Novas

Flavia S.D. 5 - 1 Bertamiráns F.C.

Derrota sen paliativos en Padrón

Derrota moi contundente do noso Sénior, que non soubo reaccionar aos primeiros tantos do Flavia S.D.
Na xornada 27 o Bertamiráns F.C. visitou o Municipal do Souto.
Na primeira parte os nosos non conseguiron xerar ocasións claras e o conxunto local conseguía poñerse 2-0 no marcador. Aos 10 minutos de comeza-lo segundo tempo o Flavia marcaría outros dous tantos, dando un duro golpe á moral dos nosos. No minuto 72, encaixaríamo-lo quinto tanto do conxunto de Padrón, e na seguinte xogada, Fabricio marcaría o único tanto do noso equipo cun bo golpeo dende fóra da área.
Mal partido, no que a única boa nova foi a volta aos terrenos de xogo do noso porteiro Alex Guillermes "Guille".
Temos que seguir traballando para escalar posicións na táboa e levarnos os 3 puntos ante a nosa xente fronte á S.D. Agolada.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal