Novas

Xornada 23/04/2023

O Infantil A queda a un paso do ascenso.

Gran victoria do Infantil A esta semana diante do Montañeros, agora toca rematala faena a vindeira xornada en Vilalba. Pase o que pase debemos parabenizar ao corpo técnico, formado polos adestradores Boga e Vilouta, polo gran traballo realizado durante toda a tempada. Pase o que pase a vindeira xornada no clube estamos moi orgullosos deste equipo.

Biberón A 0 - SD Villestro B 3
Partido igualadísimo onde nunha primeira parte moi boa, onde parecía que chagaría a victoria, empatánola nos derradeiros minutos. O resto do partido foi bastante igualado, pero foron os visitantes quen tiveron máis acerto dentro da nosa área para así levarse o partido.

SD Villestro A 3 - Biberón B 0
Enfrentábamonos a un rival de gran nivel que contaba con varios xogadores determinantes. Comezamo-lo partido un pouco frouxos atrás recibindo varios goles. Pouco a pouco fomos mellorando sobre todo no bloque defensivo, dificultándolle ao rival chegar a nosa área.

(FUTSAL) PB B 0 - Noia Portus Apostoli FS 3
Non puido ser, ese é o resumo do partidazo que xogaron os nosos nenos no que a pesares das baixas, loitaron mentres as forzas lle aguantaron, disfrutaron de numerosas ocasións que non quixeron entrar, pero levando un partido igualado. Co paso dos minutos apareceu o cansanzo e o Noia foi quen de levarse o partido de forma clara a pesares do esforzo dos nosos. ¡Ben feito, rapaces!

Benxamín A 9 - EFM Concello de Boiro 1
Partido cómodo no que os nosos collen sensacións para o tramo decisivo da competición.

Benxamín B 10 - CF Noia B 0
Partido con nova goleada e moi sinxelo para os nosos onde seguen a demostrar a súa superioridade neste grupo. Continúan mellorando e aprendendo os nosos xogadores de cara o futuro.

Benxamín C 3 - Puebla CF 8
Gran partido dos nosos a pesares do resultado. Cando un equipo, nestas categorías, ten un xogadore que é capaz de golpea-lo balón con precisión dende lonxe ocorren resultados coma este. Seguimos a formar para mellorar de cara ao futuro.

Benxamín D 0 - UD Bastavales 4
Bo partido, a pesares do resultado, o feito polo noso benxamin D. Sabiamos o que queriamos facer co balón e sen balón polo que o partido estaba moi igualado pero calquera erro podía acabar en gol, como así ocorreu. Seguimos ca misma idea de xogo ata final pois e parte da aprendizaxe.

Alevín A 5 - EFM Concello de Boiro 2
Partido moi traballado, quizáis non fixemos un xogo especialmente vistoso pero esforzámonos todo o que puidemos e máis. Este é o camiño a seguir, se non estamos especialmente lúcidos coa interpretación e coa execución... cando menos temos que estar fortes na loita!!

Infantil A 4 - At. Coruña Montañeros CF 2
Nova victoria do Infantil A, que se logra outra no seguinte e derradeiro encontro, lograría o campeonato e o ascenso directo a división de honra. Comezou o encontro moi ben para os intereses do equipo negri-amarelo, xa que no primeiro minuto, Álex realiza unha cabalgada pola banda esquerda, poñendo un bo centro, a defensa non logra afasta-lo balón e éste acaba caendo nos pés de Pérez no segundo pau, que saca un disparo pegado o poste do meta rival e o balón chega aqo fondo da rede. Pero nada máis lonxe da realidade, xa que sería un encontro intenso e sufrido para os nosos, o equipo visitante foi entrando pouco a pouco no partido, e mediada a primeira parte un pase atrás cara nosa meta Antía, o dianteiro rival está moi atento e interceptao, prantándose só ante ela, pero esta responde cunha fenomenal parada no man a man. Có 1-0 fómonos ao descanso. A segunda parte sería moito máis movida, con moitas máis ocasións de gol, e sería Lucas quen de novo, ao pouco de comeza-la segunda metade quen faría o 2-0, no minuto 43, nun saque de falta dende a banda dereita, Diego colga o balón ao pau curto, onde Matteo logra golpear de testa o esférico e poñelo no segundo pau. Éste chega aos pés de Lucas e fai un espectácular remate de costas cara a meta rival que se cola preto do longueiro. GOLAZOOOO!!! Con este tanto o equipo rival vai máis arriba, aumentando aínda máis a perigosidade que amosara en todo
momento. Chegando a mete-lo primeiro gol no minuto 47, nunha internada por banda esquerda, sacan un bo centro e no segundo pau remata Sergio, que logra batir a Antía. O encontro está entretido, pode pasar de todo, e así pouco despois, nunha contra Manu recolle o balón no medio campo, avanza con él cara a meta rival e na frontal da área grande saca un bo disparo, mandándoo ao poste dereito da meta visitante. O partido era un toma e daca, e así no minuto 61, un balón colgado dende a dereita polo Montañeros e rematado ao pau dereito da meta de Antía, e cando a pelota e repelida, a defensa no seu intento de sacala das súas proximidades, envíaa ao fondo da rede. Despois de todo isto víanse facianas de tristura por parte dos nosos, pero algo sucedeu cá entrada de Xurxo no campo no minuto 70, o seu carácter de xogador revulsivo fai entrar ao bloque enteiro no encontro, e así no minuto 72, noutra xogada a balón parado, nun saque dende o curruncho dereito, a defensa despexa o balón cara a frontal da área, cae nos pés de Xurxo e este volve metela preto da meta visitante, a defensa non logra despexar e finalmente cae nos pés de Carlos que remata co pé dereito para face-lo terceiro. Os nervos estaban en todo o municipal, pero Santi no minuto 76 traería o gol da tranquilidade, noutra acción a balón parado, sería nun saque de falta dende a banda esquerda, onde Pérez colga a pelota preto da meta visitante e Santi case a altura do segundo pau, fai un remate ca testa, indo cara atrás e elevándose de maneira impoñente sobre a defensa. O balón entra pegado o longueiro. Novo GOLAZOOOO dos nosos. Gol para para certifica-los tres puntos moi importantes. Agora toca sufrir un encontro máis e a soñar co tan ansiado ascenso.

SD Milladoiro 0 - Infantil B 2
Tarde con choiva e vento no Milladoiro que fixo que o encontro fose moi trabado. O derbi decidiuse polo gran traballo dos nosos que puxeron o 0-1 no marcador despois dun claro penalti sobre Simón que Noya executou a perfección. O porteiro rival seguía a sacar tóda-las ocasións xeradas polos nosos pero nunha xogada desafortunada provoca penalti a favor do rival que detivo Edu tras unha gran parada para chegar asó ao descanso. A Segunda metada seguiu polos mesmos derroteiros ata que Sande engancha unha contra para poñer o definitivo 0-2.

At. Oleiros 2 - Infantil C 5
Partido cómodo para o noso infantil onde o resultado aínda quedouse curto, xa que foron incontables as ocasións de gol que tivemos e onde fallamos tamén un penalti. O Oleiros platexou un partido en bloque alto presionante con tódo-los xogadores en campo contrario, polo que había moito espazo ás costas da súa liña defensiva se conseguiamos ser precisos. Polo que plantámonos sós diante do porteiro rival en moitas ocasións. Tentábamos que foxe a segunda liña a que atacase os espazos ás costas e lograbámolo. A seguir traballando e mellorando.

SD Cacheiras B 5 - Infantil D 0
Os nenos do infantil foron quen de defenderse en gran parte dos minutos do encontro diante dun rival de moi superior nivel. Boa proba para seguir medrando e aprendendo de cara ao futuro.

Cadete A 4 - EFM Concello de Boiro 1
Partido moito máis igualado e intenso do que di o marcador, onde se sentenciou nos minutos finais.
Comezou o encontro con ritmo alto, e pronto chegaría a primeira ocasión dos nosos, sería nunha xogada pola banda esquerda, onde se chega a liña de fondo, dase un pase atrás e Mateo remata forte por diante do punto de penalti. O remate sae centrado e o meta rival logra rexeitalo. O gol víase que podía chegar por ambo-los dous lados, pero sería no minuto 21 cando o Berta faría o primeiro gol, sería nun centro dende a banda esquerda, a uns 30 metros da meta rival, indo éste entre central e lateral esquerdo, gañándolle as costas, e aparece Suárez no espazo, facendo un bo control e disparando á meta para consegui-lo primeiro. Con este resultado foise ao descanso. A segunda metade sería máis movida, e no minuto 56 chegaria o segundo dos nosos, xogada por banda dereita, centro ao segundo pau, onde aparece Mateo para rematar co pé e envia-lo balón ao fondo das maias. Con este resultado parecía que podia terse un final de encontro tranquilo, pero o Boiro saca carácter, non se rende e no minuto 68, logra o premio, xa que Guillermo logra bater ao meta local. Sería nun lanzamento de falta directa, preto da área local, onde éste golpea ao pau do porteiro e o balón cólase preto da escadra esquerda da meta de Pablo, traendo de novo a incerteza ao municipal de Bertamiráns. O Boiro despois disto quere máis, quere sumar, pero deixa espazos atrás e sería Rodri, no minuto 75, quen recolla un pase ás costas dos defensas visitantes, o porteiro rival sae, o noso dianteiro regateao e marca gol cá meta valeira. Segue o encontro tenso, pelexándose cada balón, pero cumprido o minuto 80 e a falta do engadido, outros 8 minutos, un saque de falta no medio campo e colgado de fronte cara á meta rival e preto da área pequena. Ahí aparece Titi, que debutaba no primeiro equipo da categoría, para peinar de testa e envia-lo balón ao longueiro para logo colarse na meta visitante. Bo traballo dos nosos, onde nunca perderon a faciana do partido, a pesares das moitas baixas que tiñan.

Cadete B 0 - SD Villestro 0
Partido no que o noso cadete dominou o xogo diante dun equipo plegado, pero que aínda así lograbamos xerar superioridades sobretodo por dentro. O gran perigo do rival eran as transicións, onde consiguiu xerar en algunha que outra ocasión de gol e intimidar a nosa portería. Non foi o partido de cara a portería, xa que fallamos ocasións moi claras e que puideron facer que finalizasemos o encontro con victoria, pero non foi así. Boa actitude dos rapaces e bo xogo, só nos faltou o gol!! A seguir traballando.

CD Cía de María 3 - Cadete C 1
Resultado inxusto, xa que dispuxemos de moitas ocasións claras que se os nosos rapaces foran quen de materializar o resultado sería outro. Últimamente non estamos acertados de cara á portería rival. Seguimos formando e traballando para mellorar de cara o futuro.

SCD Milagrosa 3 - Xuvenil A 3
Viaxabamos ata Lugo, ca esperanza de sacar un resultado positivo. Ao pouco de comezar, teríamos varias ocasións moi claras, o cal nos daba a pensar que o partido pintaba ben, pero nun despiste noso, un xogador rival prantaríase só diante do noso porteiro para adiantar aos locais. Seguiriamos tentando, pero sen claridade e pouco despois nos marcarían o segundo tanto, algo que non mereciamos en absoluto. A partires dese gol, reacionaríamos sendo moito máis precisos e así nos fomos ao descanso. Sairíamos máis enchufados se cabe, con dous trocos que daríannos a frescura necesaria, foi Álvaro o encargado de recurtar distanzas e cando mellor estabamos, outro duro golpe coa expulsión do noso porteiro. Quedariamonos con 10, e recibiríamos o derradeiro mazazo, un gol de falta dende campo contrario. Tras esto, todos poderiamos decir que o partido estaría sentenciado, pero estes rapaces conseguirían unha nova xesta, para empata-lo encontro, cun traballo soberbio. Pena a última ocasión de Malvárez, a cal sae rozando o pau, que nos daría tres puntos necesarios e merecidos. Continuamos na pelexa para entrar no play-off de ascenso.

Xuvenil B 1 - Victoria FC 1
Gran partidos dos nosos rapaces diante dun gran rival, quizáis un dos mellores partidos disputado polo equipo no que vai de liga. Fomos quen de neutraliza-lo xogo do rival durante todo momento, o que provocou que apenas dispuxera de ocasións claras. Pola nosa parte o bó traballo defensivo do equipo fixo que foramos moi productivos nas transicións e así fosemos capaces de ter bastantes ocasións claras, pero o seu partido fixo un auténtico partidazo e desbaratou a maioría delas con grandes intervencións. Ao final sacamos un punto que non fixo xustiza ao partido realizado polos nosos rapaces.

CCD Taragoña 0 - Sénior 3
Partido moi complicado de xogar, rival duro, campo pequeno, moitas emocións nas almas de cada quen... o bo foi que sumamos 3 puntiños que nos dan a posibilidade de seguir loitando ata o final polo campionato ligueiro. Por un lado, estaba o Taragoña, que se xogaba unha boa parte das súas opcións de meterse na fase de ascenso. Son un equipo moi traballado defensivamente, acostuman a estar moi xuntiños e nun campo tan pequeno é moi difícil xerar ocasións de gol a favor. Por outro lado estaba a tensión, a inquedanza... a ilusión que temos todos por conseguir ese primeiro posto da táboa. Ás veces esto é un problema, pero levamos feito traballo, moito traballo ao longo dos meses. Buscamos a sorte, e atopámola. Só queda seguir loitando, gañar cada partido e esperar!!! Para a semana máis!

O PB B visitou Riazor

O noso equipo PB B disfrutou esta fin de semana do partido de liga que disputou o RC Deportivo da Coruña diante do Ceuta, correspondente a xornada de liga de primeira federación. Esta iniciativa enmárcase dentro do convenio de colaboración que manteñemos co equipo herculino. Os rapaces e as súas familias disfrutaron dun gran día.

Golazo de Chilena de Lucas na victoria do Infantil A.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal