa de victorias e xogo que lle permiten comanda-la clasificación; e o segundo acadou unha importante victoria na casa diante dun rival directo na loita pola permanencia en primeira autonómica.
Por outra banda os partidos de futsal desta fin de semana foron adiados debido a condensación que se produciu no pavillón municipal.

Cidade de Ribeira 2 - PB A 3
Partido do noso Prebenxamin A diante dun gran rival como así o reflectiu o resultado. Comezamos poñéndonos por diante cun gran gol pero pouco a pouco eles foron facéndose co balón a cas ocasións e polo tanto foron quen de remonta-lo gol inicial. Na segunda metade fomos capaces de axusta-la defensa e recibir moi poucas ocasións e ademáis melloramos en ataque, anotando dous goles para así darlle a volta o resultado nun gran partido dos dous equipo. A vindeira semana temos outro oso duro de roer como é o Boiro, colíder da clasificación.

CCD Taragoña 5 - PB B 5
Partidazo do noso segundo prebenxamín que acadou o primeiro puntiño nesta fase da competición cun empate moi merecido diante dun equipo campeón na anterior fase. O partido comenzou moi igualado ata que os locais se puxeron 3-1, pero axiña acadamo-lo empate e fomos quen de poñernos 4-5 a cinco minutos do final, mágoa que non fomos capaces de mante-lo resultado. Un empate que fixo o vestiario máis ledo dos arredores.

Benxamín A 4 - SD Villestro 1
Encontro competido onde fomos quen de traballar e solventar positivamente sendo superiores ao rival en todo momento. Dous goles en cada parte serviron para amosa-lo dominio e ser xustos vencedores.

Benxamín B 11 - ED O Dolmen Tordoia B 1
Encontro marcado polas baixas, onde so dispoñeríamos de 8 xogadores, no cal non estaba incluído o noso porteiro Tiago. A piques de comezar, Yoel sentiríase mal do estómago e esto nos faria saír con 7 xogadores, pese as dificultades e baixas, os nosos rapaces sairían dominando o encontro, con boas combinacións e disfrutando do xogo. Axiña chegarían os goles, algo que noutras xornadas nos faría perder esa frescura, pero nesta xornada, sería totalmente diferente, seguirían tentando progresar co balón, e mostra deso foi que todos dispuxeron de ocasións para facer gol. Bo partido, que nos serve para seguir coa aprendizaxe ante as baixas e dificultades para adaptarnos tamén o antigo modelo de fútbol 7.

Benxamín C 1 - Cordeiro CF 7
Partido intenso por parte do noso equipo que non puido evita-los goles debido ó gran nivel físico e técnico do equipo contrario. Seguimos traballando na formación dos rapaces.

Benxamín D 11 - Cordeiro CF C 0
Partido onde os nosos benxamíns disfrutaron dende o minuto un, e ademáis puidéronse probar cousas novas para seguintes partidos. A seguir medrando.

Alevín A 3 - SD Villestro 1
Outra semana na que seguimos progresando. Fomos capaces de acumular moitos minutos de xogo nun nivel bo. Ao igual ca sempre cometemos erros, pero esto sabemos que vai ser así, do que se trata é de acumular acertos e minimizar erros. Toca seguir pelexando para poder avanzar.

Praíña SC 0 - Alevín B 9
Victoria cómoda dos nosos rapaces na cal temos que salienta-la actuación tanto de Brais como de Aarón. O noso porteiro Brais ía acada-lo seu primeiro gol na Liga grazas ao detalle do seu compañeiro Aarón, quen sendo xogador de campo, se ía a poñer debaixo dos paus pra deixarlle xogar de campo ao seu compañeiro.

Puebla SD 2 - Alevín C 6
Partido do noso Alevin C diante do Puebla, onde saímos moi enchufados dende o inicio, non coma no partido anterior. Estivemos moi metidos no partido en toda-las zonas do campo sendo donos do balón recibindo dous goles en eroos de concentración. Agora a pechar este finde a primeira volta sendo líderes.

Carreira FC B 2 - Alevín D 4
Partido moi errático polo vento que facía na mañá do Domingo no fondo da costa. Os nosos conseguiron adiantarse 0-3 no marcador e tras 2 despistes, regalamos 2 goles. Preto do final, puñamos o 2-4 no marcador final.

Infantil A 4 - SD O Val 1
Partido mediocre do noso primeiro equipo da categoría, pero suficiente para lograr outros tres puntos e seguir mandando na táboa clasificatoria. Empezou o encontro con erros en ambo-los dous equipos, vendo que en calquera intre podía producirse un gol, pero máis ben por erro dun defensa que polo acerto dos dianteiros. Sería o Berta o primeiro en golpear, Manu levaría un balonazo na cara e o árbitro para o partido, na reanudación, o árbitro bota o balón o suelo, preto da frontal da área visitante, Lucas recolle éste, avanza con él e é capaz de filtrar un pase entre a defensa para Álex, éste recolleo, avanza cara a portería rival e golpea preto dela para face-lo primeiro gol no minuto 12. O partido seguiría igual, o noso meta, Marco, tería que saír fóra da área para cubrirlle as costas aos nosos defensas en sendos balóns profundos que os centrais defenden mal. Pero sería Lucas, quen no minuto 35 ampliaría a distanza no marcador. Éste recolle un balón na frontal da área do Val, golpea ca súa zurda alto, e éste cólase na meta rival preto do longueiro. Có 2-0 fómonos ao descanso. A segunda parte comezaría igual, o noso equipo volta o terreo de xogo con pouca intensidade, cós mesmos erros defensivos, e así nun balón profundo do equipo rival no minuto 48 recólleo o seu dianteiro nas costas dos defensas e bate a Xoel, que entrara no inicio da segunda metade. Os nosos espoléanse, poñen máis gañas, aparecen as ocasións, así Álex pouco despois do gol visitante recibe un balón na banda dereita, tira a diagonal ata preto da área, sorteando rivais e golpea duro, o porteiro rojiblanco responde cunha boa parada. A continuación, nun saque dende o curruncho a favor, Lucas fai un remate cá testa que vai o poste dereito da meta do Val. Con tantos avisos, tiña que chega-lo gol, e así Santi no minuto 55, nun saque dende o curruncho pola esquerda lanzado por Pérez ao segundo pau, fai o terceiro nun remate coa testa. Cando parecía que o partido podía estar resolto, Álex nunha das súas incursións cara a meta rival, torce o nocello dereito, ten que abandona-lo terreo de xogo, o Berta xa non ten trocos e faltando moitos minutos para remata-lo encontro. Parecía que os nosos poderían sufrir, pero nada máis lonxe da realidade, os rapaces responden ante a adversidade, e vemos que no minuto 75, Lucas faría o cuarto. Éste sería noutro saque dende o curruncho executado novamente por Pérez, o balón ía directo a gol no primeiro pau, o porteiro logra desvialo, pero deixao morto na área pequena, onde o recolle o noso mediapunta e marca a pracer. Non habería tempo para máis. Os nosos teñen que mellorar ante os próximos compromisos moi importantes que se lles aveciñan.

Infantil B 2 - SD Xuventú Aguiño 3
Chegou a primeira derrota do equipo na tempada, algún día tiña que pasar. Pero nada que dicir duns rapaces que o puxeron todo no campo e se atoparon cun porteiro rival que fixo 4 ou 5 paradas de moitísimo mérito, xunto cun otras tantas ocasions clarisimas pola nosa parte que non fomos quen de materializar. O partido transcurriu da maneira que pensabamos, cun Aguiño buscando o xogo directo ao seu dianteiro que por forza e físico creaba problemas a nosa defensa. De novo un erro pola nosa parte propicia o 0-1 no minuto 16, o equipo segue a controla-lo xogo con moitas chegadas a portería rival e nunha desas penalti por mans claras que Noya executa de maneira implacable para poñe-lo empate no marcador ao descanso. A segunda metade discurre coma a primeira, control e chegadas constantes pola nosa parte que non finalizamos, despois de ocasions incribles e de novo nun mal despexe chega o 1-2 no minuto 57 despois dun gran disparo dende a frontal. O equipo volcase no ataque e segue a marrar ocasións, de novo nun balón longo na disputa o dianteiro rival e quen de safarse dos nosos centrais e poñe-lo 1-3 no marcador no minuto 79. Pero este equipo non se rende e segue a atacar, xa no desconto Noya dun gran disparo pon o definitivo 2-3.

SD Negreira 1 - Infantil C 2
Mal partido o xogado polo noso Infantil onde comezamos moi fríos, como o tempo que facía na mañá do sábado na Baña. O rival non xeraba perigo pero nos non eramos quen de manter unha continuidade no xogo con moitas imprecisións no pase e un ritmo moi lento. As dimensións do campo e o ritmo ao que xogabamos provocaba moitas perdas de balóns en situacións relativamente sinxelas. A pesares diso o peso do partido era noso, e nunha xogada a balón parado, fixemo-lo primeiro gol co que nos fomos ao descanso. A segunda parte comezamos cun ritmo un pouco mais rápido (tampouco era moi difícil) e empezamos a asedia-la área rival e no minuto 10 da segunda parte puñamo-lo segundo no marcador. Voltamos a relaxarnos e nun erro na circulación de balón propicia un man a man do rival co noso porteiro que acaba en penalti, e recurtando distanzas no marcador, o que era a primeira aproximación do noso rival. De ahí ao final do partido non pasamos apuros pero tampouco fomos quen de aumenta-la distanza. Bo toque de atención para entender este deporte. Ou se compite en todo momento ou calquera rival pódeche gañar.

At. Fátima B 0 - Infantil D 2
O esforzo da os seus froitos. Saímos moi contentos da sempre díficil visita ao Manuel Paz. Os rapaces fixeron caso e comprometéronse co traballo da semana sendo conscientes de que a única vía para conseguir algo positivo era ir á guerra xogando moi directo. Noraboa polo traballo!

CD Calasanz 2 - Cadete A 0
Erros puntuais e a falta de puntería dos nosos levan a derrota do primeiro equipo da categoría. Comezou o encontro igualado, con moita intensidade. Así o primeiro gol non tardaría en chegar. Viría dun pase en profundidade entre os centrais, onde o noso porteiro estaba baixo paus, duda en saír e cando o fai chega tarde, ten contacto co dianteiro rival dentro da área e o colexiado pita pena máxima. Sería lanzado no minuto 6 por Demián, raso e pola dereita, onde Pedro case logra detelo. Despois disto o Berta queda un pouco tocado, intenta ir ao ataque, pero nalgún balón en longo a nosa defensa sufre. Pouco despois do gol, noutro pase en profundidade, o dianteiro local prántase só na área polo lado esquerdo, dispara e Pedro tería unha boa intervención, desviando a pelota. Pouco a pouco o noso cadete iría achegándose á meta rival, con disparos de longa distanza e en xogadas a balón parado pero sen nengunha ocasión realmente clara no resto do primeiro tempo. A segunda parte sería claramente para o Berta, innumerables ocasións, das cales non materializaría ningunha. A primeira sería aos 8 minutos, nun centro lateral dende a dereita, onde Diego remata coa testa e o balón vai o poste dereito da portería local. Pero nesta mesma acción, o colexiado puido pitar penalti, xa que o meta local, saíu a despexar por riba a pelota e arrolla ao noso dianteiro sen toca-lo balón. Logo sería o Calasanz quen na única ocasión que tivo na segunda parte, nun lanzamento dende o curruncho dereito, onde poñen o balón no segundo pau e dentro da área pequena, Pedro mide mal a saída por riba e Enzo remata só coa testa para face-lo segundo. Seguiría o Berta tentandoo, e pouco despois Diego volta a recoller un pase en profundidade no borde da área grande, polo lado dereito, adéntrase nela, dispara cruzado e o balón remata na cepa do poste dereito da meta rival. A continuación, sería Jesús quen nun remate de tixeira enviaría o balón o longueiro. No minuto 66, o Berta lanza un saque dende o curruncho, o equipo local sae á contra e Xavi corta ésta cunha falta clara. Tarxeta vermella directa, os nosos quedan cun home menos. Ante esta nova situación aplaudi-la resposta do equipo, o noso técnico fai tres trocos xuntos, troca o sistema e séguese tentando, así Rodri noutro pase que recolle en profundidade, métese polo medio da área cara a meta rival, e cando dispara e derrubado, o colexiado pita penalti. Éste lanzao Jesús, e cando golpea o balón, esbara e volve a tocar este de segunda, o esférico chega o fondo da rede pero o gol e anulado por tocar dúas veces seguidas o mesmo xogador a pelota. Cúmulo de mala sorte para os nosos. Non se movería o marcador, derrota pero cá testa en alto.

EFM Concello Boiro B 0 - Cadete B 2
Partidazo o vivido na matinal deste domingo en Valiño, o noso cadete B saíu ao campo moi concentrado e aínda que é certo que os primeiros minutos estivemos un pouco imprecisos en controis e nalgún pase e iso deu lugar a algún que outro achegamento perigroso a nosa área. Aos 10 / 15 minutos de partido tiñamos posesións longas que facía que o rival tivese un importante desgaste físico. Ao descanso iríamos 0-0 no marcador. Saímos do vestiario coa mesma concentración e sendo dominadores claros do partido, pero non sería ata o minuto 70 de partido que faríamos o primeiro gol, ao pouco de marca-lo primeiro gol, noutra xogada moi boa por parte dos nosos faríamo-lo 2º gol, finalizando o encontro 0-2. 4º partido consecutivo coa portería a 0 e 6ª victoria consecutiva. Para a semana visitanos no municipal o Conxo Santiago "C", traballaremos ao máximo esta semana para ir a pola 7ª consecutiva!!!!

SD Milladoiro B 1 - Cadete C 1
Partido moi intenso coma sempre que visitamos ese campo. Non fomos quen de finaliza-las ocasións que tivemos para poder traer un mellor resultado. Seguimos formando.

Victoria CF 3 - Xuvenil A 0
Dura derrota a que encaixou o noso Xuvenil no campo da Grela. O equipo competiu moi ben diante do líder da categoría pero quizáis pecou de plantarse algo replegado e cunha actitude moi defensiva, aínda que tamén puidera ser mérito do rival. O equipo encaixou o 1-0 na primeira xogada clara do partido, na que o extremos foi derrubado polo noso porteiro Ángel dentro da área, o árbitro non dubida e sinala pena máxima. O colexiado pita ben a pena máxima, mágoa da súa funesta colocación durante todo o partido que non lle deixa ve-lo control previo do extremo que o fai coa mán, unha vez máis o colectivo arbitral sendo protagonista. Penal executado maxistralmente polo rival e ímonos 1-0 abaixo para os vestiarios. Aínda así tivemos un man a man de Málvarez que puido significa-lo empate pero o porteiro estivo moi atinado, xa que aguantou ata o final se soubo detelo. Na segunda metade o equipo competiu pero nunha xogada comprometida para o árbitro, deixanos cun home menos pola expulsión de Manu por facer dúas faltas seguidas na mesma xogada, quizáis o árbitro estivo algo "casero", porque sacoulle tres cartóns en menos de dez segundos. Cun home menos o equipo sufriu máis pero non lle perdeu a cara o encontro e competiu ata o final.

Xuvenil B 4 - Bastavales UD 2
Encontro pertencente á xornada 21 no que se puxo de cara moi cedo con goles nos minutos 7 e 12 da primeira metade. Resultado que se mantivo ata o descanso. Á volta de vestiarios, unha vez máis, e despois de encadear varios erros o rival atopase cun penal a favor no minuto 47 que o mete de cheo na pelexa polos puntos facendo que as sensacións durante a segunda parte do encontro sexan de intranquilidade pola falta de confianza dos propios xogadores polo sucedido nos derradeiros encontros, a pesares de estar sempre por diante no marcador cun gol no 56 (3-1). Voltando a recortar distanzas o Bastavales no 67 (3-2). Pero grazas o hat-trick de Vizcaya no 79 (4-2) a tranquilidade e os 3 puntos quedaron na casa.

Sénior 1 - AD Nicrariense 0
Bastante bo partido do noso Sénior nesta fin de semana. Quizis o marcador non reflectiu a realidade do encontro, cando menos aos nosos ollos. Consideramos que o resultado foi demasiado axustado se temos en conta a cantidade de ocasións tan claras. Tivémolas de toda-las cores pero non fomos quen de convertelas en gol. Non hai que desmerecer, en ningún caso, o traballo dos nosos contrincantes, pois fixeron un partido moi serio e así como é certo que nós fixemos ocasións para máis goles... eles tb mereceron facer 1 ou 2 goles. Partido bonito, polo tanto, moitas ocasións, poucos goles e 3 puntiños. Para a semana máis!

Gol de Maikel na victoria do PB A.

Pena máxima executada maxistralmente por Brais para o Alevín B.

Gol de Santi de testa nun saque dende o curruncho.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal