Novas

CD Unión 1 - Bertamiráns FC 0

Derrota pola mínima na nosa visita a Rianxo. Derrota pola mínima do Sénior diante dun gran rival que demostrou durante gran parte do encontro a súa superioridade. Un gol en propia portería uns intres antes do descanso decantou o resultado favorable para o equipo local, que malia quedar cun xogador menosno minuto 60 soubo aguanta-lo resultado.Parabéns a Pablo Somoza polo seu debut co equipo Sénior e pola súa marabillosa actuación.

Xornada 04/02/2024

Gran victoria do Xuvenil A para seguir como líder da categoría. Ademáis da gran victoria do Xuvenil A na casa diante do Imperator OAR, temos que salientar o gran empate acadado polo noso Cadete A na casa do CD Lugo que lle permite continuar en postos de promoción de ascenso. Biberón Victoria ante o Xuventude de Oroso por 0-3 do noso Biberón FS no pavillón Juan Amigo. Prebenxamín Empate do PB "A" 1-1 fronte o C.D. Unión no Municipal de Bertamiráns.Derrota do PB "B" por 0-3 ante á S.D. Negreira no Municipal de Bertamiráns.Derrota fronte o Milladoiro S.D. "B" por 2-1 do noso PB "C" no Campo do Novo Milladoiro. Benxamín Triunfo fronte o Victoria F.C. por 1-5 do noso Benxamín "A" no campo das Cancelas.Derrota ante a E.D. Xuventude de Oroso "B" por 2-1 do noso Benxamín "B" no Lino Balado.O Benxamín "C" descansou.Victoria do Benxamín "D" 5-1 ao Milladoiro S.D. "B" no Municipal de Bertamiráns. Alevín Triunfo do Alevin "A" por 1-0 fronte á E.D. Xuventude de Oroso no Municipal.Empate 3-3 fronte á A.D. Manuel Peleteiro do Alevín B no Colexio Manuel Peleteiro.O Alevín "C" descansou.Vitoria do Alevín "D" 12-0 fronte ao Atlético Fátima "C" no Municipal de Bertamiráns.Derrota do noso Alevín "E" por 1-4 ante a E.D. Xuventude de Oroso "C" na casa. Infantil Derrota do Infantil "A" de División de Honra por 2-5 fronte o Arosa S.C. na casa.Vitoria ante a E.D.F. Silleda 1-4 do Infantil "B" na visita ao Campo do Outeiriño.Reparto de puntos entre a S.D. Negreira e o Infantil "C" tralo 2-2 en Cepelo.O Infantil "D" descansou. Cadete Empate 3-3 entre oC.D. Lugo "B" e o noso Cadete "A" de Liga Galega na saída ao Rodriguez Lago 1.Reparto de puntos entre o Cadete "B" e o Noia C.F. tralo 1-1 acadado no Municipal de Bertamiráns.Empate ante a S.R. Calo por 1-1 do noso Cadete "C" na visita a Rebordelo. Xuvenil Triunfo do noso Xuvenil "A" para seguir lideres da Liga Galega grazas ao 3-1 acadado fronte ao Imperator OAR na casa.Vitoria do EFM Concello De Boiro 3-2 fronte ao noso Xuvenil "B" na saída ao campo de Valiño.Derrota do Xuvenil "C" 2-3 ante o Cidade de Ribeira "B" no Municipal de Bertamiráns.

Xornada 23/04/2023

O Infantil A queda a un paso do ascenso. Gran victoria do Infantil A esta semana diante do Montañeros, agora toca rematala faena a vindeira xornada en Vilalba. Pase o que pase debemos parabenizar ao corpo técnico, formado polos adestradores Boga e Vilouta, polo gran traballo realizado durante toda a tempada. Pase o que pase a vindeira xornada no clube estamos moi orgullosos deste equipo. Biberón A 0 - SD Villestro B 3 Partido igualadísimo onde nunha primeira parte moi boa, onde parecía que chagaría a victoria, empatánola nos derradeiros minutos. O resto do partido foi bastante igualado, pero foron os visitantes quen tiveron máis acerto dentro da nosa área para así levarse o partido. SD Villestro A 3 - Biberón B 0 Enfrentábamonos a un rival de gran nivel que contaba con varios xogadores determinantes. Comezamo-lo partido un pouco frouxos atrás recibindo varios goles. Pouco a pouco fomos mellorando sobre todo no bloque defensivo, dificultándolle ao rival chegar a nosa área. (FUTSAL) PB B 0 - Noia Portus Apostoli FS 3 Non puido ser, ese é o resumo do partidazo que xogaron os nosos nenos no que a pesares das baixas, loitaron mentres as forzas lle aguantaron, disfrutaron de numerosas ocasións que non quixeron entrar, pero levando un partido igualado. Co paso dos minutos apareceu o cansanzo e o Noia foi quen de levarse o partido de forma clara a pesares do esforzo dos nosos. ¡Ben feito, rapaces! Benxamín A 9 - EFM Concello de Boiro 1 Partido cómodo no que os nosos collen sensacións para o tramo decisivo da competición. Benxamín B 10 - CF Noia B 0 Partido con nova goleada e moi sinxelo para os nosos onde seguen a demostrar a súa superioridade neste grupo. Continúan mellorando e aprendendo os nosos xogadores de cara o futuro. Benxamín C 3 - Puebla CF 8 Gran partido dos nosos a pesares do resultado. Cando un equipo, nestas categorías, ten un xogadore que é capaz de golpea-lo balón con precisión dende lonxe ocorren resultados coma este. Seguimos a formar para mellorar de cara ao futuro. Benxamín D 0 - UD Bastavales 4 Bo partido, a pesares do resultado, o feito polo noso benxamin D. Sabiamos o que queriamos facer co balón e sen balón polo que o partido estaba moi igualado pero calquera erro podía acabar en gol, como así ocorreu. Seguimos ca misma idea de xogo ata final pois e parte da aprendizaxe. Alevín A 5 - EFM Concello de Boiro 2 Partido moi traballado, quizáis non fixemos un xogo especialmente vistoso pero esforzámonos todo o que puidemos e máis. Este é o camiño a seguir, se non estamos especialmente lúcidos coa interpretación e coa execución... cando menos temos que estar fortes na loita!! Infantil A 4 - At. Coruña Montañeros CF 2 Nova victoria do Infantil A, que se logra outra no seguinte e derradeiro encontro, lograría o campeonato e o ascenso directo a división de honra. Comezou o encontro moi ben para os intereses do equipo negri-amarelo, xa que no primeiro minuto, Álex realiza unha cabalgada pola banda esquerda, poñendo un bo centro, a defensa non logra afasta-lo balón e éste acaba caendo nos pés de Pérez no segundo pau, que saca un disparo pegado o poste do meta rival e o balón chega aqo fondo da rede. Pero nada máis lonxe da realidade, xa que sería un encontro intenso e sufrido para os nosos, o equipo visitante foi entrando pouco a pouco no partido, e mediada a primeira parte un pase atrás cara nosa meta Antía, o dianteiro rival está moi atento e interceptao, prantándose só ante ela, pero esta responde cunha fenomenal parada no man a man. Có 1-0 fómonos ao descanso. A segunda parte sería moito máis movida, con moitas máis ocasións de gol, e sería Lucas quen de novo, ao pouco de comeza-la segunda metade quen faría o 2-0, no minuto 43, nun saque de falta dende a banda dereita, Diego colga o balón ao pau curto, onde Matteo logra golpear de testa o esférico e poñelo no segundo pau. Éste chega aos pés de Lucas e fai un espectácular remate de costas cara a meta rival que se cola preto do longueiro. GOLAZOOOO!!! Con este tanto o equipo rival vai máis arriba, aumentando aínda máis a perigosidade que amosara en todo momento. Chegando a mete-lo primeiro gol no minuto 47, nunha internada por banda esquerda, sacan un bo centro e no segundo pau remata Sergio, que logra batir a Antía. O encontro está entretido, pode pasar de todo, e así pouco despois, nunha contra Manu recolle o balón no medio campo, avanza con él cara a meta rival e na frontal da área grande saca un bo disparo, mandándoo ao poste dereito da meta visitante. O partido era un toma e daca, e así no minuto 61, un balón colgado dende a dereita polo Montañeros e rematado ao pau dereito da meta de Antía, e cando a pelota e repelida, a defensa no seu intento de sacala das súas proximidades, envíaa ao fondo da rede. Despois de todo isto víanse caras de tristura por parte dos nosos, pero algo sucedeu cá entrada de Xurxo no campo no minuto 70, o seu carácter de xogador revulsivo fai entrar ao bloque enteiro no encontro, e así no minuto 72, noutra xogada a balón parado, nun saque dende o curruncho dereito, a defensa despexa o balón cara a frontal da área, cae nos pés de Xurxo e este volve metela preto da meta visitante, a defensa non logra despexar e finalmente cae nos pés de Carlos que remata co pé dereito para face-lo terceiro. Os nervos estaban en todo o municipal, pero Santi no minuto 76 traería o gol da tranquilidade, noutra acción a balón parado, sería nun saque de falta dende a banda esquerda, onde Pérez colga a pelota preto da meta visitante e Santi case a altura do segundo pau, fai un remate ca testa, indo cara atrás e elevándose de maneira impoñente sobre a defensa. O balón entra pegado o longueiro. Novo GOLAZOOOO dos nosos. Gol para para certifica-los tres puntos moi importantes. Agora toca sufrir un encontro máis e a soñar co tan ansiado ascenso. SD Milladoiro 0 - Infantil B 2 Tarde con choiva e vento no Milladoiro que fixo que o encontro fose moi trabado. O derbi decidiuse polo gran traballo dos nosos que puxeron o 0-1 no marcador despois dun claro penalti sobre Simón que Noya executou a perfección. O porteiro rival seguía a sacar tóda-las ocasións xeradas polos nosos pero nunha xogada desafortunada provoca penalti a favor do rival que detivo Edu tras unha gran parada para chegar asó ao descanso. A Segunda metada seguiu polos mesmos derroteiros ata que Sande engancha unha contra para poñer o definitivo 0-2. At. Oleiros 2 - Infantil C 5 Partido cómodo para o noso infantil onde o resultado aínda quedouse curto, xa que foron incontables as ocasións de gol que tivemos e onde fallamos tamén un penalti. O Oleiros platexou un partido en bloque alto presionante con tódo-los xogadores en campo contrario, polo que había moito espazo ás costas da súa liña defensiva se conseguiamos ser precisos. Polo que plantámonos sós diante do porteiro rival en moitas ocasións. Tentábamos que foxe a segunda liña a que atacase os espazos ás costas e lograbámolo. A seguir traballando e mellorando. SD Cacheiras B 5 - Infantil D 0 Os nenos do infantil foron quen de defenderse en gran parte dos minutos do encontro diante dun rival de moi superior nivel. Boa proba para seguir medrando e aprendendo de cara ao futuro. Cadete A 4 - EFM Concello de Boiro 1 Partido moito máis igualado e intenso do que di o marcador, onde se sentenciou nos minutos finais.Comezou o encontro con ritmo alto, e pronto chegaría a primeira ocasión dos nosos, sería nunha xogada pola banda esquerda, onde se chega a liña de fondo, dase un pase atrás e Mateo remata forte por diante do punto de penalti. O remate sae centrado e o meta rival logra rexeitalo. O gol víase que podía chegar por ambo-los dous lados, pero sería no minuto 21 cando o Berta faría o primeiro gol, sería nun centro dende a banda esquerda, a uns 30 metros da meta rival, indo éste entre central e lateral esquerdo, gañándolle as costas, e aparece Suárez no espazo, facendo un bo control e disparando á meta para consegui-lo primeiro. Con este resultado foise ao descanso. A segunda metade sería máis movida, e no minuto 56 chegaria o segundo dos nosos, xogada por banda dereita, centro ao segundo pau, onde aparece Mateo para rematar co pé e envia-lo balón ao fondo das maias. Con este resultado parecía que podia terse un final de encontro tranquilo, pero o Boiro saca carácter, non se rende e no minuto 68, logra o premio, xa que Guillermo logra bater ao meta local. Sería nun lanzamento de falta directa, preto da área local, onde éste golpea ao pau do porteiro e o balón cólase preto da escadra esquerda da meta de Pablo, traendo de novo a incerteza ao municipal de Bertamiráns. O Boiro despois disto quere máis, quere sumar, pero deixa espazos atrás e sería Rodri, no minuto 75, quen recolla un pase ás costas dos defensas visitantes, o porteiro rival sae, o noso dianteiro regateao e marca gol cá meta valeira. Segue o encontro tenso, pelexándose cada balón, pero cumprido o minuto 80 e a falta do engadido, outros 8 minutos, un saque de falta no medio campo e colgado de fronte cara á meta rival e preto da área pequena. Ahí aparece Titi, que debutaba no primeiro equipo da categoría, para peinar de testa e envia-lo balón ao longueiro para logo colarse na meta visitante. Bo traballo dos nosos, onde nunca perderon a faciana do partido, a pesares das moitas baixas que tiñan. Cadete B 0 - SD Villestro 0 Partido no que o noso cadete dominou o xogo diante dun equipo plegado, pero que aínda así lograbamos xerar superioridades sobretodo por dentro. O gran perigo do rival eran as transicións, onde consiguiu xerar en algunha que outra ocasión de gol e intimidar a nosa portería. Non foi o partido de cara a portería, xa que fallamos ocasións moi claras e que puideron facer que finalizasemos o encontro con victoria, pero non foi así. Boa actitude dos rapaces e bo xogo, só nos faltou o gol!! A seguir traballando. CD Cía de María 3 - Cadete C 1 Resultado inxusto, xa que dispuxemos de moitas ocasións claras que se os nosos rapaces foran quen de materializar o resultado sería outro. Últimamente non estamos acertados de cara á portería rival. Seguimos formando e traballando para mellorar de cara o futuro. SCD Milagrosa 3 - Xuvenil A 3 Viaxabamos ata Lugo, ca esperanza de sacar un resultado positivo. Ao pouco de comezar, teríamos varias ocasións moi claras, o cal nos daba a pensar que o partido pintaba ben, pero nun despiste noso, un xogador rival prantaríase só diante do noso porteiro para adiantar aos locais. Seguiriamos tentando, pero sen claridade e pouco despois nos marcarían o segundo tanto, algo que non mereciamos en absoluto. A partires dese gol, reacionaríamos sendo moito máis precisos e así nos fomos ao descanso. Sairíamos máis enchufados se cabe, con dous trocos que daríannos a frescura necesaria, foi Álvaro o encargado de recurtar distanzas e cando mellor estabamos, outro duro golpe coa expulsión do noso porteiro. Quedariamonos con 10, e recibiríamos o derradeiro mazazo, un gol de falta dende campo contrario. Tras esto, todos poderiamos decir que o partido estaría sentenciado, pero estes rapaces conseguirían unha nova xesta, para empata-lo encontro, cun traballo soberbio. Pena a última ocasión de Malvárez, a cal sae rozando o pau, que nos daría tres puntos necesarios e merecidos. Continuamos na pelexa para entrar no play-off de ascenso. Xuvenil B 1 - Victoria FC 1 Gran partidos dos nosos rapaces diante dun gran rival, quizáis un dos mellores partidos disputado polo equipo no que vai de liga. Fomos quen de neutraliza-lo xogo do rival durante todo momento, o que provocou que apenas dispuxera de ocasións claras. Pola nosa parte o bó traballo defensivo do equipo fixo que foramos moi productivos nas transicións e así fosemos capaces de ter bastantes ocasións claras, pero o seu partido fixo un auténtico partidazo e desbaratou a maioría delas con grandes intervencións. Ao final sacamos un punto que non fixo xustiza ao partido realizado polos nosos rapaces. CCD Taragoña 0 - Sénior 3 Partido moi complicado de xogar, rival duro, campo pequeno, moitas emocións nas almas de cada quen... o bo foi que sumamos 3 puntiños que nos dan a posibilidade de seguir loitando ata o final polo campionato ligueiro. Por un lado, estaba o Taragoña, que se xogaba unha boa parte das súas opcións de meterse na fase de ascenso. Son un equipo moi traballado defensivamente, acostuman a estar moi xuntiños e nun campo tan pequeno é moi difícil xerar ocasións de gol a favor. Por outro lado estaba a tensión, a inquedanza... a ilusión que temos todos por conseguir ese primeiro posto da táboa. Ás veces esto é un problema, pero levamos feito traballo, moito traballo ao longo dos meses. Buscamos a sorte, e atopámola. Só queda seguir loitando, gañar cada partido e esperar!!! Para a semana máis! O PB B visitou Riazor O noso equipo PB B disfrutou esta fin de semana do partido de liga que disputou o RC Deportivo da Coruña diante do Ceuta, correspondente a xornada de liga de primeira federación. Esta iniciativa enmárcase dentro do convenio de colaboración que manteñemos co equipo herculino. Os rapaces e as súas familias disfrutaron dun gran día. Golazo de Chilena de Lucas na victoria do Infantil A.

Xornada 16/04/2023

Gran victoria a domicilio do Xuvenil B Importantísima victoria do Xuvenil B en Negreira que lle permite soñar con acada-la permanencia na categoría. Ademáis o equipo Sénior segue con paso firme cara o ascenso directo con outra goleada na casa diante do Agrón. No debe queda a derrota do Cadete A na Coruña por 1-0 diante do Atlñetico Coruña Montañeros CF. PB A 4 - Cidade de Ribeira CF 2 Partido do noso Prebenxamín A diante do Ribeira, víronse dous equipos que saíron a polo partido dende o pitido inicial. A itensidade amosada por ambo-los dosu conxuntos veuse reflectida no marcador da primeira metade cun empate a dous goles. Na segunda metade axustamos mellor a defensa e o rival non foi quen de facer ocasións claras de gol, pola contra en ataque a pesares de facer dous goles estivemos algo faltos de puntería. Seguimos traballando para tratara de saír campeóns de liga. PB B 4 - CCCD Taragoña 4 Un partido moi ben xogado polos nosos nenos, amosando a boa fase que están a pasar en canto a bo xogo, unha mellora acadada tralo bo traballo feito nos adestramentos. O partido comezou cun gol en contra que fomos quen de remontar e poñernos 3-1 cun xogo moi rápido e preciso onde por momentos dominamos ó rival, quen en dúas contras foi quen de empatar nos derradeiros minutos, pero isto non debe ensombrece-la progresión do grupo ó longo do ano, que é para estar moi orgullosos do equipo. A seguir nesta liña e ánimo rapaces!! Cidade de Ribeira 0 - Benxamín A 6 Os cativos do benxamín apretan nesta recta final en busca do obxetivo. Partido doado no barbanza onde os nosos se adiantan moi cedo no marcador o que fai que leven o peso do partido con moita tranquilidade. ED O Dolmen de Tordoia B 0 - Benxamín B 11 Partido onde os nosos, unha vez máis, amosan a súa superioridade e certifican matemáticamente o primeiro posto nesta fase. Un partido máis para que os nosos continúen ca súa aprendizaxe. Cordeiro CF 2 - Benxamín C 0 Partido onde o rival con dúas accións a balón parada foi quen de levarse os puntos en xogo. Aínda así, gran actuación dos nosos que amosaron o seu progreso tanto en posicionamento táctico coomo en accións combinativas, foron superiores en xogo ao rival. Seguimos traballando para mellorar. Cordeiro CF C 0 - Benxamín D 9 Partido con pouca historia o xogado polo noso benxamín, xa que nos permitiu probar a xogadores en distintas posicións da que o viñan desempeñando habitualmente co fin de que sigan progresando como xogadores e principalmente como persoas. Cidade de Ribeira CF 4 - Alevín A 1 Partido difícil diante dun equipo moi bo e moi intenso, ao que viñamos de gañar na final da Arousa Cup. Comezaba o partido como esperabamos con moita intensidade por parte do Ribeira buscando golpeos en canto tiveran oportunidade. Tapabamos ben os golpeos e con boas basculacións, non pasabamos demasiados apuros. Na saída de balón en ocasións había un pouco de precipitación o que permitía ao Ribeira roubar pronto pero lonxe da nosa portería. Como ben sendo bastante habitual esta tempada, a balón parado tras un saque dende o curruncho o rival adiantábase no marcador. Na segunda parte foi polos mesmos derroteiros que a primeira cando nun erro encadeado e sen perigo aparente volve a marca-lo segundo. A partires de ahí aumentan as imprecisión o que nos fai cometer maís erros e ao rival amplia-las diferenzas. Fomos quen de reducir distanzas tras unha boa acción combinativa que daba lugar ademáis ao final do partido. EF Lalín B 0 - Alevín B 3 Derradeiro partido de Liga que nos deixa como subcampeóns, empatando só un partido e perdendo outro en toda a tempada. Gran partido dos nosos que fixeron unha temporada magnífica sendo todos xogadores de primeiro ano. Alevín C 5 - Puebla FC 1 Partido do noso Alevín sen nada en xogo salvo remata-lo ano invictos. O equipo saiu sen intensidade na primeira metade e apenas xerou ocasións de perigo, na segunda subiu unha marcha máis e grazas a elo foron chegando os goles. Alevín D 4 - Carreira CF B 1 Un partido moi trabado e marcado polas nosas baixas, decídese nunha boa segunda metade dos nosos na que foron quen de remonta-lo gol inicial do rival. SD A Baña 4 - Alevín E 4 Partido importante para nós, xa que puntuando poderíamos escalar un pouquiño na clasificación. Comezabamos moi intensos, cunha presión alta e con moitas ocasións, iso faria que aos poucos minutos foramos 0-2 gañando. Pero non ía ser todo tan bonito xa que cometemos erros graves na defensa coma malos despexes ou mal posicionamiento, polo tanto á conclusión da primeira metade o marcador sinalaba táboas. Na segunda metade fomos quen de poder adiantarnos no marcador pero o rival sempre respostaba coutro gol. A piques de remata-lo partido recibiríamos o 4-4 final e facer un reparto de puntos. Unha mágoa xa que a nivel ofensivo mostramos un bo fútbol e puidemos marchar a casa cos tres puntos pero os erros na parcela defensiva fixo que non fora así. Oza Juvenil SD 0 - Infantil A 3 Tres novos puntos do noso primeiro equipo infantil, que xunto co empate do Victoria en Viveiro, implica que recupera-lo liderado da liga. Comezou o encontro cos dous equipos pelexando por facerse co dominio del, cunha presión alta por ambo-los dous, o que facía que se buscase a meta contraria con xogo directo. A primeira ocasión clara do Berta, sería, coma non, a balón parado, nun saque dende o curruncho esquerdo. O balón pono Pérez directamente no segundo pau, onde Lucas remata doado, abaixo, e o meta local desbarata a ocasión nunha magnifica intervención. Pouco despois, o Oza tería a súa única ocasión en todo o encontro. Sería nunha xogada pola banda dereita, pon un centro o extremo e aparece no segundo pau compretamente só o extremo contrario que remata fóra. A partires de aquí toda-las ocasións serían do equipo visitante, e o primeiro gol chegaría no minuto 31, nun saque dende o curruncho dereito que pon Diego o primeiro pau, onde Santi fai un remate de testa cara o segundo pau e éste chega ao fondo da rede. O seguinte gol viría no minuto 37, nunha xogada pola banda dereita, onde Matteo pon o centro e éste despois de varios rexeites acaba chegando o segundo pau, sendo Pérez quen empala o balón ca sua perna menos boa dunha maneira perfecta, entrando na meta local pola súa parte esquerda. Có 0-2 fómonos aos vestiarios. Na segunda metade o Berta sae un pouco descentrado, pero pouco a pouco voltou a asentarse no campo e no minuto 53 chegaria o terceiro. Sería nun balón en longo, onde Pérez pelexa co meta local na área, este despexa de puños e cae na frontal da área grande nos pés de Lucas. Éste remata de primeiras e fai unha vaselina perfecta que se cola preto do longueiro da meta local. Nos minutos finais, entra Álex no campo e tería tempo para facer unha boa arrancada pola banda esquerda, poñer un bo balón ao segundo pau, onde aparecería Hugo con opcións de rematar, pero tarda moito e a defensa local logra afasta-lo perigo. Encontro serio que permite suma-los tres puntos. Infantil B 4 - Cidade de Ribeira CF B 4 Intenso e cheo de emocións o encontro disputado este Domingo por ambo-los dous conxuntos. Os nosos pegaban primeiro con 2 tantos de Fabio e Darío antes do descanso que facían xustiza no marcador. Trala reanudación un erro defensivo provoca o 2-1 e seguidamente un desafortunado despexe na área pola nosa parte dalle na man a un xogador noso e provoca un penalti deses que se pitan no fútbol "moderno", anteriormente o colexiado cómese outro clarísimo na área do rival por un empurrón cando quedaba só para rematar. Pero así é este deporte, e o rival con ese penalti faría o 2-2 no marcador, co equipo volcado en busca do terceiro una contra mal defendida pola nosa parte provoca o gol do rival 2-3 no minuto 60 de partido. Quedaba tempo e o equipo segue a traballar e xera ocasións para remontar pero non é quen de materializar, ata que unha gran xogada por banda dereita cun centro académico de Simón á testa de Fabio que marca para empatar 3-3 no minuto 68. Seguimos empurrando e metiendo ao rival na sua área, dispoñemos de 4/5 ocasións inmellorables pero unhas veces o gardameta, que fai dúas paradas espectaculares e outras nós mesmos, que non fomos capaces de materializar. Ata que chega unha clara falta na frontal que provoca a expulsión do porteiro, o rival quedaba con 10. Simón executa perfectamente para poñer o 4-3 no minuto 80. Co partido finalizado e o colexiado a punto de pitar o rival saca de centro e concedemos un córner, o partido esta acabado pero permite sacar e o seu porteiro, libre de marca, que subiu a rematar de maneira desesperada empata un encontro de infarto. 4-4 final. Infantil C 5 - Puebla CF 0 Partido para recuperar sensacións despois de 15 días de descanso competitivo. Síguenos faltando saber o que queremos facer co balón e detectar o home libre para xerar boas situacións. Levamos o peso do partido e por momentos dábanse boas situacións de saída de balón e de circulación do mesmo pero debería selo habitual e non o excepcional. A seguir traballando. Infantil D 12 - Victoria FC B 1 Rival que non opuxo resistenza e co paso dos minutos foron chegando os goles. SD Compostela B 1 - Cadete B 4 Na matinal deste Domingo o noso 2º equipo cadete visitaba o campo municipal de As Cancelas onde o esperaba a SD Compostela. Iniciabamos o partido a nivel defensivo moi fríos e iso fixo que tras un desaxuste defensivo iniciase o equipo local con vantaxe no marcador. Na primeira metade xeramos máis ocasións de gol, nas que o porteiro local estivo moi ben, e impediu que empatásemos o encontro antes do tempo de lecer. Tra-lo paso por vestiarios e tras correxir unha serie de conceptos o equipo saíu bastante máis enchufado e logrou sobrepoñerse e gaña-lo partido con solvencia. Cadete C 0 - Victoria FC B 1 Mal resultado do noso equipo. Partido para esquecer. En ningún momento competimos diante dun rival que só amosou no campo as gañas, a forza e a sorte dun gol por erro noso no final da primeira metade. Seguimos formando. Xuvenil A 9 - CF Dumbría 1 Partido moi serio dos nosos xuvenís que foron quen de controlar en todo momento e non pasar apuros en ningún momento do mesmo. Tanto os xogadores que foron titulares coma os que saíron dende o banco de suplentes aportaron traballo para que se conseguise este magnífico resultado. Temos que seguir traballando para acada-la ansiada clasificación para o play-off de ascenso. AD Nicrariense 0 - Xuvenil B 6 Gran victoria dos noso segundo equipo xuvenil que lle achega un pouco máis ao obxetivo da salvación. Partido no que o equipo soubo traballar en defensa xa que foi quen de non recibir ocasións claras, pero no que lle custou chegar con claridade á área contraria na primeira metade, xa que non foi ata os minutos finais da mesma cando se acadaron dous goles obra de Vizcaya e Antelo. Na segunda metade o cansanzo do rival e a intensa calor fixo que baixase un pouco o ritmo do encontro e as ocasións so se producisen na meta contraria. Salientar o gran traballo de Chapela que viña dunha longa inactividade competitiva. Sénior 6 - Agrón Barcala CF 1 Máis alá do resultado cabe dicir que o partido foi moi malo. Non houbo intensidade nin ritmo en ningún momento do partido. Evidentemente a tremenda calor que facía resultaba insufrible e, en boa medida, o partido veu marcado por eso e tamén polas baixas en ambos conxuntos. Golazo de falta directa de Lois para o Alevín E. Gol de Santi coa testa para o Infantil A. Gol de Mateo para o Alevín D.

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal