Novas

Xornada 19/03/2023

This image for Image Layouts addon

Dura derrota do Xuvenil B en Porto do Son.

O noso Xuvenil B sufreu unha dura derrota a domicilio diante dun rival directo na loita pola salvación en primeira autonómica; esperamos e desexamos que os rapaces se repoñan cedo deste varapalo e poidamos sumar de 3 en 3 canto antes para poder acada-la ansiada salvación.
Por outra parte esta fin de semana non houbo liga en moitas categorías debido a festividade do día do pai, pero os que competiron acadaron bos resultados coma os equipos: Infantil A, Cadete A e Sénior.

Benxamín B 6 - Milladoiro SD B 1
Partido moi espeso dos nosos, pero onde demostraron a súa superioridade técnica e física nesta liga e polo tanto volveron a impoñerse. Un partido para aprender dos erros e para mellorar na súa formación.

Benxamín C 1 - CD Rois 3
Partido moi igualado onde os nosos non estiveron moi acertados cara a porta rival nas oportunidades xeradas, pero en cambio o rival si tivo unha efectividade maior, de ahí o resultado final. Seguimos a formar persoas e xogadores.

Benxamín D 0 - Praíña SC B 4
Partido compricado pois chegabamos xustos de efectivos, e aínda así os rapaces fixeron un moi bo partido onde as diferenzas amosábanse nos metros finais. Moi contento co traballo dos rapaces e parabenizalos polo esforzo.

Infantil A 2 - EF Lalín 0
Victoria importante contra o derradeiro clasificado, que permite o primeiro equipo da categoría seguir soñando có ascenso á división de honra. Empezou o encontro igualado, xa que podía chega-lo gol para calqueira dos dous equipos. Nembargantes có paso dos minutos, o Berta foise facendo dono deste, eso sí, facendo un fútbol lento e previsible, pero creando algunha clara ocasión de gol. Mencionar unha de Manu, que estando so na área grande, remata as máns do meta rival e outra de Pérez que despois dunha boa combinación remata ao poste dereito. A segunda metade tivo unha soa cor, chegou cunha pequena mellora para que o Berta tivera moitas máis ocasións, podendo deixar un resultado final moito máis abultado. Sería Pérez, nun saque de falta directo lateral, quen colgando un balón plano ao segundo pau e creando a dúbida se alguén remataba, logra mete-lo esférico directamente na meta do Lalín. Lucas que tivo varias ocasións ao longo do encontro para facer gol, sería o encargado de face-lo segundo e definitivo, nun centro dende a dereita que logra rematar de testa en parábola, sobrepasa ao meta contrario e cólase preto do longueiro.

At. Fátima 1 - Infantil B 2
Tres puntos moi traballados por todo o equipo que loitou ata ao pitido final nun campo impracticable.
Condicionados pola mellor adaptación do rival ao campo de terra, charcos, e xogo directo o equipo puxo o mono de traballo e mudou o súa forma de xogar. Ante a imposibilidade de rasea-lo balón, os balóns divididos foron chave para intentar facerse co control do partido pero nin eles nin nós fomos quen de ter ese control. Así entrou en xogo o balón parado, e o equipo sacou petróleo de dúas accións para gaña-lo encontro. No minuto 16 tras un gran saque dende o curruncho por parte de Pla, testarazo inapelable de Álex á base do segundo pau sen opción para o porteiro. Así chegamos ao descanso e na reanudación o rival empurra e fruto dese empurre, un mal dspexe pola nosa parte aproveitouno Lucas no minuto 60 para poñer as táboas no taboleiro. Pero este equipo non se rinde, e tras unha gran acción de Eli, que xa encaraba o pico da área, o rival vese na obriga de facer falta. Para que Noya no minuto 75 dese os tres puntos tras un maxistral saque de falta que se colou polo segundo pao da portería que defendía Lucas. Seguemos liderando a clasificación, e agora a pensar xa no ADN, vindeiro rival.

Carreira CF 0 - Infantil C 2
Partido cómodo para o noso infantil onde se viron cousas ensaidas durante toda a tempada pero síguenos a faltar precisión na execución. Fomos quen de xerar moitas ocasións de gol pero cústanos materializalas. No aspecto defensivo non demos opcións ao noso rival onde non pasamos apuros. A seguir traballando aqueles aspectos a mellorar e reforzar todo o que ca temos aprendido.

SD Compostela B 4 - Infantil D 0
O equipo saleu ilusionado e foi quen de plantarlle cara a un gran equipo, un dos favoritos para ascender. Nos primeiros 10 minutos encaixamos dous goles ambos ao contraataque por perder dous balóns en zonas perigosas. A pesares dos 4 goles encaixados o equipo traballou e non escatimou no esforzo. Este é o camiño a seguir.

Cadete A 5 - SD Viveiro 0
Clara victoria do noso primeiro equipo da categoría, que segue aguantando o tirón do líder. Iniciou o encontro dubidativo o noso equipo, e pronto viría un erro na defensa, propiciando que o dianteiro rival quede só diante de Pablo e remate por fóra preto do pau esquerdo. Co paso dos minutos o Berta foise facendo có encontro, acumulando ocasións e cedo chegou o primeiro gol, no minuto 11, gol en propia porta dun defensa visitante. No resto da primeira metade, o Berta non conseguiría aproveitar ningunha ocasión máis, marchando aos vestiarios có 1-0. Na segunda metade, o Berta sube o ritmo, e o pouco da reanudación, no minuto 42 Rodri faría o 2-0. Pouco a pouco o Berta acumula ocasións e vai materializando boa parte delas, así no minuto 56 Mateo nun tiro cruzado fai o 3-0. No 67, Rodri deixa o selo dun bo encontro, facendo o seu segundo gol e o cuarto do encontro. Mencionar tamén que no minuto 66 debuta Lucas na liga e có tempo cumprido fai o 5-0 para os locais, despois dunha asistencia de Rodri preto da liña de gol. A seguir loitando.

Cadete B 2 - Cidade de Ribeira CF 8
Rival moi superior que dende o primeiro minuto de xogo non nos dou ningunha opcion. A seguir traballando!!

ED Xuventú Oroso C 1 - Cadete C 1
Partido moi intenso sempre que nos enfrentamos a este equipo. Na segunda metade puidemos chegar a sumar máis pero o porteiro rival evitou a nosa victoria grazas a grande actuación que desempeñou. Seguimos formando xogadores e persoas.

Imperator OAR 0 - Xuvenil A 0
Bo partido en xeral o disputado polos nosos no campo da Grela, a única pega foi as poucas ocasións claras xeradas e que aínda por riba non fomos quen de materializar. O equipo estivo ben en defensa e apenas sufriu ocasións en contra, pero pola contra estivo moi lento na elaboración do xogo e tamén moi partido, xa que a distanza entre liñas era moi grande, quizáis influidos polo tamaño do terreo de xogo. O rival tamén se defendeu ben e foi un equipo "rocoso" o que foi moi complicado facerlle ocasións de gol. Debemos de mellorar cando xoguemos fóra da casa e saber adaptarnos ás diferentes medidas dos terreos de xogo, agora hai que sacar unha victoria na casa para facer bo o punto que trouxemos da Coruña.

Porto do Son CF 4 - Xuvenil B 3
Encontro disputado na tarde do sábado que comeza cun par de ocasións ao noso favor. Pero nunha contra o rival consegue adiantarse. Pero en lugra de virse abaixo, o equipo permaneceu cunha boa actitude e buscando supera-lo rival, froito disto consegue remontar en 2 minutos cun gol de estratexia e outro de xogada colectiva para chegar ao descanso co favorable 1-2. Tra-lo tempo de lecer o equipo está mais cómodo no campo, tendo o control do encontro, ata que no minuto 75, noutra contra, o rival consegue igualar; e en 7 minutos foi quen de facer 2 contras mais para poñe-lo marcador 4-2. Nos intres finais xa máis pola rabia téntase recurtar distanza, logrando o gol no desconto. Unha vez máis (e van 3 seguidas) escápanse os puntos no tramo final. Toca seguir traballando máis unidos ca nunca.

SD Exclavitud 0 - Sénior 2
Despois do golpe recibido o domingo pasado, esta finde tocaba levantarse e voltar a amosar o que verdadeiramente somos, e así o fixemos. Nunca se xogou, nin se xogará, o partido perfecto, ese no cal non cometes erros, nin sequera un. Partindo de tal premisa, asumindo que erraremos, podemos dicir que este foi un moi bo partido. No relacionado co ataque organizado, nas fases de iniciación e xestación, perdemos moi poucas veces a posesión do balón por erros relacionados coa interpretación ou coa execución. Sendo o resultado o que é, podemos dicir que o motivo foi a nosa fase de finalización, se estivésemos acertados nesta faceta o resultado sería máis abultado. Case non se produciron situacións de transición ataque-defensa potencialmente perigrosas e vivenciamos moi poucos contextos de defensa organizada. Isto é unha moi boa nova pero tamén implicou non poder facer transición defensa-ataque, cousa que acostumamos a executar decentemente. Parabéns a todos. Para a semana máis!!

Gol de falta lateral de Pérez na victoria do Infantil A

Gol de Rodri na victoria do Cadete A.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal