Novas

IX Campus de Fútbol Bertamiráns F.C.

This image for Image Layouts addon

IX Campus de Fútbol Bertamiráns F.C.

O Bertamiráns Fútbol Club organiza este verán a novenaedición do seu Campus de fútbol, que se desenvolverá do 28 de xuño ó 2 de xullo en primeira quenda, e do 5 de xullo ó 9 de xullo en segunda quenda. O Campus terá lugar tanto nas instalacións do campo de fútbol como na piscina municipal de Bertamiráns, en horario de 09.00h a 14.30 horas, agás para os cativos e cativas inscritos no servizo de almorzo, que comezarán ás 8.00h, ou no de comedor, que se estenderá ata as 15.45h. Así, as rapazas e rapaces participantes alternarán a práctica do fútbol con outras actividades como xogos na piscina, visitas de xogadores e competicións internas. O prazo de inscrición remata o 25 de xuño.

Os nenos e nenas de 5 a 14 anos xa poden inscribirse no IX Campus de Fútbol BFC, que  se realizará no campo de fútbol municipal de Bertamiráns. O Campus incluirá o desenvolvemento dun traballo específico para porteiros, para o que se habilitarán un total de 10 prazas, e doutro para 90 xogadores de campo divididos por defensas, medios e dianteiros. Asemade, as crianzas participantes estarán divididas en grupos organizados por idades. Haberá para elo dúas quendas, a primeira do 28 de xuño ó 2 de xullo; e a segunda do 5 de xullo ó 9 de xullo.

Malia isto, todas e todos os participantes traballarán de xeito individual tanto o aspecto táctico como o apartado técnico, coa abordaxe de diversos aspectos do xogo como condución, control, pase, caneos, desmarques, entradas, marcaxes...; a visualización de vídeos e a posta en práctica de todo o aprendido a través da participación en diferentes competicións. Este aspecto formativo combinarase con diversas actividades de lecer como a piscina ou visitas de distintos xogadores.

O Campus desenvolverase en horario de 9.00 a 14.30 horas, aínda que tamén contará con servizo de almorzo a partir das 8.00h, e de comedor ata as 15.45h. Así, o prezo de matrícula é de 90 euros, cun plus de 15 euros para os e as cativas que se anoten no servizo de almorzo e de 50 euros para os que o fagan no de comida. A actividade está organizada polo Bertamiráns FC, e conta co patrocinio do Concello de Ames e a colaboración da Deputación da Coruña e Supermercados Gadis.

Aberto o prazo de inscrición
Os rapaces e rapazas interesados en participar no VIII Campus de Fútbol Bertamiráns FC deberán inscribirse antes do 25 de xuño. 

MÁIS INFORMACIÓN
Image

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Gadis
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal