Novas

C.D. Baio 2 - 3 Bertamiráns F.C.

Importante victoria a domicilio. O noso equipo sénior consegue sumar de 3 na visita ao Platas Reinoso para acada-la novena posición da táboa. O partido rematou ca vitoria por 2-3 fronte ao C.D. Baio. O equipo local comezaría o encontro poñendose por diante no marcador despois dun centro lateral no minuto 5. Os nosos xogadores souberon reaccionar e en menos de 10 minutos foron quen de darlle a volta ao marcador e poñerse 1-3, grazas ao gol de Fabri e ao doblete de Rachi. Unha imprecisión na saída de balón do Bertamiráns faría que o C.D. Baio conseguese meterse de novo no partido cun tanto no minuto 31. No minuto 37 Rachi sería expulsado por dobre cartón amarelo e os nosos quedarían con 10. Malía inferioridade, o equipo foi capaz de xerar ocasións, e pese a sufrir nalgúns tramos, conseguiu traer para casa os 3 puntos.Este é o camiño a seguir, o obxetivo cada vez está máis preto. Pensando xa no encontro desta semana, no cal recibiremos ao Cordeiro C.F.

Xornada 10/03/2024

Alevín E campeón de liga!!!!! Biberón F.S. Vitoria por 2-1 do Biberón fronte ao Alto do Vento F.S. no pavillón de Bertamiráns. Prebenxamín Vitoria do PB "A" por 4-0 fronte á A.D. Nicrariense no Municipal de Bertamiráns.Derrota do PB "B" por 0-2 ante o Resmón C.F. na casa. Benxamín Triunfo por 5-0 do noso Benxamín "A" na casa fronte o C.F. Noia.Empate 1-1 fronte o Milladoiro S.D. do noso Benxamín "B" no Municipal de Bertamiráns.Derrota do Benxamín "C" 5-4 fronte á S.D. Dubra na Tilleira.Derrota na casa do Benxamín "D" por 1-5 tra-lo enfrentamento co C.D. Unión "C". Alevín Vitoria como local do Alevin "A" por 13-0 fronte á S.D. Xuventude de Aguiño.Triunfo do Alevin "B" fronte o San Pedro F.C. por 1-16 en Santa Isabel.Vitoria do Alevín "C" por 7-1 fronte o Trazo C.F. na casa. Triunfo do Alevín "D" 1-8 fronte a S.R. Calo "C" en Rebordelo.Vitoria na casa do noso Alevín "E" fronte o S.D. Urdilde por 6-1. Triunfo co que se convirten matemáticamente en campións de liga. Parabéns a Miguel, a Anxo e a todos os seus pupilos! Infantil Derrota do Infantil "A" de División de Honra por 4-0 fronte o C.D. Conxo Santiago no campo da Merced.Derrota do noso Infantil "B" fronte o C.F. Cire de Melide por 3-1 en Melide.Vitoria do infantil "C" no Paz Nogueira fronte ao Atlético Fátima "D" por 0-6.Derrota do Infantil "D" por 3-9 no Municipal de Bertamiráns fronte o C.C.D. Taragoña. Cadete Triunfo por 1-3 fronte a E.F.M. Concello de Boiro do noso Cadete "A" de Liga Galega en Valiño.Vitoria do Cadete "B" por 5-1 fronte á A.C.D. E.D. Arzúa no Municipal.Reparto de puntos entre o noso Cadete "C" e o Xuventude de Oroso "C" tra-lo 0-0 acadado no Municipal de Bertamiráns. Xuvenil Vitoria do noso Xuvenil "A" da Liga Galega en Santa Isabel por 1-2 fronte a S.D. Compostela "B".Triunfo do Xuvenil "B" contra a S.D. Cacheiras por 6-0 na casa.Derrota do Xuvenil "C" fronte o C.C.D. Taragoña por 3-1 no campo da Lomba.

Bertamiráns F.C. 1 - 1 S.D. Negreira

Valioso empate diante do líder. Puntazo do sénior diante do líder da liga, que sabe a pouco tralo tanto do Negreira na derradeira xogada do encontro. Os nosos recibiron este domingo á S.D. Negreira para desputa-la xornada 24 do campeonato, que rematou cun empate a un gol. O gol do Bertamiráns chegou aos 15 minutos de partido despois dunha boa xogada entre Fabri, Adrián Arnejo, e Caeiro, quen se encargou de comeza-la xogada e rematala cun gran testarazo. O equipo seguiu tendo ocasións a pesares do dominio do equipo visitante, que foi quen de pornos contra as cordas reiteradas veces pero sen atopa-lo camiño do gol. Despois de máis de 90 minutos moi serios, nos que os nosos fixeron un gran desgaste, tras unha xogada a balón parado, a S.D. Negreira conseguiría o tanto que igualaba o marcador e que daría lugar ao 1-1 definitivo.Temos por diante unha semana de esforzo para seguir mellorando de cara ao seguinte encontro, no cal visitamos ao C.D. Baio.

Xornada 03/03/2024

O Alevín C proclamouse campeón de liga. Esta semana temos que destacar o desempeño do Alevín C, xa que se proclamou campeón de liga con dúas xornadas de antelación e sen perder un sólo partido. Parabéns rapaces!!!!!!! Biberón F.S. Vitoria por 0-1 do Biberón fronte ao Milladoiro S.D. no pavillón de Milladoiro Prebenxamín Vitoria do PB "A" por 0-2 fronte á S.D. Villestro no campo de Cancelas.Reparto de puntos do PB "B" por 1-1 ante á E.D. O Dolmen Tordoia na Rega.Derrota fronte o Cordeiro C.F. "B" por 1-0 do noso PB "C" na Campaña. Benxamín Triunfo por 3-6 do noso Benxamín "A" en Vista Algre fronte a E.F.M. Concello de Boiro.Empate 1-1 fronte a S.D. Villestro "B" do noso Benxamín "B" no Municipal de Bertamiráns.O Benxamín "C" empatou 3-3 fronte á S.D. Villestro "C" no Municipal de Bertamiráns.O Benxamín "D" descansou. Alevín Vitoria do Alevin "A" por 1-3 fronte a S.D. Villestro en Santa Isabel.Triunfo do Alevin "B" fronte o Amio S.D. por 3-1 no Municipal de Bertamiráns.Vitoria do Alevín "C" por 2-9 fronte á S.D. Negreira en Cepelo. Con este triunfo os nosos rapaces convírtense en campións de liga! Parabéns a todos os nenos e a Joel polo título.Triunfo do Alevín "D" 11-2 fronte o Ulla Pontecesures C.F. "C" no Municipal de Bertamiráns.Suspendido o partido do noso Alevín "E" fronte o C.D. Unión por indisposición do entrenador rival.Alevín Triunfo do Alevín F-11 fronte o Victoria F.C. por 4-1 no Municipal de Bertamiráns. Infantil Derrota do Infantil "A" de División de Honra por 8-0 fronte á E.F. Denis Suárez no Penedo Redondo.Infantil "B" - E.D. Xuventude de Oroso "B". (Municipal de Bertamiráns)Vitoria do infantil "C" no Municipal de Bertamiráns ao Xallas F.C. "B" por 5-0 .Derrota do Infantil "D" por 5-2 no Julio Mato fronte o C.F. Noia"B". Cadete Triunfo por 5-1 fronte o Racing Club de Ferrol S.A.D. "B" do noso Cadete "A" de Liga Galega no Municipal de Bertamiráns.Derrota do Cadete "B" por 2-1 fronte á E.F. Silleda no Outeiriño.Derrota do noso Cadete "C" por 1-5 fronte a S.D. Compostela "C" no Municipal de Bertamiráns. Xuvenil Vitoria do noso Xuvenil "A" da Liga Galega no Municipal de Bertamiráns por 6-0 fronte a S.D. Residencia.Derrota do noso Xuvenil "B" contra a E.F. Lalín por 5-4 no Manuel Anxo Cortizo .O Xuvenil "C" descansou.

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal