Novas

Semana Santa 2024

O balón tamén rodou en Semana Santa

Torneo Lugo Express
O Benxamín "A" superou a fase de grupos despois de vencer por 2-1 á Milagrosa e 3-2 á Ponferradina e empatar 1-1 contra o Deportivo. Nos cuartos de final os nosos rapaces eliminaron As Pontes por 5-0. O seu camiño no torneo finalizaría nas semifinais, logo de perder 1-6 co Depor.

Pola súa banda, o Alevín "A" tamén superou a fase de grupos, xa que malia perder por 2-1 con Depor, foi quen de supera-la Piringalla por 2-1, á Residencia por 2-1 e As Pontes por 3-1. Nos cuartos de final eliminaron ao Ural despois de vencer por 4-1. Nas semifinais volveríanse a enfrontar ao Depor, pero esta vez obtendo a vitoria por 2-1. Finalmente os nosos rapaces levantarían o título despois de vencer ao Sada por 2-1. Parabéns campeóns!

Torneo de Fútbol Base de Aguiño
O Benxamín "B" caeu nas semifinais do Torneo de Fútbol Base de Aguiño despois de perder por 5-0 diante do Xuventude de Aguiño "A". Nas semifinais eliminou por 4-1 ao Crocha e antes fixo un pleno de vitorias na fase de grupos fronte o Atlético Cuntis, Xuventude de Aguiño "B" e o Noia.

O Alevín "C" tamén estivo presente no Torneo de Fútbol Base de Aguiño. Na fase de grupos venceu por 6-0 ao Xuventude de Aguiño "B" e por 5-0 ao Noia e empatou 0-0 diante do Atlético Fátima. Caeron nos cuartos de final fronte ao Boiro.

O noso Alevín "E" tamén participou no torneo no Barbanza. Na fase de grupos sumaría un empate por 2-2 fronte o Victoria "B" e dúas derrotas por 4-2 diante do Xuventude de Aguiño "A" e por 1-0 diate do Atlético Cuntis. Nas semifinais de consolación os nosos rapaces venceron por 3-0 ao Noia "A" e na final faríanse co título de consolación despois de vencer por 7-0 ao Noia "B".

Torneo Sar Extramundi
O PB "B" disputou o torneo en terras padronesas enfrontándose a Pontevedra e Xuventude de Oroso cos que perdeu 1-4 e 6-0 respectivamente e a Ribeira, rival contra o que acadou un 0-0.

O Benxamín "C" alcanzou a final de consolación do Torneo Sar Extramundi na que caeu por 1-5 fronte ao Taragoña. Nas semifinais venceron por 2-0 fronte á S.D. Milladoiro e nos cuartos 3-0 á S.D. Villestro.

O Alevín "D" clasificouse para os cuartos de final de consolación despois de perder por 1-2 e 0-13 contra Rois e Xuventude de Oroso respectivamente e empatar contra á S.D. Milladoiro 0-0. Nos cuartos venceu por 3-0 ao Dodro. Na seguinte ronda caeron por 7-0 fronte á S.D. Villestro. Conseguiron o terceiro posto de consolación ao vencer por 2-0 ao Taragoña.

Torneo de Erizana
O PB "A" pasou primeiro a fase de grupos do Torneo de Erizana despois de vencer a U.D. Ourense, ao Coruxo e ao Porriño. Nos oitavos venceron por 1-0 ao Victoria de Coruña "A". A súa andadura no torneo acabaria nos cuartos ao caer por 0-1 fronte o Santa Mariña.

X Torneo Vila Caldas
O Alevín "B" participou na décima edición do Torneo Vilacaldas caendo nos cuartos de final por 1-0 fronte ao Portero 2000. Superou a fase de grupos vencendo un partido por 3-2 á EFB Poio, e empatando 1-1 contra Ancora Praia e Val Miñor.

Gran participación do Benxamín "A" que se fixo co título. A súa andadura na fase de grupos comezaría con moi bo pé despois dun pleno de vitorias: 3-0 fronte ao Portero 2000, 6-0 fronte ao U.D. Ourense e 3-2 fronte ao E.F. Villa de Marín. Nos cuartos impuxéronse 2-0 ao Celta, e nas semifinais ao U.D. Mos, tamén por 2-0. Na gran final, venceron a EEFB por 1-0. Parabéns campeóns!

Torneo de Catoira
O Infantil "C" (A) caeu nos penaltis dos cuartos de final logo de empatar 1-1 fronte ao Portero 2000 "B". Superarian a fase de grupo empatando 1-1 contra o Pontevedra e vencendo por 5-0 ao Cuntis "B" e 3-2 ao Vilagarcia.

O Infantil "C"  tamen caeria nos cuartos de final, despois de perder 1-2 fronte ao Portero 2000 "A". Na fase de grupos empataron 1-1 contra o Barro e venceron por 0-2 ao E.F. Sport e por 3-1 ao Catoira "A".

Arousa F-7
O Alevín "B" participou na fase previa 1 da Arousa F-7. Empatou 3-3 fronte ao Burela "A" e 1-1 fronte ao Sporting Cambre. Nos seguintes encontros caeu por 0-3 fronte ao Hernani e fronte La Purisima.

O Alevín "A" participou na Fase Previa 2. Completou a fase de grupos vencendo a todos os seus rivais: 2-1 fronte ao Victoria, 4-1 fronte ao Areosa "B", 7-0 ao Oza Juvenil e 5-1 á Seca. Nos cuartos de final impuxéronse por 3-0 ao Paiosaco. Os nosos caeron na tanda de penaltis das semifinais ao empatar 0-0 contra o Montañeros.

Gran asistencia no noso I Campus de Fútbol de Semana Santa

Queremos agradecer a asistencia no I CAMPUS DE FÚTBOL SEMANA SANTA BFC, celebrado o luns, martes e mércores.
O tempo non acompañou moito pero aínda así esperamos que os asistentes o pasaran en grande nas diferentes actividades propostas, tanto de fútbol coma de fútbol sala.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal