Novas

Xornadas Semana Santa 2023

A pelota tamén saleu de procesión. Esta Semana Santa moitos equipos da nosa base non pararon por vacacións xa que algúns ata tiveron xornada intersemanal. Ademáis o equipo Sénior aproveitou para xogar a súa eliminatoria da Copa do Sar.Salienta-la victoria do Xuvenil B que supón tres puntos importantísimos de cara a acada-la ansiada permanencia na Primeira Autonómica. XORNADA 1-2 ABRIL CCD Taragoña 0 - PB A 5 Partido do noso Prebenxamín A diante do Taragoña. Partido que foi máis disputado do que reflectiu o marcador final sobre todo na primeira metade, onde tanto nós como eles tivemos ocasións moi claras estando nós máis acertados na área. Na segunda metade xa soubemos impor o noso xogo. Esta victoria fai que teñamos a segunda praza asegurada, agora a gaña-los dous partidos que faltan para tratar de seren campeóns. SD Esclavitud 0 - PB B 7 Primeira ledicia en forma de victoria a acadada hoxe polos nosos pequenos, nesta fase da competición, nun partido que foron quen de gañalo sendo superiores ós locais en ambos lados do campo e cunha gran actitude durante todo o partido. Noraboa aos pequechos. Benxamín A 6 - EF Lalín 0 Bo partido diante dun gran rival; triunfo traballado con ideas claras e querendo propoñe-lo noso xogo en todo momento. Non levanta-lo pé do acelerador será fundamental neste último treito para acada-los obxetivos. Benxamín B 2 - ED O Dolmen de Tordoia 0 Nova victoria para o benxamín nun partido bastante igualado diante dun rival que competiu moi ben e no que se decididiu por dous goles a balón parado. Un partido que serviu para que os nosos puideran competir e continuar ca súa aprendizaxe. Benxamín C 3 - CD Conxo Santiago B 5 Partido moi intenso e competido o disputado por ambos equipos no Municipal de Bertamiráns. Aos nosos sobráronlle os derradeiros dez minutos xa que encaixaron dous goles que supuxeron unha dura derrota. Seguimos a formar. Benxamín D 3 - Cordeiro CF B 2 Comezabamos frouxos, e por mor diso adiantábase o Cordeiro. Melloramos os axustes defensivos e así conseguimos darlle a volta ao marcador. Bo traballo feito polos nosos pequenos. Alevín A 3 - EF Lalín 4 Partido moi pouco habitual, unha primeira parte moi boa na que nos adiantamos claramente no marcador e dispuxemos de ocasións moi claras para  sentencia-lo encontro... por unha ou outra cousa non fomos quen de sentencia-lo partido. Ao final do encontro, co marcador 3-2 a favor e o partido vivo, cometemos dous erros graves que nos custan sendos goles e o partido. Hai q seguir!! Alevín B 6 - SD Cacheiras 0 Enfrontabámonos a un rival que se era quen de gañarnos nos adiantaba na táboa, algo que os nosos non iban a permitir e imprimiron un ritmo tan tan alto de xogo que o rival sucumbeu dende o minuto 1. Foi o mellor partido de liga que disputamos ata o momento. Destaca-la actuación do seu porteiro benxamín Samuel, que estivo moi ben baixo paus e que salvou ao Cacheiras dunha goleada maior. SD Esclavitud 0 - Alevín C 5 Partido do noso Alevín C diante do Esclavitud no que dende o inicio fomos quen de facernos donos do partido xerando ocasións, ademáis non sufríamos en defensa. O partido serviunos para a falta de dúas xornadas saír campeóns de lig. Agora a seguir traballando. Puebla FC 6 - Alevín D 2 Outro encontro máis no que a primeira metade dos nosos é moi competitiva, pero a segunda lastra todo o bo conseguido ata ese momento. Toca avanzares e melloraro para que esto deixe de suceder con tanta asiduidade. Alevín E 0 - AD Nicrariense B 15 Tocábanos contra o líder da liga e xa íamos coa idea de pelexar cada balón. Cun bo posicionamiento e cunha idea clara seríamos quen de ir 0-0 aos primeiros 10 minutos pero a superioridade do rival, e sobre todo a dun xogador concreto, facía que levasen o peso do partido. Parabenizar ao rival por ese gran resultado pero sobre todo aos nosos xogadores que a pesares do resultado nunca baixaron os brazos. Infantil A 4 - Galicia de Caranza 1 Victoria importante para seguir loitando polo todo ou nada, nesta liga tan igualada entre os catro primeiros. Comezou o encontro cos equipos saíndo a presionar arriba. Pero sería o Berta quen abriría o marcador cedo, sería no minuto 3, nun saque dende o curruncho dereito, que remata Santi de testa no medio da área pequena e envía o balón ao fondo da rede. Non tardaría en chega-lo segundo gol dos nosos, sería no minuto 10, nunha xogada por banda dereita, cun bo centro de Matteo e remata o fondo das maias Pérez. O equipo estaba ben, cría que tiña o encontro controlado, pero no minuto 14, un mal pase na zona de iniciación polo carril central, interceptado polo dianteiro rival Diego, avanza ca pelota cara a meta local e entrando na área grande golpea raso e a esquerda de Marco, logrando batilo. Gol que traía incerteza e nerviosismo. O partido púxose máis igualado con este marcador, habería que agardar ao 39, noutro saque dende o curruncho dereito, donde despois de varios rexeites na área pequena, o balón chega aos pés de Santi, que dispara a esquerda do meta visitante e logra batilo. Gol moi importante psicolóxicamente. Co resultado de 3-1 fómonos aos vestiarios. A segunda parte, o Berta non se mete atrás, segue querendo máis, e sería Carlos, quen no minuto 46 e noutro saque dende o curruncho dereito, quen noutro remate coa testa mandaría o balón ao fondo das maias, colándose este preto do longueiro e deixando de manifesto a superioridade no xogo aéreo do noso equipo. O partido despois disto avanza tranquilo, pode ser pola influenza da superioridade no marcador por parte dos nosos, salvo nun susto no que o Caranza puido face-lo segundo, nun saque de falta, no que a defensa tira mal a liña de fóra de xogo, e o dianteiro rival recibe o centro diante de Marco, logrando éste rechazar dous disparos do rival e evitando unha ocasión de gol moi clara. Tres puntos importantes para seguir na loita. Moita sorte. SD Amio 0 - Infantil B 3 O partido se presentaba un tanto complicado debido as baixas, pero tanto Sande como Adri Silva xogadores do Infantil D non decepcionaron e fixeron un gran encontro, xa que foron quen de aportar moito ca súa entrega e calidade. Marcamos cedo, froito dunha gran xogada que finalizaba Eli tras un gran pase de Fabio no minuto 9 e no minuto 21 Simón no segundo pao marcaba o segundo despois dun saque dende o curruncho que executou Marco. O partido encarrilábase, e con 0-2 chegamos ao descanso. Na reanudación o rival apreta en busca da remontada pero non foi quen de crear perigo grazas oo bo traballo defensivo que seguía a mante-lo equipo. No minuto 56 Brais de falta directa pechaba o encontro para írmonos de vacacions cun 0-3 que nos segue a manteren líderes. UD Bastavales 2 - Infantil C 2 Mal partido do noso infantil onde non fomos quen de leva-lo ritmo do partido. A pesares disto xeramos numerosas ocasións de gol sobre todo na primeira parte onde se contabilizaron non menos de tres mans a mans. Ainda así nun erro o Bastavales adiántase no marcador. Ao inicio da segunda parte un erro no axuste defensivo provoca que o Bastavales amplíe distanzas no marcador. A partires dese intre prodúcese un monólogo pola nosa parte e acadamos un empate despois de incontables ocasións. San Pedro FC 2 - Infantil D 4 Seguimos deixando mala imaxe diante dos rivais da zona baixa. Esquecer este día será chave se queremos saca-los 3 puntos no seguinte partido. Cadete A 3 - CD Lugo B 2 Victoria moi sufrida a acadada polo primeiro equipo da categoría, que serve para achegarse de novo ao primeiro clasificado. Empezou o encontro sendo moi disputado, disputándose todo-los balóns, pero quen tería as ocasións máis claras sería o equipo local. Destacar nos primeiros minutos un remate coa testa, que o meta rival prolonga para que a pelota se perda por riba do longueiro. Logo destacar tamen un remate de Rodri, que despois de zafarse do seu par, entra pola parte esquerda da área rival, dispara pero o porteiro logra desbarata-la ocasión. O primeiro gol tardaría en chegar, sería no minuto 29, sendo Diego o autor, nun remate no segundo pau, nun balón centrado dende a banda dereita. Có 1-0 fómonos ao descanso. A segunda parte empezaba cunha clara ocasión, moi similar a da primeira parte, onde Rodri recolle un balón no borde da área grande, logra desfacerse da marca indo cara dentro da área, dispara a uns 12 metros da meta e o gardamallallas repele o disparo. O 2-0 sería de Rodri, no minuto 45, noutra xogada típica del, recolle un balón preto da área contraria, arranca cara meta rival desfacéndose do seu par e o entrar na área golpea duro e aínda que sae bastante centrado o meta rexeita mal e a pelota acaba no fondo da rede. A partires de aquí o Berta parece que se relaxa, non mantén a mesma intensidade, as liñas sepáranse, non gaña tantos segundos balóns e así no minuto 68, unha galopada do extremo do Lugo pola banda esquerda, desfacéndose de varios dos nosos, da unha boa asistencia a Lucas dentro da área e este saca un disparo cruzado e bate polo pau esquerdo a Pablo. Con esto parece que o Berta reacciona e seis minutos despois, no 74, nun saque dende o curruncho dereito, Migui remata coa testa de forma inapelable na zona central da área pequena e fai o 3-1. Cando parecía que íamos ter un final de partido tranquilo, provocamos dous minutos despois unha falta un pouco por diante do medio campo a favor do Lugo, éstes colgan o balón na área, a defensa non está contundente e Gabriel que entrara na segunda metade, logra bati-lo meta local Pablo. O resto do encontro tocaba sufrir, aínda que finalmente o Berta logrou a victoria, moi importante para voltar a meterse na loita pola liga e o ascenso directo. Cadete B 4 - Porto do Son CF 0 Partido no que o noso cadete foi moi superior ao rival en todo o encontro, o problema na primeira metade foi a falta de gol, varias ocasións moi claras que non repercutiron en abri-lo marcador. Sabiamos que no momento que marcáramos o primeiro viría algún máis e así foi. Na segunda metade Rubén abre o marcador e despois veu moi rápida a sentencia, finalizando o encontro 4-0. Agora a descansar en Semana Santa e esperanos a volta o SD Compostela B. A seguir traballando!! E. Estrada FB B 1 - Cadete C 1 Partido moi complicado onde o empate sábenos a victoria. Seguimos a formar persoas e futbolistas. Racing de Ferrol B 1 - Xuvenil A 3 Encontro marcado por unhas dimesións e un céspede ao que os nosos rapaces non están acostumados. Os primeiros 15 minutos de partido serían para adaptarse ao terreo de xogo, onde ao xogar en herba natural, o balón rodaría dunha forma diferente, logo deses minutos asentarímonos no terreo de xogo e adiantaríamonos no marcador. Pouco despois aumentaríamo-la nosa vantaxe e a partires dese intre, sufriríamos unha expulsión, a cal nos deixaría en inferioridade. Axustaríamos as distanzas e mudaríamos un chisco o noso sistema, pasando a facer un esforzo defensivo para lograr traer os tres puntos. A segunda metade sería idéntica, ata que o Racing se quedaría con 10 xogadores, o que faría volver a iguala-las forzas. Parabenizar aos rapaces polo esforzo, onde esperamos que dito esforzo extra non pase factura para afronta-lo tourmalet de partidos que veñen. SD Cacheiras 3 - Xuvenil B 1 Bo partido o disputado polos nosos rapaces na Cañoteira. O partido comezou cun golazo do equipo rival, obra de Eloy que recibe un balón na banda dereita e despois de driblar a dous defensas lanza un zapatazo imparable que entra preto da escadra do lado contrario. Aínda con este mazazo o equipo non se veu abaixo e executou o plan de partido, cun plantexamento de agarda-lo rival en bloque baixo para despois tratar de contrgolpear. Así dispuxo de dúas ocasións que non soubo materializar, ademáis tampouco pasou apuros en defensa. No minuto 39 o equipo consegueu o empate grazas a un penalti maxistralmente executado por Dylan. Pero todo este bo traballo realizado veuse abaixo nos primeiros 15 minutos da reanudación xa que o equipo encaixou dos goles en sendos erros defensivos. O primeiro por non segui-las marcas na área na defensa dun balón aéreo e o segundo por culpa dunha pasividade defensiva propia de benxamíns. Despois o equipo repúxose pero apenas inquedou a meta local. SD Urdilde 0 - Sénior 1 Bo partido esta fin de semana o disputado no campo de O Pino. A primeira parte fomos precisos e estivemos acertados. Puidemos rompe-las liñas da presión rival con moita frecuencia. Tivemos varias ocasións pero non fomos quen de marcar. A segunda parte foi máis difícil, o Urdilde tomou máis riscos dos que xa tomaba na primeira parte e nós vímonos na obriga de xogar máis directo do que nos gustaría. Concedemos dúas ocasións que ben puideron ser dous goles, así mesmo tivemos, ao igual que na primeira parte, boas ocasións...e tampouco fomos capaces, ata que nos derradeiros minutos; a balón parado puidemos poñe-lo 0-1 definitivo XORNADA 5-6 ABRIL SDCR Narón O Freixo 3 - Cadete A 2 O primeiro equipo da categoría cadete deixa tres puntos importantes para seguir na loita pola liga, despois de voltar a desaproveitar moitas ocasións coas que puido gaña-lo encontro. Empezou o encontro cos dous equipos bastante estirados e xogo directo, quizáis propiciado polo estado do terreo de xogo, bastante irregular. Non tardou o Berta en ter a primeira ocasión do encontro, sería Rodri, quen se zafa do seu par preto da área grande, adéntrase nela e diante do meta marra. Pero pasaría como outras moitas veces, primeira ocasión do rival e gol, sería nunha falta lonxana, lánzana directamente a porta, sen moita forza, o balón bota antes de chegar ao noso meta, non consegue blocar e o rexeite cae nos pés do xogador local Diego e fai o primeiro. A partires de ahí as mellores ocasións da primeira metade serían do Berta, unha Suárez, que despois dun saque dende o curruncho o seu remate bota dúas veces por riba do longueiro e vaise fóra. A seguinte ocasión teríaa Diego, despois dun centro dende a dereita, no que o porteiro non se fai có balón, chega os pés deste e con todo a favor manda o balón ao pau dereito da portería local. A segunda parte sería prácticamente un calco da primeira, noutra xogada illada no minuto 50, o Narón fai o segundo, sería despois dun centro dende a esquerda, que cae por diante do punto de penalti e Sergio libre de marca remata coa testa de maneira perfecta para manda-lo balón ao fondo da rede. A partires destes intres, o Berta mete máis intensidade, vese que pode chega-lo gol, aínda que tardou. Sería no minuto 70 nunha xogada que arranca na banda esquerda, que despois dun pase a zona central do ataque, aparece Samu por sorpresa pola zona dereita da área local, envianlle o balón e despois dun control orientado, golpea perfecto para manda-lo balón ao fondo da rede. O Berta está volcado, e nun pase en longo, o Narón tería unha boa ocasión, o dianteiro local recibe preto da área do Berta, pero Pablo ben colocado, achícalle o espazo de remate. Tiña que segui-lo Berta tentandoo, e o seguinte en ter unha clara ocasión sería Xavi, despois dun centro dende a dereita, onde éste está completamente só no segundo pau, pouco despois da altura do punto de penalti, pero o control é moi lento, e cando dispara un defensa da interceptado o balón. O segundo gol sería no minuto 85, no descoto xa, nunha xogada a balón parado. Saca Samu unha falta preto da área rival, pola esquerda a uns 30 metros, colga o balón dirección portería, o segundo pau e Dani logra rematar para envia-lo balón ao fondo das maias. Cando se pensaba que o marcador non se movería, unha falta no minuto 87, no medio campo e a favor do equipo local, é colgada o medio da área grande, onde aparece Rafael para rematar coa testa ao fondo da rede. Mágoa polo punto perdido. A seguir loitando e tratar de mellorar certas cousas para ser moito máis competitivos. Xuvenil A 1 - Bergantiños CF B 3 Mal partido do noso primeiro equipo xuvenil. Non fomos quen de xogar un partido con intensidade e tampouco soubemos abri-la defensa rival xa que a pesares de te-la pelota no nosos poder non soubemos que facer con ela. Ademáis de sufrir moitísimo co xogo directo que empregou o rival, que sabía perfectamente ao que xogaba e executou un plan de partido maxistral. Debemos de aprender que sen profundidade non podemos romper liñas defensivas e que non podemos abusar do efecto parabrisas cando temos tanta posesión de balón. Toca seguir traballando se queremos poñe-la guinda do pastel a esta tempada clasificando para o play-off de ascenso. Xuvenil B 3 - SR Calo 0 Por fin chegou a ansiada victoria que tanto precisaba este equipo. Foi unha victoria sufrida diante dun equipo moi ben plantado sobre o terreo de xogo que soubo emprega-las súas armas para tratar de levarse os tres puntos. Os nosos foron quen de leva-lo ritmo do partido diante dun rival que preferiu esperar para tratar de contragolpear. Na primeira metade o equipo dispuxo de 3 boas ocasións para abri-lo marcador pero non soubo materializalas, pero o Calo tamén dispuxo de varias ocasións con balóns longos cara seu dianteiro que nos puxo en apuros varias veces. Na segunda metada o equipo abriu o marcador aos dez minutos cun centro-chut de Fran que se envenenou. A partires deste intre o rival muda de sistema pasando a xogar con 4 defensas e 2 dianteiros e aparecen os espazos que os nosos aproveitan para sentenza-lo encontro. Tres puntos vitais para acada-la ansiada permanencia. XORNADA 8-9 ABRIL Cadete A 1 - CD Conxo Santiago B 2 Nova derrota do primeiro equipo da categoría, co cal alónxase a probalidade do ascenso directo e de gaña-la liga. Encontro que empezou sendo moi disputado, con poucas ocasións e vendo que erros puntuais podían decidir. Sería Rodri, quen no minuto 18 abriría o marcador, nunha magnifica xogada individual, onde recolle un balón de costas a área contraria, xírase cara a súa perna boa, achégase ao centro da área grande e golpea raso ao pau esquerdo da meta rival. GOLAZOOOO. Parecía que o Berta tiña o partido controlado, onde ía dominando o xogo, pero no minuto 38, outro erro na defensa a balón parado, fai que un xogador visitante remate de maneira sinxela no segundo pau, enviando o balón o longueiro e despois de varios rexeites, Uxio no seu remate logra que o balón traspase a liña de gol, sendo éste moi dubidoso. Gol con efecto psicolóxico. A segunda parte o Berta segue propoñendo máis, quere o partido, pero no minuto 51, un despexe sen aparente perigo que cae no medio campo, a defensa está branda, non logra despexar nunha disputa aérea, o extremo recolle o balón, prántase só diante de Pablo e bateo por riba. Despois disto o Berta non se veu abaixo, sigueu tentadoo, facendo trocos ofensivos, mentres o Conxo defendíase e lanzaba balóns longos tentando gañarlle as costas á defensa. Salientar unha acción dos nosos nese tempo, onde un remate desde dentro da área de Diego, pegado o pau dereito da meta visitante, o porteiro fixo unha estupenda parada, lucíndose e evitando o empate. Mereceu máis o Berta, pero o dito, erros puntuais penalizaron moito. Galicia Caranza 2 - Xuvenil A 0 Mal partido novamente do noso primeiro equipo xuvenil. Unha vez máis voltamos a te-la posesión de balón pero non fomos quen de xerar numerosas ocasións clara de gol. O rival pola súa contra aproveitou dous erros nosos para meter dous goles e despois chegoulle con defender para non pasar apuros. Tamén debemos de saber adaptarnos a campos cunhas medidas máis grandes cas do Municipal de Bertamiráns, porque nestes campos temos bastante dificultade para mante-las liñas xuntas. Así e todo se a falta de Nico en vez de bater no longueiro entra ao fondo da rede quizáis houbésemos escrito outra crónica diferente. Temos que seguir e loitar por amarrar un posto no play-off. SD Brión 1 - Sénior 5 Encontro de primera ronda da LV Copa do Sar que nos enfronta a un clube amigo como é a SD Brión disputado no municipal de Bertamiráns. No que respecta o meramente deportivo tratouse dun duelo de luva branca que no minuto 6 o marcador amosaba un 2-0 o cal fixo que o ritmo do mesmo fora baixo, pero xerando algunhas ocasións para irse co 3-0 ao tempo de lecer. Á volta de vestiarios o Brión tentou reaccionar pero non foi quen e encaixou dous tantos máis ata conseguir marcar no minuto 68 para por o 5-1 final a pesares de contar con varias ocasións para ambos lados o marcador non se moveu, unhas veces por erros no remate e outras por boas paradas dos gardametas. Ahora toca volver a centrarse na liga. Gol de Carlos coa testa na victoria do Infantil A. Gol de Santi na victoria do Infantil A.

Xornada 26/03/2023

Inxusta derrota do Cadete A na súa visita a SD Compostela. PB A 13 - SD Esclavitud 0 Partido do noso Prebenxamín no que saímos moi metidos dende o inicio, sen deixa-la máis mínima opción ao rival, xa que fomos donos do partido como así o reflectiu o marcador. Temos que seguir traballando para mellorar. PB B 3 - Crocha Balompé CF 6 Partido con dúas partes totalmente diferenciadas as que xogou o noso PB, onde nos primeiros minutos custounos entrar en xogo e os visitantes lograron arrincar cun resultado moi claro, aínda que co paso dos minutos fomos quen de igualar a base de esforzo e bo xogo, pero preto do final e perdendo o físico, encaixamos dous goles que remataron por pecha-lo resultado final. Bo reparto de minutos e traballo dos nenos neste primeiro ano na categoría. A seguir aprendendo co traballo diario semanal. CD Conxo Santiago 0 - Benxamín A 3 Partido no que fomos quen de saír concentrados. O equipo foi capaz de entende-lo xogo que buscamos e de representalo no campo. Só queda seguir nesta liña durante o que queda de campeonato. SD Dubra 0 - Benxamín B 10 Partido moi desequilibrado, onde os nosos, un dia máis demostraron a súa superioridade. Nos primeiros minutos xa se adiantaron no marcador e aínda que o Dubra aguantou cun resultado igualado ao descanso, na segunda parte chegarían máis goles para deixar ese resultado final. Un partido máis de aprendizaxe para os nosos. SD Amio 2 - Benxamín C 2 Partido moi intenso onde faltando 5 minutos para o final do mesmo empatáronnos cunha falta moi ben exeutada polo rival. Seguimos traballando para formar e mellorar de cara ao futuro. SD Esclavitud 5 - Benxamín D 0 Bo partido para os nosos pequenos a pesares do resultado, diante dun equipo que aínda non coñecía a derrota. Competiron moi ben os rapaces tanto a nivel defensivo coma ofensivo pero a diferenza de idade foi un factor determinante. Van evolucionando e disfrutando cada semana que e o máis importante nestas idades. A seguir traballando. CD Conxo Santiago 3 - Alevín A 0 Partido moi marcado polo vento e a choiva, por momentos non era nada doado o simple feito de estar no campo. Posteriormente fóronse creando pozas de auga e a pelota non rodaba como debería. Xogamos nun contexto complexo ante un moi bo rival asi que todo ben, outra experiencia vivida. SR Calo 1 - Alevín B 5 Costosa victoria do noso alevín que estivo moi errático na primeira metade, pese a porse por diante no primeiro minuto de xogo. Unha decente segunda metade abreu distanza no marcador e o rival non era quen de aguanta-lo alto ritmo imposto polos nosos nenos. Alevín C 14 - Puebla FC B 0 Partido do noso alevín diante do pecha cancelas, onde dende o inicio fomos moi superiores mostrándose a diferenza entre a clasificación dun e outro. Dominámo-lo partido sen problema ningún como así o reflectiu o resultado final. Agora a seguir traballando. Alevín D 1 - SD Esclavitud 3 Un moi mal arranque condenounos todo o que veu despois. Pese a entrares no encontro moi mal e encaixando 2 tempraneiros goles os nosos non lle perderon a faciana ao partido, logrando recurtar distanzas na segunda metade, sen que finalmente valera de moito. AD Nicrariense B 4 - Alevín E 1 Comezabamos o partido moi serios en defensa cun bo bloque definido e coa idea clara de xogo. Ocasións por parte dos dous equipos quizáis eles chegando máis pero tampouco con exceso perigo. Pero ao pouco de remata-la primeira parte, cometeríamos un erro grave de posicionamento e iso faría que nos fosemos 1-0 perdendo ao descanso por un gol en propia porta. Xa na segunda íanos pasar o de case sempre. Saímos cunha intensidade moi baixa e aos dous minutos o rival xa ía gañando 3-0. Seguen os minutos do partido, chegando pouco a pouco a área rival pero tamen sufrindo moito e nos minutos finais sumaríamos un tanto para facer un resultado final dun 4-1. Seguimos en proceso de mellora, traballando e aprendendo en todolos adestramentos. E. Estrada FB 1 - Infantil A 3 Victoria e 3 puntos para apretar moitísimo a clasificación entre os catro primeiros, que loitan todos pola liga e por entrar na fase de ascenso. Empezou o encontro con dominio dos nosos, e cedo chegaría a primeira ocasión de gol, sería Scassa, que recolleria un balón na área pequena e con pouco ángulo remata duro ao poste. O primeiro gol sería no minuto 19, cando Dani recibe un balón na banda dereita e a uns vintecinco metros da meta rival, golpea duro ao balón, saíndo un disparo cruzado que se cola por toda a escadra dereita do meta rival. GOLAZOOOO!!!! Despois disto o Berta quería máis, quería o balón, tendo profundidade, amplitude e chegando a meta rival. Así no minuto 32, Scassa entra a rematar na área pequena un centro dunha falta lateral e logra envia-lo balón ao fondo da rede. Fómonos ao descanso co 0-2. No inicio da segunda metade, cando se esperaba que o resto do encontro fose tranquilo, un mal pase dos nosos cara atrás recolleo o dianteiro rival, Sergio, e en carreira logra zafarse do seu par, vaise cara a esquerda da área, golpea cruzado e marca o gol do Estrada. Quedaba toda a segunda parte, moito por sufrir. Pero non se virían os nosos abaixo, voltarían a domina-lo encontro, e no minuto 46 chega a pelota a parte esquerda do ataque, que a recolle Rico, adéntrase na área, fai unha ruleta, cede o balón a Manu, que dispara, pega no longueiro e entra. Novo GOLAZO dos nosos. Habría tempo para máis, xa que pouco antes de remata-lo encontro, Pla que acababa de entrar no campo e debutar co primeiro equipo da categoría, recolle un balón na parte dereita do ataque, encara ao rival, adéntrase na área e é derribado por éste, penalti. Lanzao Manu, rechace do meta local e voltao a recoller o noso xogador, e con todo a favor remata de cabeza fóra. Tres puntos importantes e quedan catro partidos para ver que pasa nesta emocionante liga. Infantil B 7 - AD Nicrariense 0 Partido cun resultado abultado onde na primeira metade non se conseguiu materializa-las ocasións tan claras que se crearon, non se pasaron apuros en defensas xa que o equipos estivo moi serio e concentrado na faceta defensiva. Na segunda metade tivemos máis acerto cara a porta contraria e fomos quen de materializa-las numerosas ocasións das que disfrutamos. Pouco antes do pitido final o porteiro do Bertamiráns foi quen de deter un man a mam co dianteiro contrario conseguindo así remata-lo encontro coa portería a 0 que era un dos obxetivos para este partido. Bo traballo de todo o equipos e seguimos mellorando día a día. Infantil D 1 - ED O Dolmen de Tordoia 3 Un rival forte que puxo difícil puntuar dende o minuto 1. Os nosos son capaces de sáir moi motivados e adiantáronse no marcador, pero dous erros de concentración impedíronnos levar vantaxe ao descanso. A segunda parte foi disputadísima na que o Tordoia conseguiu o terceiro gol a poucos minutos do final. Orgullosos estamos do traballo deste grupo. SD Compostela 2 - Cadete A 1 Derrota do primeiro equipo cadete, e con ela complícase moito máis a loita pola liga e o ascenso directo á máxima categoría. Empezou o encontro moi igualado, pero pouco a pouco o noso equipo foi a mellor e tería a primeira ocasión clarísima para abri-lo marcador. Sería nun centro raso dende a dereita, que remataría Jesús completamente só, pero faríao contra o corpo do meta local. Pouco despois o Berta faría un tiro dende fora da área grande, desviando éste un defensa, pero o meta local lograría chapa-lo esférico. Cando o noso equipo parecía que tiña controlado o encontro, chega unha indecisión entre o noso meta e a defensa e o dianteiro local Raviña aproveita a situación para mandar doadamente o balón ao fondo da rede. Era o minuto 33. Chegan as dúbidas ao noso equipo, e pouco despois no 39, sería Roi quen faría o segundo, noutra xogada na que a defensa non logra afasta-la pelota da súa área e o xogador local recolle o balón preto da meta visitante e logra manda-lo balón ao fondo das maias. Con este resultado fómonos ao descanso. A segunda parte tería unha soa cor, a do Bertamiráns, ocasións moi claras e constantes, sendo a primeira nun centro dende a dereita ao segundo pau, e Lio no seu remate con todo a favor envía o balón por riba do longueiro. Logo noutro centro o balón queda morto na área pequena rival, e co porteiro no chán Migui envía o balón ao pau dereito. Tiña o Berta maniatado ao seu rival, era cuestión de tempo que chegara o gol, sería Suárez no 65, nun disparo cruzado dende dentro da área grande, que se cola pola parte dereita do meta local. Quedaba tempo para máis, e tería o Berta ocasións para empatar, xa que pouco despois, Suárez voltaría facer un remate a cepa do pau dereito da meta do Compos. Mala sorte para o noso equipo, que mereceu moito máis, a seguir loitando e soñando con ese ansiado ascenso. UD Bastavales 0 - Cadete B 5 Partido no que dende o primeiro minuto de partido tivemos o control do balón en todo momento. Aínda que sendo protagonistas co balón non quere dicir que fixeramos un bo partido, xa que non foi así. Cada vez que perdíamos o balón custabanos voltar a recuperalo e na primeira metade o rival tivo a posibilidade de empatar cun tiro ao pao. A mellor nova do encontro foi o resultado e os 3 puntos. O vindeiro encontro que terán os nosos rapaces e a visita na copa do Sar ao Arzúa a domicilio. Esperamos que o xogo mellore e o equipo volva a colle-la confianza que tiña antes dos baches das anteriores xornadas. Cadete C 4 - SR Calo 0 Partido doado para os nosos onde o rival non creou perigo en ningún momento do partido. Seguimos formando. Xuvenil A 2 - SD Residencia 2 Gran partido dos nosos rapaces que pagaron a súa inoperancia cara a portería contraria xa que na primeira metade foron quen de ter ocasións moi claras para ter unha vantaxe de máis de un gol. Co 1-0 obra de Málvarez marchamos camiño dos vestiarios. Na reanudación o árbitro foi quen meteu de cheo ao equipo rival no partido xa que concedeu un penalti que únicamente veu él. O rival non desaproveitou o agasallo e empatou o encontro. A partires de aquí foi outro encontro e a superioridade amosada polos nosos desvaneceuse para pasar a un partido máis igualado onde rival quizáis foi quen de leva-lo partido cara o seu terreo. No debe deste partido unha vez máis temos a defensa do balón áereo que nos custou unha vez máis o empate do encontro a poucos minutos do final. Sénior 1 - SD Valiño Cabo de Cruz 1 O domingo pasado enfrontáronse dous bos equipos, ambos loitan polo ascenso e prentenden gaña-la liga. Había tensión, principalmente por parte dos visitantes, de ter perdido sería un tropezo moi duro. Sexa como fose, o partido foi bonito de ver, dous equipos que o tentaron todo para gañar. Así mesmo, non houbo tantas ocasións como a calquera lle gustaría pero foi emocionante. Gol de Diego na victoria do Alevín B. Golazo do Infantil A: Xogadón de Rico que asiste a Manu que anota.

Xornada 19/03/2023

Dura derrota do Xuvenil B en Porto do Son. O noso Xuvenil B sufreu unha dura derrota a domicilio diante dun rival directo na loita pola salvación en primeira autonómica; esperamos e desexamos que os rapaces se repoñan cedo deste varapalo e poidamos sumar de 3 en 3 canto antes para poder acada-la ansiada salvación.Por outra parte esta fin de semana non houbo liga en moitas categorías debido a festividade do día do pai, pero os que competiron acadaron bos resultados coma os equipos: Infantil A, Cadete A e Sénior. Benxamín B 6 - Milladoiro SD B 1 Partido moi espeso dos nosos, pero onde demostraron a súa superioridade técnica e física nesta liga e polo tanto volveron a impoñerse. Un partido para aprender dos erros e para mellorar na súa formación. Benxamín C 1 - CD Rois 3 Partido moi igualado onde os nosos non estiveron moi acertados cara a porta rival nas oportunidades xeradas, pero en cambio o rival si tivo unha efectividade maior, de ahí o resultado final. Seguimos a formar persoas e xogadores. Benxamín D 0 - Praíña SC B 4 Partido compricado pois chegabamos xustos de efectivos, e aínda así os rapaces fixeron un moi bo partido onde as diferenzas amosábanse nos metros finais. Moi contento co traballo dos rapaces e parabenizalos polo esforzo. Infantil A 2 - EF Lalín 0 Victoria importante contra o derradeiro clasificado, que permite o primeiro equipo da categoría seguir soñando có ascenso á división de honra. Empezou o encontro igualado, xa que podía chega-lo gol para calqueira dos dous equipos. Nembargantes có paso dos minutos, o Berta foise facendo dono deste, eso sí, facendo un fútbol lento e previsible, pero creando algunha clara ocasión de gol. Mencionar unha de Manu, que estando so na área grande, remata as máns do meta rival e outra de Pérez que despois dunha boa combinación remata ao poste dereito. A segunda metade tivo unha soa cor, chegou cunha pequena mellora para que o Berta tivera moitas máis ocasións, podendo deixar un resultado final moito máis abultado. Sería Pérez, nun saque de falta directo lateral, quen colgando un balón plano ao segundo pau e creando a dúbida se alguén remataba, logra mete-lo esférico directamente na meta do Lalín. Lucas que tivo varias ocasións ao longo do encontro para facer gol, sería o encargado de face-lo segundo e definitivo, nun centro dende a dereita que logra rematar de testa en parábola, sobrepasa ao meta contrario e cólase preto do longueiro. At. Fátima 1 - Infantil B 2 Tres puntos moi traballados por todo o equipo que loitou ata ao pitido final nun campo impracticable.Condicionados pola mellor adaptación do rival ao campo de terra, charcos, e xogo directo o equipo puxo o mono de traballo e mudou o súa forma de xogar. Ante a imposibilidade de rasea-lo balón, os balóns divididos foron chave para intentar facerse co control do partido pero nin eles nin nós fomos quen de ter ese control. Así entrou en xogo o balón parado, e o equipo sacou petróleo de dúas accións para gaña-lo encontro. No minuto 16 tras un gran saque dende o curruncho por parte de Pla, testarazo inapelable de Álex á base do segundo pau sen opción para o porteiro. Así chegamos ao descanso e na reanudación o rival empurra e fruto dese empurre, un mal dspexe pola nosa parte aproveitouno Lucas no minuto 60 para poñer as táboas no taboleiro. Pero este equipo non se rinde, e tras unha gran acción de Eli, que xa encaraba o pico da área, o rival vese na obriga de facer falta. Para que Noya no minuto 75 dese os tres puntos tras un maxistral saque de falta que se colou polo segundo pao da portería que defendía Lucas. Seguemos liderando a clasificación, e agora a pensar xa no ADN, vindeiro rival. Carreira CF 0 - Infantil C 2 Partido cómodo para o noso infantil onde se viron cousas ensaidas durante toda a tempada pero síguenos a faltar precisión na execución. Fomos quen de xerar moitas ocasións de gol pero cústanos materializalas. No aspecto defensivo non demos opcións ao noso rival onde non pasamos apuros. A seguir traballando aqueles aspectos a mellorar e reforzar todo o que ca temos aprendido. SD Compostela B 4 - Infantil D 0 O equipo saleu ilusionado e foi quen de plantarlle cara a un gran equipo, un dos favoritos para ascender. Nos primeiros 10 minutos encaixamos dous goles ambos ao contraataque por perder dous balóns en zonas perigosas. A pesares dos 4 goles encaixados o equipo traballou e non escatimou no esforzo. Este é o camiño a seguir. Cadete A 5 - SD Viveiro 0 Clara victoria do noso primeiro equipo da categoría, que segue aguantando o tirón do líder. Iniciou o encontro dubidativo o noso equipo, e pronto viría un erro na defensa, propiciando que o dianteiro rival quede só diante de Pablo e remate por fóra preto do pau esquerdo. Co paso dos minutos o Berta foise facendo có encontro, acumulando ocasións e cedo chegou o primeiro gol, no minuto 11, gol en propia porta dun defensa visitante. No resto da primeira metade, o Berta non conseguiría aproveitar ningunha ocasión máis, marchando aos vestiarios có 1-0. Na segunda metade, o Berta sube o ritmo, e o pouco da reanudación, no minuto 42 Rodri faría o 2-0. Pouco a pouco o Berta acumula ocasións e vai materializando boa parte delas, así no minuto 56 Mateo nun tiro cruzado fai o 3-0. No 67, Rodri deixa o selo dun bo encontro, facendo o seu segundo gol e o cuarto do encontro. Mencionar tamén que no minuto 66 debuta Lucas na liga e có tempo cumprido fai o 5-0 para os locais, despois dunha asistencia de Rodri preto da liña de gol. A seguir loitando. Cadete B 2 - Cidade de Ribeira CF 8 Rival moi superior que dende o primeiro minuto de xogo non nos dou ningunha opcion. A seguir traballando!! ED Xuventú Oroso C 1 - Cadete C 1 Partido moi intenso sempre que nos enfrentamos a este equipo. Na segunda metade puidemos chegar a sumar máis pero o porteiro rival evitou a nosa victoria grazas a grande actuación que desempeñou. Seguimos formando xogadores e persoas. Imperator OAR 0 - Xuvenil A 0 Bo partido en xeral o disputado polos nosos no campo da Grela, a única pega foi as poucas ocasións claras xeradas e que aínda por riba non fomos quen de materializar. O equipo estivo ben en defensa e apenas sufriu ocasións en contra, pero pola contra estivo moi lento na elaboración do xogo e tamén moi partido, xa que a distanza entre liñas era moi grande, quizáis influidos polo tamaño do terreo de xogo. O rival tamén se defendeu ben e foi un equipo "rocoso" o que foi moi complicado facerlle ocasións de gol. Debemos de mellorar cando xoguemos fóra da casa e saber adaptarnos ás diferentes medidas dos terreos de xogo, agora hai que sacar unha victoria na casa para facer bo o punto que trouxemos da Coruña. Porto do Son CF 4 - Xuvenil B 3 Encontro disputado na tarde do sábado que comeza cun par de ocasións ao noso favor. Pero nunha contra o rival consegue adiantarse. Pero en lugra de virse abaixo, o equipo permaneceu cunha boa actitude e buscando supera-lo rival, froito disto consegue remontar en 2 minutos cun gol de estratexia e outro de xogada colectiva para chegar ao descanso co favorable 1-2. Tra-lo tempo de lecer o equipo está mais cómodo no campo, tendo o control do encontro, ata que no minuto 75, noutra contra, o rival consegue igualar; e en 7 minutos foi quen de facer 2 contras mais para poñe-lo marcador 4-2. Nos intres finais xa máis pola rabia téntase recurtar distanza, logrando o gol no desconto. Unha vez máis (e van 3 seguidas) escápanse os puntos no tramo final. Toca seguir traballando máis unidos ca nunca. SD Exclavitud 0 - Sénior 2 Despois do golpe recibido o domingo pasado, esta finde tocaba levantarse e voltar a amosar o que verdadeiramente somos, e así o fixemos. Nunca se xogou, nin se xogará, o partido perfecto, ese no cal non cometes erros, nin sequera un. Partindo de tal premisa, asumindo que erraremos, podemos dicir que este foi un moi bo partido. No relacionado co ataque organizado, nas fases de iniciación e xestación, perdemos moi poucas veces a posesión do balón por erros relacionados coa interpretación ou coa execución. Sendo o resultado o que é, podemos dicir que o motivo foi a nosa fase de finalización, se estivésemos acertados nesta faceta o resultado sería máis abultado. Case non se produciron situacións de transición ataque-defensa potencialmente perigrosas e vivenciamos moi poucos contextos de defensa organizada. Isto é unha moi boa nova pero tamén implicou non poder facer transición defensa-ataque, cousa que acostumamos a executar decentemente. Parabéns a todos. Para a semana máis!! Gol de falta lateral de Pérez na victoria do Infantil A Gol de Rodri na victoria do Cadete A. os nosos colaboradores os nosos colaboradores

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal