Barça, Madrid o Berta xa está aquí!!!!!!!!!
Fazaña histórica do noso Alevín A.
Por segunda vez na nosa historia o Alevín A consegue clasificarse para a fase final da Arosa Cup, onde se medirá a grandes canteiras de equipos de primeira división de todo o mundo.
O equipo fixo un torneo espectacular. Primeiro na fase de grupos acadou 2 victorias e 2 empates que lle permitiron clasificarse coma segundo de grupo. O equipo dirixido por Sechu e máis Edu baseou o seu xogo partindo dunha férrea defensa.
En cuartos de final o rival foi un sorprendente Umia CF, que viña de ser primeiro de seu grupo sen encaixar un só tanto. Pero os nosos foron quen de meterller un no minuto 3 da segunda metade que valeu o pase a semifinais.
Nas semis esperaba o CD Calasanz, outro equipo que contaba ata ese intre tódolos seus partidos por victorias e tampouco encaixara gol algún; pero os nosos nenos saíron enchufadísimos e ós 8 minutos de encontro xa encarrilaban o pase con dous goles. Ao final 4-2 para os de Ames.
Na final esperaba un vello coñecido da nosa liga o Cidade de Ribeira, que practicou un fútbol moi vistosos e con grandes goleadas e coma non plantábase na final sen encaixar goles, para moitos dos alí presentes era o gran favorito. Pero os nosos levaban roido moito e unha vez máis non se amilanaron; así mediada a primeira metade o equipo conseguía unha vantaxe de dous goles. Na reanudación o Ribeira apretou cun gol nada máis comezar pero grazas a deus e a todo-los santos o marcador non se moveu.
Ademáis o resto de equipos de F8 da nosa base disputaron distintos torneos.
Os primeiros en asisitir serían o Alevin e Benxamín A. Ambos grupos trasladarianse a Baiona, para xogar a “XI Edición Torneo F8 Erizana C.F.”
RC Deportivo 0-0 Alevín A
EDF D.S.F 4-0 Alevín A
Porriño I. F.C 0-1 Alevín A
OITAVOS
E.D. Val Miñor 4-0 Alevín A
RC Celta 2-2 Benxamín A
Coruxo F.C. 1-1 Benxamín A
A.D. Vila do Corpus 0-4 Benxamín A
OITAVOS
EDF D.S.F 1-2 Benxamín A
CUARTOS
C.D. Areosa 1-3 Benxamín A
SEMIFINAL
C.D. Choco 4-2 Benxamín A
Parabéns a Lucas, nomeado mellor porteiro do torneo na categoría Benxamín.
Benxamin C e D trasladarianse a Padrón para xogar o “V Torneo CD Sar Extramundi”, mentras o Prebenxamín desplazariase ata Santiago para xogar o “II Torneo Victoria Solidaria”.
O Benxamín D chegaría a semifinais de consolación, perdendo a penaltis contra o Atlético Fátima, mentras o Benxamín C, quedaría subcampión do torneo logo de chegar a final e caer ante o Noia C.F.
O Prebenxamín A, chegaría ata a final do torneo, logo de facer unha moi boa fase de grupos e eliminatorias, caendo na final a penaltis contra o Arosa S.C.
O Alevin B trasladaríase a Ribadumia para xogar a “Fase Previa AF7”, mentras o Alevin D desplazariase ata Padrón para xogar o “V Torneo CD Sar Extramundi”.
O Alevín B chegaría a cuartos de final, logo de un moi bo papel pasando segundo de grupo e quedando apeado do torneo polo Ural Español C.F.
O Alevín D, chegaría ata cuartos de final do torneo, logo de facer unha moi boa fase de grupos e caendo na eliminatoria fronte a ED Xuventude Oroso.
O Prebenxamín B trasladaríase a Padrón para xogar o “V Torneo CD Sar Extramundi”, mentras o Alevín B desplazariase ata Caldas para xogar o “IX Torneo Internacional Vila de Caldas 2023”.
O Prebenxamín B, chegaría a cuartos de final, logo de un bo papel pasando terceiro de grupo e quedando apeado do torneo polo EFM Concello de Boiro.
O Alevín B, chegaría ata semifinais do torneo, logo de facer unha moi boa fase de grupos e caendo na eliminatoria fronte ao Arosa S.C.
O Benxamín A, desplazariase ata Caldas para xogar o “IX Torneo Internacional Vila de Caldas 2023”.
Os nosos chegarían ata semifinais do torneo, logo de facer unha moi boa fase de grupos e eliminatorias, quedando apeado do torneo fronte a E.F. Portero 2000.