Novas

Semana Santa 2024

O balón tamén rodou en Semana Santa Torneo Lugo Express O Benxamín "A" superou a fase de grupos despois de vencer por 2-1 á Milagrosa e 3-2 á Ponferradina e empatar 1-1 contra o Deportivo. Nos cuartos de final os nosos rapaces eliminaron As Pontes por 5-0. O seu camiño no torneo finalizaría nas semifinais, logo de perder 1-6 co Depor. Pola súa banda, o Alevín "A" tamén superou a fase de grupos, xa que malia perder por 2-1 con Depor, foi quen de supera-la Piringalla por 2-1, á Residencia por 2-1 e As Pontes por 3-1. Nos cuartos de final eliminaron ao Ural despois de vencer por 4-1. Nas semifinais volveríanse a enfrontar ao Depor, pero esta vez obtendo a vitoria por 2-1. Finalmente os nosos rapaces levantarían o título despois de vencer ao Sada por 2-1. Parabéns campeóns! Torneo de Fútbol Base de Aguiño O Benxamín "B" caeu nas semifinais do Torneo de Fútbol Base de Aguiño despois de perder por 5-0 diante do Xuventude de Aguiño "A". Nas semifinais eliminou por 4-1 ao Crocha e antes fixo un pleno de vitorias na fase de grupos fronte o Atlético Cuntis, Xuventude de Aguiño "B" e o Noia. O Alevín "C" tamén estivo presente no Torneo de Fútbol Base de Aguiño. Na fase de grupos venceu por 6-0 ao Xuventude de Aguiño "B" e por 5-0 ao Noia e empatou 0-0 diante do Atlético Fátima. Caeron nos cuartos de final fronte ao Boiro. O noso Alevín "E" tamén participou no torneo no Barbanza. Na fase de grupos sumaría un empate por 2-2 fronte o Victoria "B" e dúas derrotas por 4-2 diante do Xuventude de Aguiño "A" e por 1-0 diate do Atlético Cuntis. Nas semifinais de consolación os nosos rapaces venceron por 3-0 ao Noia "A" e na final faríanse co título de consolación despois de vencer por 7-0 ao Noia "B". Torneo Sar Extramundi O PB "B" disputou o torneo en terras padronesas enfrontándose a Pontevedra e Xuventude de Oroso cos que perdeu 1-4 e 6-0 respectivamente e a Ribeira, rival contra o que acadou un 0-0. O Benxamín "C" alcanzou a final de consolación do Torneo Sar Extramundi na que caeu por 1-5 fronte ao Taragoña. Nas semifinais venceron por 2-0 fronte á S.D. Milladoiro e nos cuartos 3-0 á S.D. Villestro. O Alevín "D" clasificouse para os cuartos de final de consolación despois de perder por 1-2 e 0-13 contra Rois e Xuventude de Oroso respectivamente e empatar contra á S.D. Milladoiro 0-0. Nos cuartos venceu por 3-0 ao Dodro. Na seguinte ronda caeron por 7-0 fronte á S.D. Villestro. Conseguiron o terceiro posto de consolación ao vencer por 2-0 ao Taragoña. Torneo de Erizana O PB "A" pasou primeiro a fase de grupos do Torneo de Erizana despois de vencer a U.D. Ourense, ao Coruxo e ao Porriño. Nos oitavos venceron por 1-0 ao Victoria de Coruña "A". A súa andadura no torneo acabaria nos cuartos ao caer por 0-1 fronte o Santa Mariña. X Torneo Vila Caldas O Alevín "B" participou na décima edición do Torneo Vilacaldas caendo nos cuartos de final por 1-0 fronte ao Portero 2000. Superou a fase de grupos vencendo un partido por 3-2 á EFB Poio, e empatando 1-1 contra Ancora Praia e Val Miñor. Gran participación do Benxamín "A" que se fixo co título. A súa andadura na fase de grupos comezaría con moi bo pé despois dun pleno de vitorias: 3-0 fronte ao Portero 2000, 6-0 fronte ao U.D. Ourense e 3-2 fronte ao E.F. Villa de Marín. Nos cuartos impuxéronse 2-0 ao Celta, e nas semifinais ao U.D. Mos, tamén por 2-0. Na gran final, venceron a EEFB por 1-0. Parabéns campeóns! Torneo de Catoira O Infantil "C" (A) caeu nos penaltis dos cuartos de final logo de empatar 1-1 fronte ao Portero 2000 "B". Superarian a fase de grupo empatando 1-1 contra o Pontevedra e vencendo por 5-0 ao Cuntis "B" e 3-2 ao Vilagarcia. O Infantil "C"  tamen caeria nos cuartos de final, despois de perder 1-2 fronte ao Portero 2000 "A". Na fase de grupos empataron 1-1 contra o Barro e venceron por 0-2 ao E.F. Sport e por 3-1 ao Catoira "A". Arousa F-7 O Alevín "B" participou na fase previa 1 da Arousa F-7. Empatou 3-3 fronte ao Burela "A" e 1-1 fronte ao Sporting Cambre. Nos seguintes encontros caeu por 0-3 fronte ao Hernani e fronte La Purisima. O Alevín "A" participou na Fase Previa 2. Completou a fase de grupos vencendo a todos os seus rivais: 2-1 fronte ao Victoria, 4-1 fronte ao Areosa "B", 7-0 ao Oza Juvenil e 5-1 á Seca. Nos cuartos de final impuxéronse por 3-0 ao Paiosaco. Os nosos caeron na tanda de penaltis das semifinais ao empatar 0-0 contra o Montañeros. Gran asistencia no noso I Campus de Fútbol de Semana Santa Queremos agradecer a asistencia no I CAMPUS DE FÚTBOL SEMANA SANTA BFC, celebrado o luns, martes e mércores. O tempo non acompañou moito pero aínda así esperamos que os asistentes o pasaran en grande nas diferentes actividades propostas, tanto de fútbol coma de fútbol sala.

Gran actuación dos nosos seleccionados

A nosa canteira brilla no campeonato galego Este luns Eiden, xogador do Alevín "B" , consiguiu o subcampionato do Campionato Galego de Seleccións Comarcais coa selección de Santiago sub-11, despois de impoñerse por 0-1 e 1-0 ante as seleccións de Coruña e de Lugo respectivamente, e tra-lo empate a 0 fronte a selección de Vigo na fase de grupos. Na final a selección de Santiago perdeu por 0-3 fronte ao conxunto vigués. De mismo xeito, pero na categoría sub-13, os xogadores do Infantil "B" Manu, Leo e Alberto conseguiron o subcampionato. Na primeira ronda a selección de Santiago eliminaria a selección lucense despois de ganar por 1-0. Nas semifinais os nosos xogadores enfrontáronse a selección de Ourense, e acadaron a final na tanda de penaltis, despois do empate 1-1. Na final os santiagueses perderon por 3-1 fronte a selección de Vigo. Martina, xogadora do Infantil "C", ganou o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Feminino na categoria sub-14. Na primeira ronda a selección santiaguesa venceu por 3-0 a Lugo. Nas semifinais volvéronse a enfrontar a selección lucense, vencendo desta vez por 2-0. Na final, faríanse co título, despois de vencer por 2-0 a selección de Vigo. Parabéns aos nosos canteiráns!!!

Flavia S.D. 5 - 1 Bertamiráns F.C.

Derrota sen paliativos en Padrón Derrota moi contundente do noso Sénior, que non soubo reaccionar aos primeiros tantos do Flavia S.D.Na xornada 27 o Bertamiráns F.C. visitou o Municipal do Souto. Na primeira parte os nosos non conseguiron xerar ocasións claras e o conxunto local conseguía poñerse 2-0 no marcador. Aos 10 minutos de comeza-lo segundo tempo o Flavia marcaría outros dous tantos, dando un duro golpe á moral dos nosos. No minuto 72, encaixaríamo-lo quinto tanto do conxunto de Padrón, e na seguinte xogada, Fabricio marcaría o único tanto do noso equipo cun bo golpeo dende fóra da área.Mal partido, no que a única boa nova foi a volta aos terrenos de xogo do noso porteiro Alex Guillermes "Guille".Temos que seguir traballando para escalar posicións na táboa e levarnos os 3 puntos ante a nosa xente fronte á S.D. Agolada.

Xornada 24/03/2024

Derrotas duras para Cadete A e Xuvenil B Duras derrotas para o Cadete A e o Xuvenil B que se complican acada-los obxetivos da tempada. Prebenxamín -Triunfo do PB "C" por 2-1 ante o Carreira C.F. "B" no Municipal. Benxamín -Triunfo por 5-0 do noso Benxamín "A" na casa fronte o Praiña S.C. Infantil -Derrota do Infantil "A" de División de Honra por 5-0 fronte a U.D. Santa Mariña no Cotogrande.-Vitoria do noso Infantil "B" fronte o C.F. Noia por 1-3 no Julio Mato.-Vitoria do infantil "C" no Xeixo fronte o Trazo C.F. por 0-5.-Derrota do Infantil "D" por 0-4 na casa fronte á E.F.M. Concello de Boiro. Cadete -Derrota nas Eiroas do noso Cadete "A" de Liga Galega fronte o Bergantiños C.F. por 2-1.-Empate do Cadete "B" por 3-3 fronte á S.D. Compostela "B" no Municipal de Bertamiráns.-Derrota do noso Cadete "C" fronte a S.D. Cruces por 4-6 no Municipal de Bertamiráns. Xuvenil -Vitoria do noso Xuvenil "A" da Liga Galega na Ribela por 0-3 fronte a S.D. Sarriana. -Empate 1-1 do Xuvenil "B" contra a S.D. Milladoiro no Municipal de Bertamiráns.-Derrota do Xuvenil "C" fronte a S.D. Esclavitud por 3-0 no Campo do Doce.

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal